Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2012 Páx. 38605

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 20 de setembro de 2012, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo ao expediente 116/76.

Na sesión realizada polo Xurado Provincial coa data do 17 de setembro de 2012, figura o acordo seguinte:

Monte de Lamela (expediente 116/76), pertencente aos veciños da parroquia de Lamela, no termo municipal de Guntín, e clasificado como veciñal en man común por Resolución do Xurado Provincial con data do 28 de novembro de 1977. Na reunión do Xurado do 11 de xuño de 2003 acordouse dar cumprimento ao establecido na sentenza nº 93 do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Lugo do 25 de xuño de 2001, na que se declaraba que o monte de Lamela está constituído exclusivamente pola porción de monte denominada A Chaira, descrita no feito cuarto da demanda, declarando mesmamente que o resto do terreo debía excluírse da clasificación por estar constituído por predios pertencentes aos demandantes. Do devandito acordo deuse traslado ao Servizo de Montes, para adaptar a superficie e planimetría á sentenza, quedando o monte cunha superficie de 5,47 ha. Con data do 26 de xuño de 2012 ten entrada escrito de Secundino Rodríguez Rodríguez, veciño de Lamela, como propietario afectado, no que manifesta, en resumo, que a superficie da parcela A Chaira mencionada na devandita sentenza, é de 1,25 ha, e que a planimetría elaborada no seu momento polo Servizo de Montes non se adapta ao aprobado xudicialmente, remitíndose a estes efectos ao contido íntegro da resolución xudicial e ao plano pericial achegado no xuízo. Unha vez traslado do escrito e da documentación ao Servizo de Montes, con data do 9 de xullo de 2012 recíbese nota interior, en que se especifica que, realizadas as oportunas comprobacións coa documentación achegada, o monte de Lamela queda reducido ao terreo coñecido como A Chaira, cunha superficie de 1,25 ha, xuntando plano da situación actual do monte veciñal coa nova superficie. Examinada a devandita sentenza e nota interior, o xurado, por unanimidade, acorda dar adecuado cumprimento ao establecido nela, e proceder ás correccións oportunas, coa incorporación do novo plano referido ao expediente de clasificación.

Ao descoñecer o nome e o enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre os referidos montes, por medio do presente edicto, e conforme ao disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ponse no seu coñecemento o devandito acordo.

Lugo, 20 de setembro de 2012

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado de Montes Veciñais en Man Común de Lugo