Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2012 Páx. 39247

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se publica o acordo de deixar sen efecto, para o ano 2012, o disposto na norma II.4.3.1 do Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade.

A norma II.4.3.1 do pacto subscrito pola Administración sanitaria de Galicia e as centrais sindicais CC.OO., Cemsatse, CIG, CSIF e USAE, publicado no DOG nº 89, do 9 de maio de 2011, mediante Resolución conxunta do 26 de abril de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade e da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, sobre selección de persoal estatutario temporal no ámbito do Servizo Galego de Saúde e das entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade, establece que, con carácter xeral, as listas de selección temporal se xerarán con data do 31 de outubro de cada ano.

Tendo en conta o estado de desenvolvemento en que se atopan os procesos de inscrición abertos na actualidade e as previsións da apertura das restantes listaxes, a cal terá lugar nas próximas datas, esta Dirección de Recursos Humanos, logo do acordo acadado no seo da Comisión central de seguimento do Pacto de selección temporal do 13 de setembro de 2012, en uso das competencias conferidas contidas no Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, resolve publicar o seguinte acordo:

Deixar sen efecto para o ano 2012 a aplicación automática da cláusula II.4.3.1 que establece que, con carácter xeral, as listas se xerarán na data 31 de outubro de cada ano.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2012

Esperanza Fernandez Lago
Directora de Recursos Humanos