Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 1 de agosto de 2012 Páx. 30492

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 29 de xuño de 2012 pola que se fai pública a oferta educativa das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do curso escolar 2012-2013.

O Estatuto de autonomía de Galicia establece a competencia plena desta comunidade autónoma para o regulamento e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, competencias que lle están atribuídas á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos termos que figuran no artigo 2 do Decreto 114/1982, do 1 de setembro, sobre asunción de transferencias en materia educativa, e no artigo 1 do Decreto 45/2012, do 19 de xaneiro (DOG do 24 de xaneiro), polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, regula as ensinanzas de idiomas que se imparten nas escolas oficiais de idiomas como ensinanzas de réxime especial, sendo un dos principais obxectivos o estudo dos idiomas europeos, así como o das linguas cooficiais do Estado. Esta lei establece nos artigos 59, 60, 61 e 62 que as ensinanzas de idiomas se organizarán en tres niveis: básico, intermedio e avanzado.

En consonancia co disposto no artigo 6.2º da devandita lei, o Goberno fixou no Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro, os aspectos básicos do currículo que constitúen as respectivas ensinanzas mínimas nos niveis intermedio e avanzado.

Polo anteriormente exposto, tendo en conta o informe da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Facer pública a oferta educativa das escolas oficiais de idiomas a partir do curso escolar 2012-2013, segundo os datos que figuran no anexo desta orde.

Disposición derradeira primeira

Autorízanse a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para tomaren as medidas precisas para a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia

Concello

Código centro

Nome do centro

Idiomas

A Coruña

A Coruña

15023132

EOI da Coruña

Alemán

Árabe

Chinés

Español para estranxeiros

Francés

Galego

Inglés

Italiano

Portugués

Ruso

Xaponés

A Coruña

Carballo

Sección de Carballo

Pazo da Cultura

Alemán

Francés

Inglés

A Coruña

Cee

15003224

Sección de Cee

IES Fernando Blanco

Inglés

A Coruña

Culleredo

15005749

Sección de Culleredo

IES Universidade Laboral

Inglés

A Coruña

Ferrol

15026546

EOI Ferrol

Alemán

Francés

Galego

Inglés

Italiano

Portugués

A Coruña

As Pontes de García Rodríguez

15021767

Sección das Pontes de García Rodríguez

IES Castro da Uz

Inglés

A Coruña

Cedeira

15026376

Sección de Cedeira

IES Punta Candieira

Inglés

A Coruña

Santiago de Compostela

15032194

EOI de Santiago de Compostela

Alemán

Español para estranxeiros

Francés

Galego

Inglés

Italiano

Portugués

A Coruña

Negreira

15026391

Sección de Negreira

IES Xulián Magariños

Inglés

A Coruña

Noia

15010812

Sección de Noia

IES Virxe do Mar

Francés

Inglés

A Coruña

Ordes

15027782

Sección de Ordes

IES nº 1

Inglés

A Coruña

Ribeira

15014568

Sección de Ribeira

IES nº 1

Inglés

A Coruña

Santiago de Compostela

15027319

Sección de Santiago

IES de Sar

Inglés

Lugo

Lugo

27015955

EOI de Lugo

Alemán

Francés

Galego

Inglés

Italiano

Portugués

Lugo

Sarria

27012036

Sección de Sarria

IES Gregorio Fernández

Inglés

Lugo

Monforte de Lemos

27016421

EOI de Monforte de Lemos

Alemán

Francés

Inglés

Italiano

Lugo

Ribadeo

27020690

EOI de Ribadeo

Alemán

Francés

Inglés

Italiano

Lugo

Viveiro

27020628

EOI de Viveiro

Alemán

Francés

Inglés

Italiano

Lugo

Burela

27013958

Sección de Burela

IES Monte Castelo

Inglés

Ourense

Ourense

32016081

EOI de Ourense

Alemán

Chinés

Francés

Galego

Inglés

Italiano

Portugués

Ourense

Celanova

32016625

Sección de Celanova

IES de Celanova

Inglés

Ourense

O Barco de Valdeorras

32001725

Sección do Barco de Valdeorras

IES Lauro Olmo

Francés

Inglés

Ourense

O Carballiño

32015037

Sección do Carballiño

IES Manuel Chamoso Lamas

Inglés

Ourense

Ribadavia

32015475

Sección de Ribadavia

IES de Ribadavia (Edificio Abrente)

Inglés

Ourense

Verín

32013582

Sección de Verín

IES García Barbón

Inglés

Pontevedra

Pontevedra

36018689

EOI de Pontevedra

Alemán

Francés

Galego

Inglés

Italiano

Portugués

Pontevedra

A Estrada

36002359

Sección da Estrada

IES Antón Losada Diéguez

Inglés

Pontevedra

Lalín

36004137

Sección de Lalín

IES Ramón Mª Aller Ulloa

Francés

Inglés

Pontevedra

Pontevedra

36006729

Sección de Pontevedra

IES Valle Inclán

Inglés

Pontevedra

Vigo

36018941

EOI de Vigo

Alemán

Chinés

Español para estranxeiros

Francés

Galego

Inglés

Italiano

Portugués

Xaponés

Pontevedra

Cangas

36019475

Sección de Cangas

IES de Rodeira

Francés

Inglés

Pontevedra

Nigrán

36015184

Sección de Nigrán

IES Escolas Proval

Inglés

Pontevedra

Ponteareas

36013692

Sección de Ponteareas

IES Val do Tea

Inglés

Pontevedra

Redondela

36016656

Sección de Redondela

IES Pedro Floriani

Inglés

Pontevedra

Tui

36009901

Sección de Tui

IES San Paio

Francés

Inglés

Portugués

Pontevedra

Vigo

36011798

Sección de Vigo

IES Alexandre Bóveda

Francés

Inglés

Italiano

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

36024598

EOI de Vilagarcía de Arousa

Alemán

Francés

Inglés

Italiano

Portugués