Advertidos erros na referida disposición publicada no Diario Oficial de Galicia do 2 de xullo de 2012, cómpre efectuar as seguintes correccións:
– Na páxina 26172, onde di:
«Aprobación de modelos».
Debe dicir:
«Artigo 1. Aprobación de modelos».
– Na páxina 26173, onde di:
«i) Modelo de solicitude de dedución no canon da auga para familias numerosas, que figura no anexo IX da presente orde».
Debe dicir:
«i) Modelo de solicitude de dedución no canon da auga e no coeficiente de vertedura para familias numerosas, que figura no anexo IX da presente orde».
– Na páxina 26174, onde di:
«k) Modelo de solicitude de exención no canon da auga por estar en situación de exclusión social, que figura no anexo XI da presente orde».
Debe dicir:
«k) Modelo de solicitude de exención no canon da auga e no coeficiente de vertedura por estar en situación de exclusión social, que figura no anexo XI da presente orde».
– Na páxina 26175, onde di:
«Presentación das declaracións, comunicacións e solicitudes aprobadas nesta orde».
Debe dicir:
«Artigo 2. Presentación das declaracións, comunicacións e solicitudes aprobadas nesta orde».
– Na páxina 26175, onde di:
«Presentación e pagamento das autoliquidacións».
Debe dicir:
«Artigo 3. Presentación e pagamento das autoliquidacións».
– Na páxina 26176, onde di:
«Declaración de impagados polas entidades subministradoras e prestadoras do servizo de sumidoiros».
Debe dicir:
«Artigo 4. Declaración de impagados polas entidades subministradoras e prestadoras do servizo de sumidoiros».
– Na páxina 26176, onde di:
«Esta orde entrará en vigor o 1 de xullo de 2012».
Debe dicir:
«Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación».
Advertidos erros nos modelos AU230I, AU230L e AU230O, que se inclúen como anexos IX.a, XII.a e XV, respectivamente, e na declaración incluída no anexo XVIII, cómpre proceder á súa publicación.