Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2012 Páx. 31856

I. Disposicións xerais

Presidencia da Xunta de Galicia

LEI 9/2012, do 3 de agosto, de adaptación das disposicións básicas do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, en materia de emprego público.

Exposición de motivos

1

O obxecto desta lei é adaptar á normativa da Comunidade Autónoma de Galicia as disposicións do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade.

Durante o ano 2008 a economía comeza a dar síntomas de esgotamento, para iniciar a finais de ano unha importante recesión. Aos problemas estruturais da nosa economía e do resto do país engádenselles, agravando a situación, unha crise financeira mundial e unhas políticas económicas que non fan senón agravar os desequilibrios macroeconómicos existentes.

En efecto, a ausencia de políticas de axuste estrutural e consolidación fiscal serias a nivel central supuxo que, tras varios meses de leve recuperación en 2011, a economía reaccionou moi negativamente a unha deterioración das perspectivas na zona euro, debuxando unha saída da crise en W tal e como se puxo de manifesto.

Aos desequilibrios que estaban pendentes de resolver na economía española uniuse, nesta ocasión, unha crise de confianza dos mercados financeiros, á que non son alleos distintos problemas institucionais da zona euro.

Esta difícil situación do ámbito económico tradúcese nunha importante caída dos ingresos non financeiros. O impacto deste abrupto descenso dos ingresos amortécese só parcialmente cun maior recurso á débeda pública, ben que os niveis de endebedamento alcanzados non son sostibles a medio prazo. A actual situación de inestabilidade dos mercados financeiros supón un forte endurecemento das condicións de financiamento dos axentes públicos e privados, acurtando o prazo de sustentabilidade do recurso á débeda pública.

Tanto para gañar a credibilidade perdida e facilitar o acceso a un financiamento a un prezo razoable como para iniciar unha senda de crecemento económico estable e xeradora de emprego, urxe seguir aplicando con rigor políticas de consolidación fiscal e o impulso de novas reformas estruturais. Igualmente importante é a súa articulación a medio prazo dun modo verosímil. Todo isto implica unha variedade de políticas con obxectivos claros en termos de datas de posta en marcha e consecuencias sobre o crecemento, cifradas dentro dun marco macroeconómico coherente e plurianual.

Polo tanto, atopámonos ante un escenario de complexidade crecente, no que, no ámbito da nova gobernanza fiscal europea, os diferentes niveis de administración deben propoñer e aplicar de forma coordinada unha complexa batería de actuacións, debidamente cuantificadas e cun prazo determinado de aplicación.

É neste ámbito no que se elaboran os plans de reequilibrio económico financeiro da Comunidade Autónoma e de estabilidade e crecemento do Reino de España. Desenvólvese un sistema de seguimento destes e tómanse medidas de axuste ad hoc para cumprir estritamente cos obxectivos aprobados de estabilidade orzamentaria e endebedamento.

É neste contexto, de empeoramento das circunstancias macroeconómicas e financeiras e de programación da senda de consolidación fiscal, onde se enmarcan as medidas de axuste aprobadas no Real decreto lei 20/2012, gran parte das cales constitúe normativa básica, polo tanto de obrigada aplicación, e que constitúe parte das medidas tomadas polo Goberno do Estado para paliar o desfase orzamentario co que pechou o exercicio 2011.

A actual conxuntura económica e a necesidade de reducir o déficit público sen menoscabar a prestación dos servizos públicos esenciais fan necesario mellorar a eficiencia das administracións públicas no uso dos recursos públicos, co obxecto de contribuír á consecución do inescusable obxectivo de estabilidade orzamentaria, derivado do marco constitucional e da Unión Europea.

2

As actuais circunstancias do proceso de consolidación fiscal e de sustentabilidade das contas públicas esixe das administracións públicas continuar adaptando unha serie de medidas extraordinarias e cuxa adopción debe ser urxente, dirixidas a racionalizar e reducir o gasto de persoal das administracións públicas e a incrementar a eficiencia da súa xestión.

Estas medidas derivan da aplicación pola Administración xeral do Estado do Programa nacional de reformas 2012, marco no que se debe comprender este proceso de modernización e racionalización das administracións públicas, como complemento aos axustes exclusivamente fiscais e á redución de estruturas administrativas. Débense adoptar medidas que aforren gastos de persoal e incrementen a calidade e a produtividade do emprego público, no que incide o Real decreto lei 20/2012.

