Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2012 Páx. 32251

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se determinan os prazos de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan programas de cualificación profesional inicial e se ditan instrucións para o seu desenvolvemento no curso académico 2012/13.

O Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, determina no primeiro punto da disposición adicional terceira que os módulos específicos asociados a unidades de competencia de cualificacións profesionais de nivel 1 incluídos nos programas de cualificación profesional inicial desenvolverán a competencia do perfil profesional e formarán parte da formación profesional do sistema educativo.

A Orde do 13 de xullo de 2011 regula os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia.

A disposición derradeira primeira desta orde autoriza a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para ditar as disposicións que cumpran para a súa aplicación e o seu desenvolvemento.

En virtude do anterior, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Prazo de presentación de solicitudes de admisión e documentación

1. O prazo de presentación de solicitudes para cursar o primeiro ou o segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial será o abranguido desde o día 3 de setembro ata as 13.00 horas do día 12 de setembro.

2. A documentación que debe presentar o alumnado na secretaría do centro que ofreza o programa é a establecida no artigo 17 da Orde do 13 de xullo de 2011 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Con independencia do anterior e para os efectos de aplicación do criterio de prioridade establecido no artigo 18.2.b) da citada Orde do 13 de xullo de 2011, o alumnado solicitante poderá presentar unha certificación de escolarización do centro de procedencia no curso académico anterior.

3. A matrícula no primeiro e segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial poderá formalizarse nalgún dos centros autorizados na oferta de programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2012/13.

Segundo. Procedemento de admisión e matrícula

1. De acordo co establecido no artigo 15.4 do Decreto 30/2007, do 15 de marzo, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, a incorporación a un programa de cualificación profesional inicial do alumnado escolarizado no curso anterior non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.

Para estes efectos, o alumnado dos centros asociados nas modalidades B terá a mesma consideración que o alumnado do propio centro en que se formalice a matrícula.

2. Consonte o anterior, para a adxudicación de prazas terá prioridade o alumnado matriculado no curso anterior no centro e, se non existen prazas suficientes para atender todas as solicitudes, o procedemento de adxudicación realizarase conforme o establecido no artigo 18 da citada Orde do 13 de xullo de 2011.

O sorteo público para resolver a adxudicación de prazas, segundo se determina no artigo 18.2.d) da citada Orde do 13 de xullo de 2011, aterase ao disposto na Resolución do 1 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai público o resultado do sorteo a que se refire o artigo 34.3 da Orde do 17 de marzo de 2007. Conforme o resultado do sorteo, será a letra «E» a letra de prioridade que afecte o primeiro apelido e, de ser o caso, igualmente a letra «O» a que afecte o segundo apelido, para os efectos de resolución do desempate na orde de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos no curso 2012/13.

3. As secretarías dos centros, ademais de recoller as solicitudes para a admisión aos programas de cualificación profesional inicial, cargarán os datos de inscrición para o primeiro curso na aplicación informática Ciclosadmision, facilitada pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

A formalización dos datos na aplicación informática realizarase desde o 5 de setembro ata as 14.00 horas do día 12 de setembro.

4. Os centros educativos farán pública a listaxe de alumnado admitido en cada un dos programas ofrecidos o día 14 de setembro.

5. O prazo de matriculación para o alumnado adxudicado no programa solicitado será do 14 ao 18 de setembro, ambos os dous incluídos.

Terceiro. Realización do módulo de FCT nas modalidades A e B

1. Con carácter xeral, o período de realización do módulo de FCT en período ordinario será o mes de xuño, e poderá iniciarse no mes de maio, tendo en conta que a sesión de avaliación final do alumnado do primeiro curso de programas de cualificación profesional inicial se realizará a partir do 21 de xuño, consonte o disposto no punto 3.1 do artigo 12 da Orde do 13 de xuño de 2012 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2012/13 nos centros docentes sostidos con fondos públicos.

2. O alumnado non apto no módulo de formación en centros de traballo ou que recuperase os módulos pendentes na avaliación final de módulos deberá formalizar unha nova matrícula no curso académico seguinte para cursar o módulo de formación en centros de traballo en período extraordinario.

3. Con carácter xeral, o período de realización do módulo de FCT en período extraordinario será o mes de setembro. Ao seu remate terá lugar a sesión de avaliación final extraordinaria de módulos do primeiro curso.

Cuarto. Realización das sesións de avaliación na modalidade B

As sesións de avaliación na modalidade B realizaranse no centro en que figure matriculado o alumnado do programa. Para tal fin, as xefaturas de estudos dos centros implicados coordinarán as datas e os horarios de avaliación.

