Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx. 36780

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2012 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este organismo no segundo cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2012, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2012

Adela Quinzá-Torroja García
Directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

ANEXO

Convenio

Obxecto

Importe achegado polo ISSGA

Data sinatura

Acordo marco de colaboración entre a Universidade de Vigo e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral para o desenvolvemento de actividades de formación, investigación e divulgación en materia de prevención de riscos laborais.

O establecemento dun marco de actuación para a colaboración entre a Universidade de Vigo e o ISSGA en actividades comprendidas no eido da seguridade e saúde laborais, mellora das condicións de traballo e prevención de riscos laborais, mediante a achega da experiencia e coñecementos técnicos de ambas as dúas entidades.

0,00 €

3.7.2012

Acordo marco de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Federación Galega de Municipios e Provincias para o desenvolvemento de actividades de formación e información en materia de prevención de riscos laborais e seguridade e saúde no traballo.

O establecemento de canles de colaboración para o desenvolvemento de actividades de información e formación en prevención de riscos laborais no ámbito da Administración local, así como calquera outra actividade desenvolvida para lograr a mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo, a redución dos riscos laborais, a investigación e fomento de novas formas de protección e promoción de estruturas eficaces de prevención.

0,00 €

29.8.2012