Por iso, adóptanse diversas actuacións que avanzan na optimización de recursos, na mellora na xestión e na transparencia da administración e no incremento da produtividade dos empregados e empregadas públicos.

Trátase de medidas que se deben adoptar de xeito conxunto para ofrecer un cambio estrutural e coherente que permita, considerado na súa totalidade, a satisfacción dos obxectivos de austeridade e eficiencia nas administracións públicas.

Por outro lado, parte destas medidas ten carácter temporal ou está prevista a súa aplicación só cando concorran circunstancias excepcionais, quedando supeditada a súa vixencia á subsistencia da difícil conxuntura económica actual, que afecta a sustentabilidade das contas públicas ou a que razóns de interese público fagan necesaria a súa aplicación no futuro.

3

A lei estrutúrase en dous artigos, doce disposicións adicionais e tres derradeiras, co seguinte contido:

Suprímese, para o ano 2012, a paga extraordinaria do mes de decembro, así como a paga adicional de complemento específico ou pagas adicionais equivalentes do dito mes. As cantidades derivadas da supresión destas pagas serán obxecto de recuperación en exercicios futuros, sempre que se prevexa o cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria establecidos na Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira, e nos termos e co alcance que se determine nas correspondentes leis de orzamentos.

Esta supresión afectará, en primeiro lugar, o persoal do sector público definido no artigo 13.Seis da Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012. En particular, aplicarase ao persoal funcionario e estatutario, ao persoal laboral, ao persoal laboral de alta dirección e ao persoal con contrato mercantil e non acollido a convenio colectivo que non teña a consideración de alto cargo, así como ao persoal incluído no ámbito de aplicación do Decreto 119/2012, do 3 de maio, polo que se regulan as retribucións e percepcións económicas aplicables aos órganos de goberno ou dirección e ao persoal directivo das entidades do sector público autonómico.

A paga extraordinaria non se suprimirá aos empregados e empregadas públicos cuxas retribucións non alcancen en cómputo anual 1,5 veces o salario mínimo interprofesional establecido no Real decreto 1888/2011, do 30 de decembro, polo que se fixa o salario mínimo interprofesional para 2012.

Así mesmo, reduciráselles unha catorceava parte das retribucións totais anuais aos altos cargos da Administración xeral da Comunidade Autónoma, aos membros do Consello de Contas de Galicia e do Consello Consultivo de Galicia, ao persoal eventual e ás persoas titulares das presidencias e vicepresidencias, das direccións xerais, das xerencias e doutras direccións ou asimiladas que desenvolvan funcións executivas de máximo nivel, nos centros de xestión do Sergas e nos entes e organismos dependentes.

Recóllese a previsión de adaptar as tarifas das encomendas de xestión ás entidades declaradas medio propio e servizo técnico da Comunidade Autónoma ao resultado de aplicar esta lei, así como os importes consignados nos contratos, concertos, convenios e demais negocios xurídicos subscritos pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cando para o cálculo da prestación económica se tivesen en conta os gastos de persoal.

Esténdese o ámbito de aplicación ás universidades integrantes do sistema universitario de Galicia e ás súas entidades instrumentais dependentes, reducíndose as transferencias do fondo incondicionado do sistema de financiamento das universidades no importe derivado da aplicación desta lei.

Establécese o réxime de incompatibilidades da compensación económica establecida no artigo 11, punto 7, parágrafo 2°, da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, desenvolvido polo Decreto 211/2007, do 25 de outubro, e créanse dous rexistros: o do Persoal Directivo da Administración Instrumental e o dos Órganos de Representación do Persoal ao Servizo da Administración Xeral da Comunidade Autónoma.

Prevese a suspensión dos pactos, convenios e acordos cando conteñan cláusulas contrarias ao disposto nesta lei ou cando se produza unha alteración substancial das circunstancias económicas.

Esténdese a aplicación do artigo 2 da Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, ao persoal que perciba as súas retribucións con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia que se atope adscrito aos réximes especiais de seguridade social do mutualismo administrativo co obxecto da súa equiparación co persoal que se atopa no réxime xeral, para que non exista un tratamento desigual dos empregados e empregadas públicos.

Finalmente, modifícase o anexo 4 da Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, que contén os módulos económicos de distribución de fondos públicos para o sostemento dos centros concertados educativos.

