A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación de ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vaia realizar.
En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo coas seguintes bases:
1. Denominación do curso: curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.
2. Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.
3. Data: do 22 ao 26 de outubro de 2012.
4. Lugar de celebración: Prodemar Camariñas, Cabo Vilán, s/n. 15123 Camariñas, A Coruña.
5. Número de prazas: máximo 25 alumnos.
6. Dirixido a: todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.
7. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción de inscricións.
8. Presentación de solicitudes: solicitude segundo o modelo do anexo.
9. Programa.
Día 22.10.2012 |
|
16.00-16.30 h |
Introdución. |
16.30-17.00 h |
Lexislación. |
17.00-18.30 h |
Praguicidas. Descrición e xeneralidades. |
18.30-20.00 h |
Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria. |
Día 23.10.2012 |
|
16.00-17.30 h |
Métodos de loita antivectorial. |
17.30-20.00 h |
Técnicas de aplicación de praguicidas. |
Día 24.10.2012 |
|
16.00-17.00 h |
Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas. |
17.00-18.30 h |
Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases. |
18.30-20.00 h |
Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación. |
Día 25.10.2012 |
|
16.00-17.00 h |
Preparación de disolucións de produtos. |
17.00-18.00 h |
Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas. |
18.00-20.00 h |
Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas. |
Día 26.10.2012 |
|
16.00-18.00 h |
Boas prácticas de almacenamento de praguicidas. |
18.00-20.00 h |
Resolución de exercicios prácticos. |
20.00-21.00 h |
Avaliación tipo test resposta múltiple. |
10. Certificado de superación do curso.
É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.
Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2012
Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico
Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.
Datas: do 22 ao 26 de outubro de 2012.
Lugar de realización do curso: Prodemar Camariñas, Cabo Vilán, s/n. 15123 Camariñas, A Coruña.
Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.
Horario: do 22 ao 25 de outubro, das 16.00 ás 20.00 horas e o 26 de outubro das 16.00 ás 21.00 horas.
Nº de prazas: máximo 25 alumnos.
Presentación de solicitudes: enviarase a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., av. da Mahía, 106, baixo, 15220 Bertamiráns-Ames (A Coruña). Teléfono: 981 88 69 24/639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45. Correo electrónico: saneacontrol@yahoo.es
Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.
Nome: |
Apelidos: |
||||
Cargo/actividade desempeñada: |
|||||
Empresa: |
Sector actividade: |
||||
Enderezo: |
CP: |
||||
Localidade: |
Provincia: |
||||
Telefono: |
Fax: |
Correo electrónico: |