Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 7 de setembro de 2012 Páx. 35546

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

ORDE do 20 de agosto de 2012 pola que se establecen os prezos privados de venda ao público de cartografía e imaxes (ortofotos e fotografía aérea) polo Instituto de Estudos do Territorio (IET).

A través da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, creouse o Instituto de Estudos do Territorio, cuxo artigo 10 foi posteriormente modificado pola disposición derradeira cuarta da Lei 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, que engadiu, entre as funcións do devandito instituto, a de recompilación e tratamento da información do territorio galego, así como a produción cartográfica para as diferentes consellerías e organismos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, especialmente en materia agraria e de desenvolvemento rural, a cal aparece explicitamente recollida nos seus estatutos, aprobados polo Decreto 244/2011, do 29 de decembro.

A función anteriormente indicada está en estreita vinculación coas asignadas á Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía, creada polo Decreto 148/2003, do 9 de xaneiro. As numerosas modificacións do Decreto 148/2003, do 9 de xaneiro, fixeron necesario recollelas nun só texto, aprobado polo Decreto 172/2012, do 1 de agosto, polo que se regula a Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía, publicado no Diario Oficial de Galicia do 20 de agosto de 2012.

En consecuencia, resulta imprescindible determinar os diferentes produtos de cartografía e imaxes (ortofotos e fotografía aérea) que se poden ofrecer e cuxa relación, detallada e permanentemente actualizada, figura na páxina web http://sitga.xunta.es/cartografia, e para os cales deberán aplicarse prezos privados, de acordo co establecido na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. A dita lei, no seu artigo 51, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia. Para cumprir este mandato, vista a proposta formulada polo Instituto de Estudos do Territorio e logo do preceptivo informe favorable da Dirección Xeral de Tributos da Consellería de Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde ten como obxecto a fixación dos prezos privados que se deberán satisfacer ao Instituto de Estudos do Territorio pola entrega dos produtos que se especifican no anexo a esta orde.

Artigo 2. Suxeitos obrigados ao pagamento

1. Son suxeitos obrigados ao pagamento as persoas físicas e xurídicas que soliciten ao Instituto de Estudos do Territorio algún dos produtos que se especifican nesta orde.

2. Os organismos da Administración pública da Xunta de Galicia, definidos no artigo 3 da Lei 6/2003, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, non estarán suxeitos a esta orde.

Artigo 3. Contía dos prezos

1. Os prezos privados pola entrega de determinados produtos por parte do Instituto de Estudos do Territorio son os que figuran no anexo da presente orde.

2. Os prezos a que se refire esta orde veranse incrementados co IVE ao tipo xeral que estea vixente no momento da transacción.

Artigo 4. Actualización de prezos

Os prezos regulados nesta orde actualizaranse o un de xaneiro de cada ano, na mesma proporción que a variación interanual experimentada polo índice xeral de prezos de consumo para o conxunto nacional total (IPC, base 2006), no mes de outubro, calculado polo Instituto Nacional de Estatística. Os prezos así actualizados deberán facerse públicos mediante resolución da persoa titular da Dirección do Instituto de Estudos do Territorio, que será publicada no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 5. Forma de liquidación e pagamento

O pagamento dos prezos deberá terse realizado no momento de presentar ante o Instituto de Estudos do Territorio a solicitude dalgún dos produtos –requisito previo e necesario para a realización da entrega–, axustándose ao establecido na normativa pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria de taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derrogatoria

Cando entre en vigor desta orde, queda derrogada a Orde do 22 de setembro de 1998 da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda pola que se establecen os prezos privados exixibles pola prestación do servizo de venda de cartografía xestionado pola consellería.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2012

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO
Cartografía e fotografía aérea en soporte papel

Produto

Formato

Prezo venda ao público (IVE non incluído)

Cartografía papel normal 90 g/m2

ISO A0

13,25 €

Cartografía papel recuberto 140 g/m2

ISO A0

15,51 €

Cartografía papel fotográfico

ISO A0

17,18 €

Cartografía papel normal 90 g/m2

ISO A1

12,36 €

Cartografía papel recuberto 140 g/m2

ISO A1

13,50 €

Cartografía papel fotográfico

ISO A1

14,33 €

Cartografía papel normal 80 g/m2

ISO A3

10,66 €

Cartografía papel normal 80 g/m2

ISO A4

5,47 €

Imaxes papel recuberto 140 g/m2

ISO A0

15,51 €

Imaxes papel fotográfico

ISO A0

17,18 €

Imaxes papel recuberto 140 g/m2

ISO A1

13,50 €

Imaxes papel fotográfico

ISO A1

14,33 €

Imaxes papel normal 80 g/m2

ISO A3

10,66 €

Imaxes papel normal 80 g/m2

ISO A4

5,47 €

Cartografía e fotografía aérea en soporte dixital

Produto

Formato

Prezo venda ao público (IVE non incluído)

Información en CD ata 700 Mb

Dixital

8,73 €

Información en DVD ata 4,7 Gb

Dixital

14,77 €

Información en disco duro con capacidade igual ou superior a 300 Gb

Dixital

108,06 €

Información por Gb (en soporte facilitado polo cliente)

Dixital

2,09 €

Copia de imaxes en laboratorio fotográfico

Voo novo en B/N 1/20.000 anos 1999-2000

Prezo venda ao público (IVE non incluído)

Contacto B/N

9,96 €

Ampliación B/N 50×50

29,43 €

Ampliación B/N 100×100

51,98 €

Diapositiva B/N

10,98 €

Internegativo

18,16 €

Voo existente en B/N anos 1994-1995-1996

Contacto B/N

16,72 €

Ampliación B/N 50×50

44,30 €

Ampliación B/N 100×100

72,46 €

Diapositiva B/N

21,24 €

Internegativo

21,24 €

Voo en cor 1/20.000 anos 1999-2000-2004

Contacto cor

10,98 €

Ampliación cor 50×50

41,72 €

Ampliación cor 100×100

84,78 €

Diapositiva cor

17,33 €

Internegativo

46,33 €

Transparencia duratrans 50×50

69,39 €

Transparencia duratrans 100×100

106,29 €

Voo existente en cor anos 1994-1995-1996

Contacto cor

16,62 €

Ampliación cor 50×50

64,26 €

Ampliación cor 100×100

159,60 €

Diapositiva cor

69,41 €

Internegativo

69,41 €

Escaneados orixinais

Resolución 15 micras

84,34 €

Resolución 21 micras

67,26 €

Resolución 28 micras

46,85 €

Resolución 40 micras

28,81 €