Por todo o exposto o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13º.2 do Estatuto de Galicia e co artigo 24º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, promulgo en nome de El-Rei a Lei de adaptación das disposicións básicas do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, en materia de emprego público.

Artigo 1. Paga extraordinaria do mes de decembro de 2012 do persoal do sector público autonómico

1. No ano 2012 o persoal do sector público definido no artigo 13.Seis da Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2012, verá reducidas as súas retribucións nas contías que corresponde percibir no mes de decembro como consecuencia da supresión tanto da paga extraordinaria como da paga adicional de complemento específico ou pagas adicionais equivalentes do dito mes.

2. Para facer efectivo o disposto no punto anterior, adoptaranse as seguintes medidas:

a) O persoal funcionario e estatutario non percibirá no mes de decembro as cantidades a que se refire o artigo 13.2 da Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, referente á paga extraordinaria de decembro en concepto de soldo e trienios.

Tampouco se percibirán as contías correspondentes ao resto dos conceptos retributivos que integran tanto a paga extraordinaria como a paga adicional de complemento específico ou pagas adicionais equivalentes do mes de decembro.

b) O persoal laboral do sector público autonómico non percibirá as cantidades en concepto de gratificación extraordinaria con ocasión das festas de Nadal ou paga extraordinaria ou equivalente do mes de decembro do ano 2012. Esta redución comprenderá a de todos os conceptos retributivos que forman parte da dita paga de acordo cos convenios colectivos que resulten aplicables.

c) A aplicación directa desta medida realizarase na nómina do mes de decembro de 2012, sen prexuízo de que poida alterarse a distribución definitiva da redución nos ámbitos correspondentes mediante a negociación colectiva, podendo, neste caso, acordarse que a dita redución se execute de maneira rateada entre as nóminas pendentes de percibir no presente exercicio a partir da entrada en vigor do Real decreto lei 20/2012.

d) A redución retributiva establecida no punto 1 deste artigo será tamén aplicable ao persoal laboral de alta dirección, ao persoal con contrato mercantil e ao non acollido a convenio colectivo que non teña a consideración de alto cargo.

O persoal incluído no ámbito de aplicación do Decreto 119/2012, do 3 de maio, polo que se regulan as retribucións e percepcións económicas aplicables aos órganos de goberno ou dirección e ao persoal directivo das entidades do sector público autonómico, non percibirá a contía correspondente coa paga extraordinaria de decembro, calculada sobre a retribución máxima prevista no artigo 9 do dito decreto.

No caso de que o devandito persoal perciba as pagas extraordinarias e adicionais do mesmo xeito que o persoal funcionario ou estatutario, a minoración aplicarase nos termos establecidos no punto 2.1. No caso contrario, minorarase unha catorceava parte das retribucións totais, que se rateará entre as nóminas pendentes de percibir no presente exercicio a partir da entrada en vigor desta lei.

e) As cantidades derivadas da supresión da paga extraordinaria e das pagas adicionais do complemento específico ou pagas adicionais equivalentes de acordo co disposto neste artigo serán obxecto de recuperación en exercicios futuros, con suxeición ao establecido na Lei orgánica 2/2012, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira, e nos termos e co alcance que se determine nas correspondentes leis de orzamentos.

f) Naqueles casos en que non se prevexa expresamente no seu réxime retributivo a percepción de pagas extraordinarias ou se perciban máis de dúas ao ano reducirase unha catorceava parte das retribucións totais anuais, excluídos incentivos ao rendemento. A dita redución ratearase entre as nóminas pendentes de percibir no presente exercicio a partir da entrada en vigor desta lei. Neste punto deberá entenderse comprendido o suposto do artigo 19 da Lei 11/2011, relativo ás persoas titulares das delegacións da Xunta de Galicia no exterior.

g) O disposto nos puntos anteriores non será aplicable a aqueles empregados e empregadas públicos cuxas retribucións por xornada completa, excluídos incentivos ao rendemento, non alcancen en cómputo anual 1,5 veces o salario mínimo interprofesional establecido no Real decreto 1888/2011, do 30 de decembro.

Artigo 2. Paga extraordinaria do mes de decembro de 2012 dos altos cargos e doutro persoal directivo

1. Aos altos cargos da Administración da Xunta de Galicia, aos membros do Consello de Contas de Galicia e aos membros do Consello Consultivo de Galicia reduciráselles unha catorceava parte das retribucións totais anuais que figuran no artigo 17.Un, Dous e Tres.

