Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 14 de agosto de 2012 Páx. 32816

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Samos

ANUNCIO de publicación das bases que rexerán o proceso de selección de persoal.

No BOP nº 74, do 1 de abril de 2011, con modificación publicada no BOP nº 222, do 27 de setembro, publicáronse as bases que rexerán o proceso de selección, mediante concurso-oposición, de dúas prazas de persoal laboral fixo para xerente de vivenda comunitaria e auxiliar de axuda no fogar.

O prazo de presentación de solicitudes é de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no BOP e no taboleiro de anuncios deste concello, segundo dispoñan en cada caso as bases.

Samos, 21 de xullo de 2012

Julio Gallego Moure
Alcalde