Quinto. Convenios específicos de colaboración na modalidade C mixta

1. Para a sinatura de convenios específicos de colaboración para a realización dos módulos específicos profesionais na modalidade C mixta, así como para a posible rescisión destes, aplicarase o establecido na disposición cuarta da Orde do 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo profesional de formación en centros de traballo da formación profesional inicial, para o alumnado matriculado en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Para o establecemento da duración dos convenios específicos de colaboración a que se refire o punto anterior desta disposición terase en conta que a sesión de avaliación final do alumnado do primeiro curso de programas de cualificación profesional inicial se realizará a partir do 21 de xuño, consonte o disposto no punto 3.1 do artigo 12 da Orde do 13 de xuño de 2012 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2012/13 nos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Sexto. Programación dos módulos específicos profesionais na modalidade C mixta. Plan individualizado

1. A realización dos módulos específicos profesionais na modalidade C mixta exixirá a elaboración, polo titor ou a titora do programa, dun plan individualizado de formación, consistente nun conxunto de actividades formativo-produtivas de referencia en relación cos resultados de aprendizaxe recollidos no perfil do programa, que o alumnado terá que realizar nos centros de traballo durante as horas e os períodos establecidos para tal fin.

2. De xeito excepcional, cando se constate que nalgunhas zonas ou nalgúns sectores o posto formativo ofrecido por un centro de traballo sexa insuficiente para alcanzar todos os resultados de aprendizaxe necesarios para a consecución da competencia profesional recollida no perfil do programa, o titor ou a titora poderá seleccionar un segundo centro de traballo que permita completar a formación requirida. Nese caso, formalizarase un plan individualizado de formación específico para cada empresa ou centro de traballo.

O anterior será de aplicación en caso de que o horario produtivo dunha empresa ou dun centro de traballo sexa insuficiente para completar o número total de horas de formación correspondentes aos módulos específicos profesionais.

Sétimo. Seguimento dos módulos específicos profesionais na modalidade C mixta

1. O titor ou a titora do centro educativo establecerá canles de comunicación coa persoa designada para realizar as tarefas de titoría e seguimento do centro de traballo que garantan o seguimento e a avaliación do alumnado do programa. Establecerán un calendario de visitas aos centros de traballo que incluirá, ademais das previas para a xestión, un mínimo dunha visita mensual de seguimento para observar directamente as actividades que o alumnado realice e rexistrar o seu propio seguimento, co fin de verificar a consecución das competencias profesionais propias da cualificación profesional.

2. Ademais das visitas aos centros de traballo, a hora de titoría semanal no centro educativo aproveitarase para realizar actividades de seguimento, asesoramento e apoio.

3. Para a compensación dos gastos derivados do seguimento dos módulos específicos profesionais na modalidade C mixta observarase o disposto nos puntos 3, 4, 5 e 6 da disposición sétima da Orde do 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo profesional de formación en centros de traballo da formación profesional inicial, para o alumnado matriculado en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. O profesorado encargado do seguimento dos módulos específicos profesionais na modalidade C mixta terá dereito a unha redución de ata tres períodos lectivos, consonte se establece para a titoría de ciclos formativos no artigo 84 da Orde do 1 de agosto de 1997 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996, polo que se aproba o regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria e se establece a súa organización e o seu funcionamento.

Octavo. Terceira avaliación parcial e avaliación final de módulos na modalidade C mixta

1. Na terceira avaliación parcial rexistrarase para todo o alumnado un «accede» no módulo de formación en centros de traballo con independencia da cualificación do resto de módulos do curso.

2. Entre a terceira avaliación parcial e a avaliación final de módulos do primeiro curso deixarase un período non superior a un mes que se destinará ás actividades a que se fai referencia no artigo 30.5 da citada Orde do 13 de xullo de 2011 no centro educativo e á formación dos módulos profesionais na empresa, mantendo o horario previsto no curso.

3. Na avaliación final de módulos do primeiro curso só se poderá pór «apto» no módulo de formación en centros de traballo ao alumnado que teña superados os restantes módulos do primeiro curso.

Noveno. Renuncia ao módulo de formación en centros de traballo nos programas de cualificación profesional inicial.

1. Logo de iniciado o módulo de formación en centros de traballo, poderase renunciar a el sempre que se dea algunha das circunstancias recollidas no artigo 22.1 da Orde do 13 de xullo de 2011 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia. As solicitudes deberán presentarse perante o director ou a directora do centro nun prazo de, polo menos, dez días hábiles antes da avaliación final de módulos correspondente.

2. O alumnado procedente de renuncia nas modalidades A e B poderá realizar, por unha soa vez, o módulo de FCT en período extraordinario no mes de setembro, e non se terán en conta as xornadas realizadas antes de solicitar a renuncia.

Décimo. Rescisión de convenios

1. O centro procederá á baixa de oficio do alumnado excluído dun convenio para a realización dos módulos específicos profesionais na modalidade C mixta, ou do módulo de FCT no resto das modalidades, nos casos recollidos no punto 3 da disposición cuarta da citada Orde do 28 de febreiro de 2007.