2. O persoal titular das presidencias e vicepresidencias e, se é o caso, das direccións xerais, xerencias e outras direccións ou asimiladas que desenvolvan funcións executivas de máximo nivel, nos centros de xestión do Sergas e nos entes e organismos dependentes, non percibirá a contía correspondente coa paga extraordinaria de decembro.

3. No caso de que o devandito persoal perciba as pagas extraordinarias e adicionais do mesmo xeito que o persoal funcionario ou estatutario, a minoración aplicarase nos termos establecidos no artigo 1.2.a). No caso contrario, minorarase unha catorceava parte das retribucións totais, que se rateará entre as nóminas pendentes de percibir no presente exercicio a partir da entrada en vigor desta lei.

Disposición adicional primeira. Medidas en relación cos traballadores e traballadoras das empresas de servizos contratadas pola administración

A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e os entes instrumentais que pertencen ao sector público autonómico, de acordo co artigo 3.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, ditarán nos seus respectivos eidos competenciais as instrucións pertinentes para a correcta execución dos servizos externos que contratasen, de xeito que quede clarificada a relación entre os xestores e xestoras da administración e o persoal da empresa contratada, evitando, en todo caso, actos que poidan considerarse como determinantes para o recoñecemento dunha relación laboral, sen prexuízo das facultades que a lexislación de contratos do sector público recoñeza ao órgano de contratación de cara á execución dos contratos. Para tal fin, a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e os entes instrumentais ditarán antes do 31 de decembro de 2012 as instrucións pertinentes para evitar actuacións que poidan considerarse como determinantes para o recoñecemento dunha relación laboral.

No suposto de que en virtude de sentenza xudicial os traballadores e traballadoras das empresas se convertan en persoal laboral da administración, o salario que hai que percibir será o que corresponda á súa clasificación profesional de acordo co convenio colectivo aplicable ao persoal laboral da Xunta de Galicia, sendo necesario informe favorable dos órganos competentes en materia de función pública e custos de persoal.

Disposición adicional segunda. Persoal eventual

Ás retribucións do persoal eventual regulado no artigo 7 do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, aplicaráselles unha redución da catorceava parte das retribucións totais anuais. A citada minoración ratearase entre as nóminas pendentes de percibir no presente exercicio a partir da entrada en vigor desta lei.

Disposición adicional terceira. Encomendas de xestión

As tarifas das encomendas de xestión ás entidades declaradas medio propio e servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma e demais entes, organismos e entidades dependentes reduciranse na parte proporcional que corresponda á aplicación do artigo 1.2 desta lei.

Disposición adicional cuarta. Concertos, contratos, convenios de colaboración e demais negocios xurídicos

Os importes dos concertos, contratos, convenios de colaboración e demais negocios xurídicos que subscribise a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia adecuaranse ás novas condicións retributivas que derivan das previsións desta lei, cando para o cálculo da prestación económica se tivesen en conta os gastos de persoal.

Disposición adicional quinta. Paga extraordinaria do mes de decembro de 2012 do persoal das entidades integrantes do sistema universitario de Galicia

As universidades integrantes do sistema universitario de Galicia e as súas entidades instrumentais dependentes realizarán as operacións precisas para aplicar a redución da percepción da paga extraordinaria de decembro, co contido e co alcance sinalado no artigo 1.2.

As transferencias do fondo incondicionado do sistema de financiamento do sistema universitario de Galicia reduciranse na contía equivalente ás retribucións reducidas.

Disposición adicional sexta. Suspensión de pactos, acordos e convenios

Suspéndense e quedan sen efecto os acordos, pactos e convenios para o persoal do sector público definido no artigo 13.Seis da Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2012, subscritos polas administracións públicas e polos seus organismos e entidades que conteñan cláusulas que se opoñan ao disposto nesta lei.

