A Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG nº 119, do 15 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, modificada pola Orde do 28 de setembro de 2011, resolve anunciar a convocatoria para a vinculación temporal, por concurso de méritos, de diversas prazas de licenciado sanitario reflectidas no anexo.
As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC), así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 31 de agosto de 2012. As solicitudes, que deberán dirixirse á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, poderán presentarse no rexistro do CHUAC, así como a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A Coruña, 18 de xuño de 2012
Alfredo García Iglesias
Xerente de Xestión Integrada da Coruña
ANEXO
Prazas vacantes convocadas
Especialidade |
Nº de vinculación |
Tipo de vinculación |
Anatomía patolóxica |
2 |
Vacante |
Anestesioloxía e reanimación |
2 |
Vacante |
Anxioloxía e cirurxía vascular |
1 |
Vacante |
Aparello dixestivo |
1 |
Vacante |
Cardioloxía |
1 |
Vacante |
Cirurxía torácica |
1 |
Vacante |
Farmacia hospitalaria |
1 |
Vacante |
Hematoloxía e hemoterapia |
1 |
Vacante |
Medicina intensiva |
1 |
Vacante |
Microbioloxía |
1 |
Vacante |
Neurofisioloxía clínica |
1 |
Vacante |
Pediatría e áreas específicas |
1 |
Vacante |
Radiodiagnóstico |
2 |
Vacante |
Reumatoloxía |
1 |
Vacante |