Non procederá a baixa de oficio con respecto ao alumnado incorporado ao programa en idade de escolarización obrigatoria, que poderá ser reincorporado ao nivel de educación secundaria obrigatoria de procedencia, consonte o establecido nos artigos 23.6 e 24 da citada Orde do 13 de xullo de 2011.

2. A Administración educativa garantirá un novo posto formativo nos casos en que as causas de rescisión do convenio non sexan imputables ao alumnado.

Décimo primeiro. Horario do profesorado de centros públicos previo á avaliación final

Mentres o alumnado do programa de cualificación profesional inicial estea a realizar o módulo profesional de formación en centros de traballo, e logo de realizada a terceira avaliación parcial de módulos do primeiro curso na modalidade C mixta e no réxime integrado para o período a que se refire o artigo 34.1 da citada Orde do 12 de xullo de 2011, manterase o horario previsto no centro educativo para os módulos, ata a sesión de avaliación final de módulos correspondente, consonte o establecido nos artigos 30.5, 34.4 e 36.5 da citada Orde do 13 de xullo de 2011. Durante este período, o profesorado con atribución docente no programa de cualificación profesional inicial realizará, entre outras, algunha das seguintes actividades:

a) Impartición e avaliación de actividades de recuperación ao alumnado que teña pendente de superar algún módulo.

b) Realización de actividades de preparación para as probas de acceso a ciclos de grao medio e/ou de iniciación aos módulos do segundo curso do programa e/ou de reforzo dos módulos profesionais, de ser o caso.

c) Apoio e reforzo naqueles módulos con alumnado repetidor, pertencentes ás ensinanzas de formación profesional inicial da mesma familia profesional, para os que se teña atribución docente segundo figura nos correspondentes currículos.

d) Apoio á titoría do programa, e á coordinación e seguimento da FCT.

e) Realización voluntaria de operacións programadas polo departamento para a mellora das instalacións onde se imparta o programa de cualificación profesional inicial.

f) Impartición de actividades formativas e accións que se desenvolvan nos centros integrados de formación profesional.

g) Outras que a dirección do centro lle encomende, dentro do seu ámbito de competencias.

Décimo segundo. Módulos profesionais de oferta de centro no réxime integrado

Os centros autorizados para ofrecer o primeiro curso dun programa de cualificación profesional inicial polo réxime integrado seleccionarán, doutro perfil profesional, un módulo profesional de oferta de centro dos que se recollen no anexo da presente resolución, de acordo co establecido no artigo 12.2.b) da Orde do 13 de xullo de 2011 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición adicional primeira. Matrícula no segundo curso por promoción na avaliación final extraordinaria

O alumnado que tras a avaliación final extraordinaria do presente curso teña superados todos os módulos de primeiro poderá formalizar a matrícula no segundo curso, que quedará condicionada á existencia de prazas vacantes, nalgún dos centros autorizados na oferta de segundo curso de programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2012/13.

Disposición adicional segunda. Avaliación dos módulos voluntarios do programa

Consonte o establecido no artigo 19.4 da citada Orde do 13 de xullo de 2011, o alumnado do segundo curso dos programas de cualificación profesional inicial poderá ser avaliado dos módulos voluntarios nas mesmas condicións que as establecidas na normativa vixente da educación secundaria para persoas adultas para os ámbitos do módulo catro.

Disposición derradeira única

Esta resolución entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2012

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

Módulos profesionais de oferta de centro autorizados para o réxime integrado

Familia profesional

Código do perfil

Denominación do perfil

Código

Módulo profesional

Actividades físicas e deportivas

PAFD01

PCPI de asistencia en actividades e en instalacións deportivas

ME0116

Asistencia a técnicos deportivos na organización de espazos, actividades e material.

ME0117

Operacións preventivas de seguridade e asistencia en caso de emerxencia.

Administración e xestión

PADG01

PCPI de servizos administrativos

ME0021

Operacións administrativas e de comunicación.

ME0022

Arquivo e reprografía.

Agraria

PAGA03

PCPI de arranxos florais

ME0050

Operacións auxiliares de mantemento de instalacións, maquinaria, equipamentos e ferramentas de floraría.

ME0051

Recepción e acondicionamento de materias primas e materiais de floraría.

ME0053

Servizos básicos de floraría e atención ao público.

PAGA04

PCPI de gandaría

ME0157

Reprodución gandeira.

ME0158

Manexo da produción en explotacións gandeiras.

ME0159

Pastoreo de gando.

ME0160

Mantemento de instalacións e manexo de maquinaria e equipamentos en explotacións gandeiras.

Artes gráficas

PARG01

PCPI de reprografía

ME0092

Recepción e despacho de traballos.

