Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2012 Páx. 38608

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 21 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes INC-CO-0018-2012 BIO e INC-CO-0199-2012 IPR.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola instrutora do expediente e polo xefe territorial, respectivamente.

As comparecencias deberanse efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse as comparecencias, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 21 de setembro de 2012

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: INC-CO-0018-2012 BIO.

Denunciada: Manuela Sánchez Seijas.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-CO-0199-2012 IPR.

Denunciado: Jorge Guerreiro Rego.

Acto de notificación: acordo de inicio.