Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 29 de agosto de 2012 Páx. 34628

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización da contratación pola Consellería de Sanidade do servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria de sensibilización e promoción do consumo de medicamentos xenéricos entre a poboación galega (AB-CON1-12-002).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-CON1-12-002.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: desenvolvemento da campaña publicitaria de sensibilización e promoción do consumo de medicamentos xenéricos entre a poboación galega.

c) Lotes (de ser o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 79341000-6.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

h) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia nº 24, do 3 de febreiro de 2012.

Boletín Oficial del Estado nº 32, do 7 de febreiro de 2012.

Diario Oficial de la Unión Europea nº 2012/S 19-031099, do 28 de xaneiro de 2012.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 2.200.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 1.000.000 de euros. Importe total: 1.180.000 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 28.6.2012.

b) Data de formalización do contrato: 20.7.2012.

c) Contratista: Avante Galicia Marketing y Medios, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 1.000.000 de euros. Importe total: 1.180.000 euros.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2012

P.D. (Resolución do 6 de agosto de 2012)
Paula Mª Camba Loureda
Subdirectora xeral de Compras e Servizos