Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2012 Páx. 39438

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2012 pola que se procede á publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 29 de maio de 2012 (Diario Oficial de Galicia número 110, do 11 de xuño) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a empresas galegas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan Estratéxico do Téxtil. Visión 2020 e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (código de procedemento IN515B).

O conselleiro de Economía e Industria, con data do 21 de setembro de 2012, ditou resolución das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 29 de maio de 2012 (DOG nº 110, do 11 de xuño) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a empresas galegas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan Estratéxico do Téxtil. Visión 2020 e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

O artigo 21 das bases reguladoras da orde dispón:

«No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención».

Na súa virtude,

RESOLVO:

Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da relación de beneficiarios de subvención. Esta relación figura como anexo desta resolución.

Estas subvencións financiaranse co crédito ampliable correspondente á aplicación orzamentaria 08.03.751A.771.1, Axudas á promoción e internacionalización do sector téxtil-moda-confección, por un importe de 900.000 euros.

Contra a resolución de concesión, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso:

a) Recurso potestativo de reposición ante o órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

b) Ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Todo isto sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que coiden oportuno.

Os solicitantes que non aparecen no devandito anexo deberán entender que non se lles concedeu a subvención. As correspondentes resolucións serán notificadas individualmente, con indicación das súas causas.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2012

P.D. (Orde 30.4.2009, DOG nº 87)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO
Subvencións concedidas

Código expediente

Beneficiario

DNI/CIF

Proxecto

Importe subvención

IN515B-2012-025

Aguamarina Nova, S.L.

B72200587

Actuacións de difusión e promoción

25.033,20 €

IN515B-2012-013

Bimba & Lola, S.L.U.

B36950970

Actuacións de difusión, promoción e acceso a mercados

36.000,00 €

IN515B-2012-033

Bravotex Iberica, S.L.

B36905529

Promoción moda

7.548,35 €

IN515B-2012-022

Carmen Melero Costume, S.L.

B15133093

Plan estratexico do téxtil. Visión 2020

20.718,43 €

IN515B-2012-023

Celtic Estores, S.L.

B36366391

Consolidación nos mercados de Francia, Italia e Bélxica

17.971,77 €

IN515B-2012-068

Chao García María

34635243A

Difusión e divulgación

11.111,08 €

IN515B-2012-024

Choiva, S.L.

B36049831

Actuacións de promoción e difusión

18.114,33 €

IN515B-2012-032

Confeccciones MRF, S.A.

A15044852

Internacionalización D-DUE

43.391,93 €

IN515B-2012-001

Confecciones Esquío, S.A.

A15093263

Estratexias de internacionalización das marcas Alba Conde e AC

60.000,00 €

IN515B-2012-037

Confecciones Guerral, S.A.

A36027449

Estratexias de internacionalización para Guerral

38.625,10 €

IN515B-2012-050

Confecciones Gundemaro, S.L.

B36885838

Actuacións de difusión e de promoción

3.260,24 €

IN515B-2012-029

Confecciones Hortensia, S.L.

B15068026

Proxecto de difusión e promoción nacional e internacional

12.785,00 €

IN515B-2012-047

Creaciones Foque, S.L.U.

B36621548

Foque: promoción e internacionalización 2012

42.303,89 €

IN515B-2012-049

Creaciones Paz Rodríguez, S.L.

B27766708

Actuacións de promoción internacional de Paz Rodríguez, S.L.

33.457,60 €

IN515B-2012-003

Eduardo Guillén, S.L.

B15844806

Participación en feiras fóra da Comunidade Autónoma de Galicia

33.229,54 €

IN515B-2012-028

Ene Bianca, S.L.

B70118435

Elaboración de material promocional

11.888,87 €

IN515B-2012-052

Galuppo Sport Clothes, S.L.

B15787823

Actuacións de internacionalización

11.287,18 €

IN515B-2012-040

Javier Celso Paz Carballeira

33861759D

Participación en eventos internacionais

6.715,77 €

IN515B-2012-002

Makari, S.A.

A36639813

Asistencia a feiras

11.738,06 €

IN515B-2012-020

Marga Novas, S.L.

B36809812

Actuacións de promoción e difusión

12.652,20 €

IN515B-2012-046

Mino Mora, S.L.

B36105708

Participación en feiras internacionais

21.704,02 €

IN515B-2012-008

Mouriño, S.A.

A15231350

Difusión e divulgación-Promoción

8.571,92 €

IN515B-2012-043

Naxxai Wear, S.L.

B36910602

Actuacións Naxxai Wear no exterior 2012

7.082,35 €

IN515B-2012-030

Nvo, S.L.U.

B36795805

Promocion exterior

5.649,10 €

IN515B-2012-038

Patricia Avendaño, S.A.

A36869683

Campaña de promoción 2012

57.844,78 €

IN515B-2012-012

Pili Carrera, S.A.

A36016574

Proxecto de promoción e internacionalización Pili Carrera ano 2012

48.000,00 €

IN515B-2012-039

Piu Punto, S.L.

B27425958

Plan de promoción internacional

31.800,00 €

IN515B-2012-058

Poe and You, S.L.U.

B70273529

Actuacións de difusión e promoción

12.289,95 €

IN515B-2012-021

Ponte Punto, S.A.

A36308997

Elaboración material promocional e asistencia a feiras

7.361,67 €

IN515B-2012-031

Sagres

B36028991

Realización de estratexias de promoción e internacionalización

16.145,65 €

IN515B-2012-063

Selmark, S.L.U.

B36610525

Accións de difusión e promoción da marca

47.793,20 €

IN515B-2012-041

Studio Masscob, S.L.

B15877830

Internacionalización empresas sector téxtil moda

29.950,99 €

IN515B-2012-011

Textilmendo, S.L.

B15676034

Actuación de promoción e difusión

19.977,89 €

IN515B-2012-062

Tinge Union, S.L.U.

B36274280

Plan de expansión de marca Forgus dirixida ao mercado francés

21.600,00 €

IN515B-2012-006

Vicaro Confección, S.L.

B70070941

Actuacións de promoción e internacionalización Vicaro 2012

48.000,00 €

IN515B-2012-053

Viriato, S.A.

A15024482

Actuacións e estratexias de promoción e internacionalización de Viriato, S.A.

44.595,01 €