Disposición adicional sétima. Réxime de incompatibilidades da compensación económica establecida no artigo 11, punto 7, parágrafo 2º, da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia

1. A compensación económica establecida no artigo 11, punto 7, parágrafo 2°, da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, desenvolvido polo Decreto 211/2007, do 25 de outubro, con ocasión do cesamento na titularidade da Presidencia da Xunta de Galicia, é incompatible con calquera retribución con cargo aos orzamentos das administracións públicas ou dos entes, organismos e empresas deles dependentes, ou con cargo aos dos órganos constitucionais ou que resulte da aplicación de arancel, así como con calquera retribución que proveña dunha actividade privada, con excepción das previstas no artigo 7 da Lei 9/1996, do 18 de outubro, de incompatibilidades dos membros da Xunta de Galicia e altos cargos da Administración autonómica.

Para estes efectos, considérase tamén actividade no sector público a desenvolvida polos membros electivos das Cortes Xerais, das asembleas lexislativas das comunidades autónomas e das corporacións locais, polos altos cargos e polo restante persoal dos órganos constitucionais e de todas as administracións públicas, incluída a Administración de xustiza.

2. A devandita compensación económica ao cesamento será, así mesmo, incompatible coa percepción da pensión de xubilación ou retiro por dereitos pasivos, ou por calquera réxime de seguridade social público e obrigatorio.

3. Quen cese no devandito cargo terá un prazo de quince días hábiles, contado desde o que concorra a incompatibilidade, para comunicar ante a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da consellaría competente en materia de facenda a súa opción entre a percepción da compensación económica ou a retribución da actividade pública ou privada que estea desempeñando ou, se é o caso, a percepción da pensión de xubilación ou retiro. A opción pola retribución pública ou privada ou pola pensión de xubilación ou retiro, que se formalizará por escrito para a súa axeitada constancia, implica a renuncia á compensación económica prevista con ocasión do cesamento.

4. Unha vez recibida a devandita comunicación, a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas remitiralla ao centro pagador.

5. A falta de opción no prazo sinalado entenderase como renuncia a percibir a compensación a que se refire o punto 1, optando por percibir a retribución correspondente ao cargo ou á actividade que pase a exercer ou, se é o caso, a pensión de xubilación ou retiro.

Disposición adicional oitava. Rexistro do Persoal Directivo da Administración Instrumental

Créase, na consellaría competente en materia de función pública, o Rexistro do Persoal Directivo da Administración Instrumental.

Os contratos de alta dirección axustados ás condicións retributivas derivadas da aplicación do Decreto 119/2012, do 3 de maio, polo que se regulan as retribucións e percepcións económicas aplicables aos órganos de goberno ou dirección e ao persoal directivo das entidades do sector público autonómico, depositaranse no dito rexistro.

Mediante orde da consellaría competente en materia de función pública regularanse as características e o funcionamento deste rexistro.

Disposición adicional novena. Rexistro de Órganos de Representación do Persoal ao Servizo da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e dos seus Entes, Organismos e Entidades Dependentes

Créase, na consellaría competente en materia de función pública, o Rexistro de Órganos de Representación do Persoal ao Servizo da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e dos seus Entes, Organismos e Entidades Dependentes.

Mediante orde da consellaría competente en materia de función pública regularanse as características e o funcionamento deste rexistro.

Disposición adicional décima. Suspensións ou modificacións de convenios colectivos, pactos e acordos que afecten o persoal laboral por alteración substancial das circunstancias económicas

Para os efectos do previsto nos artigos 32 e 38.10 do Estatuto básico do empregado público, entenderase que concorre causa grave de interese público derivada da alteración substancial das circunstancias económicas cando as administracións públicas deban adoptar medidas ou plans de axuste, de reequilibrio das contas públicas ou de carácter económico-financeiro para asegurar a estabilidade orzamentaria ou a corrección do déficit público.

Disposición adicional décimo primeira. Destino dos aforros derivados desta lei

Autorízase a consellaría competente en materia de facenda para que efectúe as retencións de créditos oportunas nas partidas orzamentarias nas que se reduce o gasto correspondente derivado da aplicación desta lei, para o cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria nos termos da Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira.