PARG02

PCPI de operacións en industrias gráficas

ME0123

Equipamentos informáticos e periféricos en industrias gráficas.

ME0124

Empaquetaxe, amoreamento e paletización en industrias gráficas.

ME0125

Manipulación de cargas con carretas elevadoras.

Comercio e márketing

PCOM01

PCPI de comercio

ME0084

Preparación de pedidos.

ME0086

Atención básica á clientela.

Edificación e obra civil

PEOC01

PCPI de albanelaría

ME0059

Labores auxiliares de obra.

ME0060

Pastas, morteiros, adhesivos e formigóns.

ME0061

Obras de fábrica para revestir.

ME0062

Vertentes de cubricións.

PEOC02

PCPI de revestimentos de obra

ME0059

Labores auxiliares de obra.

ME0060

Pastas, morteiros, adhesivos e formigóns.

ME0079

Tratamento dos soportes para revestimentos na construción.

ME0080

Revocaduras e gornecementos.

ME0081

Pintura e materiais de imprimación e protectores na construción.

ME0059

Labores auxiliares de obra.

Electricidade e electrónica

PELE03

PCPI de montaxe e mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos

ME0145

Ensamblaxe na montaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos.

ME0146

Conexión na montaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos.

Hostalaría e turismo

PHOT01

PCPI de cociña

ME0039

Aprovisionamento, seguridade e hixiene.

PHOT02

PCPI de servizos de restauración

ME0039

Aprovisionamento, seguridade e hixiene.

Imaxe persoal

PIMP01

PCPI de estética

ME0025

Coidados estéticos básicos de uñas.

ME0026

Depilación mecánica e descoloración da peluxe.

ME0027

Maquillaxe social.

PIMP02

PCPI de peiteado

ME0025

Coidados estéticos básicos de uñas.

ME0029

Hixiene e asepsia aplicadas ao peiteado.

ME0030

Montaxes para cambios de forma e inicio do peiteado.

ME0031

Aplicación de cosméticos para os cambios de cor do cabelo.

Industrias extractivas

PIEX01

PCPI de pedra natural

ME0127

Manipulación de bloques, bolos e rachóns.

ME0129

Manipulación de cargas con carretas elevadoras.

Informática e comunicacións

PIFC01

PCPI de informática

ME0009

Mantemento de sistemas microinformáticos.

Madeira, moble e cortiza

PMAM01

PCPI de carpintaría

ME0014

Instalación e embalaxe.

Marítimo-pesqueira

PMAP01

PCPI de pesca e transporte marítimo

ME0073

Manobra e mantemento do buque.

ME0074

Garda de navegación e goberno do buque.

ME0076

Garda de navegación na cámara de máquinas e operacións auxiliares.

ME0077

Seguridade, primeiros auxilios e respecto polo ambiente.

Química

PQUI01

PCPI de almacenaxe en industrias e laboratorios químicos

ME0153

Limpeza e desinfección en laboratorios e industrias químicas.

Sanidade

PSAN01

PCPI de traslado e mobilización en centros sanitarios

ME0149

Comunicación de información, e ordenación e traslado de documentos, materiais e equipamentos.

Servizos socioculturais e á comunidade

PSSC01

PCPI de emprego doméstico

ME0088

Limpeza doméstica.

PSSC02

PCPI de limpeza de edificios, locais e moblaxe

ME0099

Limpeza, tratamento e mantemento de chans, paredes e teitos.

ME0100

Limpeza de moblaxe interior.

Téxtil, confección e pel

PTCP01

PCPI de costura

ME0055

Atención á clientela.

ME0056

Materiais, ferramentas, máquinas e equipamentos de confección.

PTCP02

PCPI de reparación de calzado e marroquinaría

ME0107

Materiais e servizos en reparación de calzado e marroquinaría.

ME0108

Reparación de artigos de marroquinaría.

PTCP03

PCPI de tapizaría

ME0111

Materiais e servizos en tapizaría.

ME0113

Enteado de paredes e tapizado de paneis murais.

PTCP04

PCPI de cortinaxe e complementos de decoración

ME0132

Iniciación en materiais, produtos e procesos téxtiles.

PTCP05

PCPI de lavandaría

ME0136

Materiais e artigos téxtiles.

ME0137

Lavado acuoso de roupa.

ME0138

Lavado en seco de roupa.

Mantemento de vehículos autopropulsados

PTMV01

PCPI de mantemento de vehículos

ME0016

Mecanizado básico.

PTMV02

PCPI de mantemento estrutural e superficial de embarcacións

ME0143

Reparación de elementos de plástico reforzado con fibra.

Vidro e cerámica

PVIC01

PCPI de cerámica

ME0064

Coadura e reprodución.

ME0066

Esmaltado e decoración manual.

ME0067

Cocción.