Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2012 Páx. 38619

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Celanova

ANUNCIO de información pública sobre licenza de garaxe e reparación de pneumáticos.

Tras ser solicitada a licenza de garaxe e reparación de pneumáticos, sometida a avaliación de incidencia ambiental, por Anpian, S.A., representada por Antonio Piña, no Parque Empresarial (parcelas 38 e 39), neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento da normativa vixente sobre avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública por termo de vinte días, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, exposición no taboleiro de anuncios do Concello e notificación da apertura do dito trámite persoalmente aos veciños e titulares de dereitos inmediatos ao lugar da localización proposto, para que os posibles afectados poidan alegar o que consideren oportuno.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Celanova, 18 de setembro de 2012

Mª del Pilar Regueiro López
Alcaldesa en funcións