Disposición adicional décimo segunda. Incapacidade temporal nos réximes especiais da seguridade social do mutualismo administrativo

Ao persoal que perciba as súas retribucións con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia que se atope adscrito aos réximes especiais de seguridade social do mutualismo administrativo seralle aplicable o disposto no artigo 2 da Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Modificación da Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012

O anexo 4 da Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, queda redactado da seguinte forma:

Artigo 55
Módulos económicos de distribución de fondos públicos para o sostemento
de centros concertados

Ano 2012

Importe anual (€)

– Educación infantil:

(Ratio profesor/unidade: 1,08:1)

Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais

28.343,23

Gastos variables

3.857,73

Complemento retributivo da Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais

6.962,30

Outros gastos

6.020,95

Importe total anual

45.184,21

– Educación primaria:

Centros de ata 6 unidades de primaria

(Ratio profesor/unidade: 1,40:1)

Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais

36.741,22

Gastos variables

5.000,77

Complemento retributivo da Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais

9.025,24

Outros gastos

6.020,95

Importe total anual

56.788,18

Centros de máis de 6 unidades de primaria

(Ratio profesor/unidade: 1,36:1)

Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais

35.691,47

Gastos variables

4.857,88

Complemento retributivo da Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais

8.767,37

Outros gastos

6.020,95

Importe total anual

55.337,67

– Educación especial (niveis obrigatorios e gratuítos):

I. Educación básica primaria:

(Ratio profesor/unidade: 1,12:1)

Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais

29.392,98

Gastos variables

4.000,62

Complemento retributivo da Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais

7.220,15

Outros gastos

6.422,40

Importe total anual

47.036,15

Persoal complementario (logopeda, fisioterapeuta, axudante técnico educativo, psicólogo-pedagogo, traballador social, mestre especialidade de audición e linguaxe e coidador), segundo deficiencias:

Psíquicos

19.110,94

Autistas ou problemas graves de personalidade

22.069,97

Auditivos

17.781,98

Plurideficientes

22.069,97

II. Programas de formación para a transición á vida adulta:

(Ratio profesor/unidade: 2:1)

Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais

52.487,45

Gastos variables

4.686,73

Complemento retributivo da Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais

12.893,13

Outros gastos

9.058,94

Importe total anual

79.126,25

Persoal complementario (logopeda, fisioterapeuta, axudante técnico educativo, psicólogo-pedagogo, traballador social, mestre especialidade de audición e linguaxe e coidador), segundo deficiencias:

Psíquicos

30.513,25

Autistas ou problemas graves de personalidade

33.930,36

Auditivos

23.641,71

Plurideficientes

33.930,36

– Educación secundaria obrigatoria:

I. Primeiro e segundo curso:

Centros de ata 4 unidades de ESO (1)

(Ratio profesor/unidade: 1,56:1)

Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais

48.076,43

Gastos variables

9.231,25

Complemento retributivo da Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais

12.834,39

Outros gastos

7.827,26

Importe total anual

77.969,33

Centros de máis de 4 unidades de ESO (1)

(Ratio profesor/unidade: 1,52:1)

Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais

46.843,70

Gastos variables

8.994,56

Complemento retributivo da Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais

12.505,31

Outros gastos

7.827,26

Importe total anual

76.170,83

II. Terceiro e cuarto curso:

Centros de ata 4 unidades de ESO

(Ratio profesor/unidade: 1,56:1)

Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais

48.076,43

Gastos variables

9.231,25

Complemento retributivo da Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais

10.639,06

Outros gastos

8.639,29

Importe total anual

76.586,03

Centros de máis de 4 unidades de ESO

(Ratio profesor/unidade: 1,52:1)

Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais

46.843,70

Gastos variables

8.994,56

Complemento retributivo da Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais

10.366,26

Outros gastos

8.639,29

Importe total anual

74.843,81

Ciclos formativos:

(Ratio profesor/unidade grao medio: 1,52:1)

(Ratio profesor/unidade grao superior: 1,52:1)

I. Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais:

Grupo 1. Ciclos formativos de grao medio de 1.300 a 1.700 horas:

Primeiro curso

45.729,20

Segundo curso

0,00

Grupo 2. Ciclos formativos de grao medio de 2.000 horas:

Primeiro curso

45.729,20

Segundo curso

45.729,20

Grupo 3. Ciclos formativos de grao superior de 1.300 a 1.700 horas:

Primeiro curso

45.729,20

Segundo curso

0,00

Grupo 4. Ciclos formativos de grao superior de 2.000 horas:

Primeiro curso

45.729,20

Segundo curso

45.729,20

II. Gastos variables:

Grupo 1. Ciclos formativos de grao medio de 1.300 a 1.700 horas:

Primeiro curso

6.175,17

Segundo curso

0,00

Grupo 2. Ciclos formativos de grao medio de 2.000 horas:

Primeiro curso

6.175,17

Segundo curso

6.175,17

Grupo 3. Ciclos formativos de grao superior de 1.300 a 1.700 horas:

Primeiro curso

6.646,48

Segundo curso

0,00

Grupo 4. Ciclos formativos de grao superior de 2.000 horas:

Primeiro curso

6.646,48

Segundo curso

6.646,48

III. Complemento retributivo da Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais

Ciclos formativos de grao medio

10.366,26

Ciclos formativos de grao superior

10.366,26

IV. Outros gastos:

Grupo 1. Ciclos formativos de:

Condución de actividades físico-deportivas no medio natural

Servizos de restaurante e bar

Animación turística

Estética persoal decorativa

Química ambiental

Farmacia

Hixiene bucodental

Primeiro curso

10.178,78

Segundo curso

2.380,58

Grupo 2. Ciclos formativos de:

Xestión administrativa

Secretariado

Mergullo a media profundidade

Laboratorio de imaxe

Comercio

Xestión comercial e marketing

Servizos ao consumidor

Aloxamento

Elaboración de aceites e zumes

Elaboración de produtos lácteos

Elaboración de viño e outras bebidas

Matadoiro e carnizaría-chacinaría

Muiñaría e industrias cerealistas

Laboratorio

Fabricación de produtos farmacéuticos e afíns

Coidados auxiliares de enfermaría

Documentación sanitaria

Curtidos

Patronaxe

Procesos de ennobrecemento téxtil

Aceites de oliva e viños

Primeiro curso

12.376,05

Segundo curso

2.380,58

Grupo 3. Ciclos formativos de:

Conservaría vexetal, cárnica e de peixe

Transformación de madeira e cortiza

Operacións de fabricación de produtos farmacéuticos

Operacións de proceso e pasta de papel

Operacións de transformación de plásticos e caucho

Industrias de proceso de pasta e papel

Industrias de proceso químico

Plástico e caucho

Operacións de ennobrecemento téxtil

Primeiro curso

14.729,24

Segundo curso

2.380,58

Grupo 4. Ciclos formativos de:

Encadernados e manipulados de papel e cartón

Impresión en artes gráficas

Fundición

Tratamentos superficiais e térmicos

Fabricación industrial de carpintaría e moble

Calzado e marroquinaría

Produción de fiadura e teceduría de calada

Produción de tecidos de punto

Procesos de confección industrial

Procesos téxtiles de fiadura e teceduría de calada

Procesos téxtiles de teceduría de punto

Operacións de fabricación de produtos cerámicos

Operacións de fabricación de vidro e transformados

Fabricación e transformación de produtos de vidro

Confección

Primeiro curso

17.041,30

Segundo curso

2.380,58

Grupo 5. Ciclos formativos de:

Realización e plans de obra

Asesoría de imaxe persoal

Radioterapia

Animación sociocultural

Integración social

Primeiro curso

10.178,78

Segundo curso

3.849,67

Grupo 6. Ciclos formativos de:

Operacións de cultivo acuícola

Primeiro curso

14.729,24

Segundo curso

3.849,67

Grupo 7. Ciclos formativos de:

Elaboración de produtos alimenticios

Guía de información e asistencia turísticas

Axencias de viaxes e xestión de eventos

Explotacións gandeiras

Xardinaría

Traballos forestais e de conservación de medio natural

Xestión e organización de empresas agropecuarias

Xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos

Administración e finanzas

Pesca e transporte marítimo

Navegación, pesca e transporte marítimo

Produción de audiovisuais, radio e espectáculos

Comercio internacional

Xestión do transporte

Obras de albanelaría

Obras de formigón

Operación e mantemento de maquinaria de construción

Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción

Desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas

Óptica de anteollaría

Caracterización

Perrucaría

Estética

Explotación de sistemas informáticos

Administración de sistemas informáticos

Desenvolvemento de aplicacións informáticas

Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma

Desenvolvemento de produtos de carpintaría e moble

Prevención de riscos profesionais

Anatomía patolóxica e citoloxía

Saúde ambiental

Audiopróteses

Dietética

Imaxe para o diagnóstico

Laboratorio de diagnóstico clínico

Ortoprotésica

Educación infantil

Interpretación da lingua de signos

Atención sociosanitaria

Xestión de aloxamentos turísticos

Servizos en restauración

Panadaría, repostaría e confeitaría

Laboratorios de análises e control de calidade

Química industrial

Planta química

Audioloxía protésica

Emerxencias sanitarias

Farmacia e parafarmacia

Educación infantil (actualizado)

