Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2012 Páx. 38617

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baleira

ANUNCIO de información pública sobre construción de nave de vacún de carne libre, almacén e fosa de xurro en Baleira.

José Manuel Villar Neira, en representación de Casa Pardo, S.C., solicitou neste concello licenza para a construción de nave de vacún de carne libre, almacén e fosa de xurro, segundo proxecto redactado pola enxeñeira técnica agrícola Manuela Vázquez Queizán e visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas o 19 de xuño de 2012 (número 366), que se situará na parcela 50 do polígono 77 da rústica de Baleira (referencia catastral 27004A077000500000ET).

De conformidade co regulado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, o expediente sométese ao trámite de información pública por un período de vinte días –que se contarán a partir do último dos anuncios– mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia de Lugo e exposición no taboleiro de anuncios do concello. Durante o devandito prazo poderán formularse por escrito as alegacións, reclamacións e/ou observacións que se consideren oportunas en relación co mencionado expediente.

O expediente poderá consultarse na Casa do Concello de Baleira, de luns a venres das 8.00 ás 15.00 horas.

Baleira, 1 de outubro de 2012

Francisco Acal Eiros
Alcalde