Xestión administrativa (actualizado)

Primeiro curso

9.167,25

Segundo curso

11.074,12

Grupo 8. Ciclos formativos de:

Explotacións agrarias extensivas

Explotacións agrícolas intensivas

Operación, control e mantemento de maquinaria e instalacións do buque

Supervisión e control de máquinas e instalacións do buque

Equipos electrónicos de consumo

Equipos e instalacións electrotécnicas

Desenvolvemento de produtos electrónicos

Mantemento electrónico

Instalacións electrotécnicas

Sistemas de regulación e control automáticos

Acabados de construción

Restauración

Mantemento de aviónica

Próteses dentais

Instalacións eléctricas e automáticas

Sistemas microinformáticos e redes

Cociña e gastronomía

Confección e moda

Patronaxe e moda

Produción agropecuaria

Primeiro curso

11.290,71

Segundo curso

12.887,91

Grupo 9. Ciclos formativos de:

Animación de actividades físicas e deportivas

Deseño e produción editorial

Produción en industrias de artes gráficas

Imaxe

Realización de audiovisuais e espectáculos

Son

Sistemas de telecomunicación e informáticos

Desenvolvemento de proxectos mecánicos

Produción por fundición e pulvimetalurxia

Produción por mecanizado

Fabricación a medida e instalación de madeira e moble

Produción de madeira e moble

Montaxe e mantemento de instalacións de frío, climatización e produción de calor

Desenvolvemento de proxectos de instalacións de fluídos, térmicas e de manutención

Mantemento e montaxe de instalacións de edificios e procesos

Carrozaría

Electromecánica de vehículos

Automoción

Mantemento aeromecánico

Programación da produción

Desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e fluídos

Mantemento de proxectos de instalacións térmicas e fluídos

Carrozaría (actualizado)

Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica

Automoción (actualizado)

Primeiro curso

13.279,90

Segundo curso

14.733,80

Grupo 10. Ciclos formativos de:

Procesos de calidade na industria alimentaria

Fabricación de produtos cerámicos

Produción acuícola

Preimpresión en artes gráficas

Xoiaría

Mecanizado

Soldadura e caldeiraría

Construcións metálicas

Industria alimentaria

Instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e condución de liñas

Mantemento ferroviario

Mantemento de equipo industrial

Desenvolvemento e fabricación de produtos cerámicos

Vitivinicultura

Construcións metálicas (actualizado)

Desenvolvemento e fabricación de produtos cerámicos (actualizado)

Primeiro curso

15.361,16

Segundo curso

16.471,77

Programas de cualificación profesional inicial

(Ratio profesor/unidade: 1,44:1)

I. Salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais

43.322,40

II. Gastos variables

5.850,17

III. Complemento retributivo da Comunidade Autónoma, incluídas cargas sociais

9.906,52

IV. Outros gastos:

Grupo 1

7.502,54

Sobre cualificacións nivel 1 das familias profesionais de:

Administración

Comercio e marketing

Hostalaría e turismo

Imaxe persoal

Sanidade

Servizos socioculturais e á comunidade

Administración e xestión

Artesanías

Química

Seguridade e medio ambiente

Grupo 2

8.577,66

Sobre cualificacións nivel 1 das familias profesionais de:

Actividades agrarias

Artes gráficas

Comunicación, imaxe e son

Edificación e obra civil

Electricidade e electrónica

Fabricación mecánica

Industrias alimentarias

Madeira e moble

Mantemento de vehículos autopropulsados

Mantemento e servizos á produción

Téxtil, confección e pel

Agraria

Imaxe e son

Enerxía e auga

Industrias extractivas

Madeira, moble e cortiza

Transporte e mantemento de vehículos

Marítimo-pesqueira

Instalación e mantemento

Informática

2.º curso de PCPI

7.502,54

Disposición derradeira segunda. Habilitación normativa

Facúltase a consellaría competente en materia de facenda para aprobar todas aquelas normas e adoptar todas as medidas necesarias para a aplicación desta lei.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Esta lei entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, tres de agosto de dous mil doce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente