Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2012 Páx. 39444

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o perfil do programa de cualificación profesional inicial de gandaría en Galicia.

O Real decreto 665/2007, do 25 de maio, estableceu, entre outras, a cualificación profesional de nivel 1 de actividades auxiliares en gandaría, pertencente á familia profesional de agraria, así como os módulos formativos asociados ás unidades de competencia de que se compoñen.

O Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, recolle na súa disposición adicional terceira que os módulos específicos asociados a unidades de competencia de cualificacións profesionais de nivel 1 incluídos nos programas de cualificación profesional inicial desenvolven a competencia do perfil profesional, e formarán parte da formación profesional do sistema educativo, e determina que a consellería con competencias en materia de educación establecerá o currículo dos módulos específicos dos respectivos perfís profesionais conforme o tecido produtivo de Galicia.

A Orde do 13 de xullo de 2011 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia establece, no seu artigo 7, que os currículos dos módulos específicos dos perfís profesionais que se establezan se desenvolverán por medio de resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, e que deberán tomar como referencia os módulos formativos asociados ás unidades de competencia que inclúa o perfil.

Na súa virtude, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Obxecto

Esta resolución ten por obxecto o establecemento do perfil profesional do programa de cualificación profesional inicial de gandaría en Galicia.

Segundo. Identificación

O programa de cualificación profesional inicial de gandaría queda identificado polos seguintes elementos:

– Denominación: gandaría.

– Nivel: programa de cualificación profesional inicial.

– Duración: 580 horas.

– Familia profesional: agraria.

Terceiro. Competencia xeral

Executar as operacións auxiliares en explotacións gandeiras, seguindo instrucións de superiores ou do plan de traballo, atendendo a criterios de calidade, benestar animal, prevención de riscos laborais, protección ambiental e seguridade alimentaria.

Cuarto. Competencias profesionais, persoais e sociais

As competencias profesionais, persoais e sociais deste programa de cualificación profesional inicial son as que se relacionan:

a) Realizar operacións auxiliares de manexo do celo e cubrición das femias, seguindo instrucións, para contribuír á obtención de altos índices de xestación.

b) Realizar operacións auxiliares de manexo das femias en fase de xestación, seguindo instrucións, para contribuír á obtención dunha descendencia viable e unha boa produción láctea.

c) Axudar no parto, seguindo instrucións, para conseguir unha descendencia sa e vigorosa.

d) Realizar operacións auxiliares no manexo das crías durante o período de lactación, atendendo ás particularidades de cada especie.

e) Realizar as operacións auxiliares cos machos reprodutores atendendo ás particularidades de cada especie.

f) Realizar operacións auxiliares en femias de reposición, seguindo instrucións, para contribuír á súa adaptación á explotación e á súa adecuación como reprodutoras.

g) Realizar operacións auxiliares na identificación dos animais de recría e ceba para o control destes, segundo as instrucións recibidas.

h) Realizar operacións auxiliares de manexo da produción na explotación gandeira (animais para venda, ovos, leite, mel e outros produtos e/ou subprodutos), seguindo as instrucións recibidas.

i) Almacenar e conservar as materias primas alimentarias e distribuír os alimentos coas técnicas e os medios axeitados.

j) Realizar operacións auxiliares para conseguir o benestar animal, prever alteracións da saúde, tratar doenzas, e almacenar e conservar medicamentos, seguindo instrucións.

k) Realizar o pastoreo cos animais apropiados para aproveitar os recursos vexetais do medio natural de xeito sustentable.

l) Suplementar, en caso necesario, a alimentación do gando de pastoreo para cubrir as súas necesidades nutritivas cando estas non se obteñan no campo.

m) Detectar traumatismos, feridas e posibles signos e síntomas da alteración do estado de saúde do gando de pastoreo, e realizar os tratamentos auxiliares básicos en caso necesario.

n) Executar os labores de limpeza e desinfección das instalacións da explotación, segundo as instrucións recibidas.

ñ) Realizar operacións auxiliares de mantemento básico das instalacións, a maquinaria, os equipamentos, os utensilios e as ferramentas da explotación.

o) Manexar, dentro da explotación e consonte o seu nivel, a maquinaria, os equipamentos, os utensilios e as ferramentas aplicando as medidas de prevención de riscos laborais.

p) Adaptarse á organización da empresa integrándose no sistema de relacións técnico-laborais.

q) Interpretar e executar correctamente as instrucións que recibe, responsabilizándose do labor que desenvolve.

r) Habituarse ao ritmo de traballo da empresa cumprindo os obxectivos de rendemento diario definidos na súa propia organización.

s) Cumprir as normas de seguridade, saúde e protección ambiental, detectando e previndo os riscos asociados ao posto de traballo.

t) Comunicarse eficazmente coas persoas axeitadas en cada momento, respectando as canles establecidas na organización.

u) Manter hábitos de orde, puntualidade, responsabilidade e pulcritude ao longo da actividade.

v) Demostrar as actitudes de cortesía, respecto e discreción requiridas na atención á clientela.

w) Actuar con confianza na propia capacidade profesional e prestar atención ás innovacións que se produzan dentro do sector e que poidan fomentar o propio desenvolvemento profesional.

x) Amosar unha actitude de respecto cara aos compañeiros, os procedementos e as normas da empresa.

Quinto. Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo nacional das cualificacións profesionais incluídas no perfil profesional

Cualificacións profesionais completas incluídas no perfil:

Actividades auxiliares en gandaría, AGA224_1 (Real decreto 665/2007, do 25 de maio), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

– UC0712_1: realizar operacións auxiliares de reprodución en gandaría.

– UC0713_1: realizar operacións auxiliares de manexo da produción en explotacións gandeiras.

– UC0714_1: realizar o pastoreo do gando.

– UC0715_1: realizar operacións auxiliares de mantemento de instalacións e manexo da maquinaria e dos equipamentos en explotacións gandeiras.

Sexto. Contorno profesional

1. Ámbito profesional: desenvolve a súa actividade profesional por conta allea, na área ou no departamento de produción de grandes, medianas e pequenas explotacións gandeiras, de ámbito público ou privado.

2. Sectores produtivos: localízase no sector agrario, dentro do subsector gandeiro, nas actividades produtivas de explotacións agropecuarias ou de gando bovino, ovino e caprino, porcino, cunícola, avícola, equino etc.

3. Ocupacións e postos de traballo máis salientables.

– Peón en explotacións gandeiras.

– Peón en explotacións agropecuarias.

– Auxiliar de muxidura.

– Pastor/ora.

Sétimo. Módulos específicos

1. Os módulos específicos deste perfil profesional, que toman como referentes os módulos formativos asociados ás unidades de competencia de que se compón, quedan desenvolvidos no anexo I desta resolución.

2. Son os que se relacionan:

– ME0157. Reprodución gandeira.

– ME0158. Manexo da produción en explotacións gandeiras.

– ME0159. Pastoreo de gando.

– ME0160. Mantemento de instalacións, e manexo de maquinaria e equipamentos en explotacións gandeiras.

– ME0161. Formación en centros de traballo.

Oitavo. Espazos e equipamentos

1. Os espazos e os equipamentos mínimos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas deste perfil profesional son os establecidos no anexo II desta resolución.

2. Os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por diferentes grupos de alumnado.

3. Non cómpre que os espazos formativos identificados se diferencien mediante pechamentos.

Noveno. Profesorado e persoas formadoras

1. A atribución docente dos módulos específicos que constitúen as ensinanzas deste perfil profesional nos programas de cualificación profesional inicial impartidos en centros de ensino públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria establécese no anexo III A) desta resolución.

2. As titulacións requiridas para a impartición dos módulos específicos que conforman o perfil profesional nos programas de cualificación profesional inicial para os centros de titularidade privada ou doutras administracións distintas da educativa establécense no anexo III B) desta resolución.

3. O perfil das persoas formadoras que impartan os módulos específicos en contornos produtivos establécese no anexo IV desta resolución.

Décimo. Relación de módulos específicos coas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais que inclúe o programa

A relación dos módulos específicos coas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais que inclúe o programa é a que figura na táboa que se inclúe como anexo V da presente resolución.

Décimo primeiro. Distribución horaria dos módulos específicos

A distribución horaria dos módulos específicos cursados en contornos non produtivos especifícase no anexo VI desta resolución.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor a partir do día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2012

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

1. Anexo I: módulos específicos.

1.1. Módulo específico: reprodución gandeira.

• Código: ME0157.

• Duración: 117 horas.

1.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Define as operacións auxiliares que se levan a cabo durante o manexo das femias para facilitar a súa cubrición.

– CA1.1. Indicáronse os cambios de comportamento detectados nas femias de cada especie cando entran en celo.

– CA1.2. Describíronse os métodos de detección de celo sobre os que se basea a determinación do momento axeitado para a cubrición.

– CA1.3. Describíronse as características mínimas de idade e desenvolvemento corporal (peso) previas ao inicio da reprodución, segundo a especie.

– CA1.4. Citáronse as operacións necesarias para preparar as instalacións onde se leva a cabo a cubrición.

– CA1.5. Enumeráronse as etapas que completan o proceso de preparación do animal para a cubrición.

– CA1.6. Indicáronse os coidados e as precaucións que cómpre ter en conta durante a cubrición en cada especie.

– CA1.7. Identificáronse as medidas de prevención de riscos laborais e de benestar animal relacionadas coas operacións auxiliares nos procesos de identificación de celo.

– CA1.8. Identificáronse in situ os síntomas do celo nunha femia, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado.

– CA1.9. Suxeitouse o animal, en caso necesario, para facilitar a cubrición, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado dunha femia en celo.

– CA1.10. Comprobouse, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado dunha femia en celo, que a cubrición se realice cos coidados e as precaucións establecidas nos protocolos.

– CA1.11. Realizáronse as operacións auxiliares de manexo de femias en celo, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado, tendo en conta as normas de prevención de riscos laborais e o benestar animal.

• RA2. Describe os coidados básicos e sanitarios que deben aplicarse sobre as femias en período de xestación e, nun caso práctico, identifica nos animais os signos específicos desta fase produtiva.

– CA2.1. Enumeráronse métodos de diagnóstico de preñez ou confirmación de xestación.

– CA2.2. Citáronse as alteracións máis comúns que se poden presentar durante a xestación.

– CA2.3. Indicouse o tipo de manexo e os coidados básicos que deben realizarse durante o proceso de xestación dunha especie determinada.

– CA2.4. Identificáronse os signos de perda de xestación nas femias.

– CA2.5. Nomeáronse as partes do programa sanitario específico do período de xestación, para cada especie animal.

– CA2.6. Identificáronse as medidas de prevención de riscos laborais e de benestar animal relacionadas coas actuacións realizadas nos procesos de xestación.

– CA2.7. Detectáronse voltas a celo e/ou abortos, nun caso ou suposto práctico ben caracterizado de femias en xestación.

– CA2.8. Aloxáronse as femias nos lugares axeitados para este período fisiolóxico, nun caso ou suposto práctico ben caracterizado de femias en xestación.

– CA2.9. Alimentouse correctamente as femias xestantes, nun caso ou suposto práctico ben caracterizado de femias en xestación.

– CA2.10. Aplicouse o programa sanitario específico, nun caso ou suposto práctico ben caracterizado de femias en xestación.

– CA2.11. Anotáronse os rexistros propios da fase de xestación, nun caso ou suposto práctico ben caracterizado de femias en xestación.

– CA2.12. Realizáronse as operacións auxiliares de manexo de femias en xestación, nun caso ou suposto práctico ben caracterizado, tendo en conta as normas de prevención de riscos laborais e o benestar animal.

• RA3. Cita e realiza os coidados que hai que prestar necesariamente ás nais e ás crías no periparto e no parto, en función da especie animal.

– CA3.1. Citáronse os coidados que se practicarán ás femias antes do parto.

– CA3.2. Describíronse os síntomas de parto en distintas especies que permitan predicir o momento aproximado deste.

– CA3.3. Explicáronse os criterios de manexo e hixiene para a asistencia ao parto en distintas especies.

– CA3.4. Citáronse os coidados, determinados por especie, que se deben realizar logo do parto nas nais e nas súas crías.

– CA3.5. Indicáronse as alteracións máis comúns que se poden presentar antes e logo do parto.

– CA3.6. Citáronse, atendendo a criterios de benestar animal, as técnicas de corta do rabo, escornaxe e extracción dos cairos.

– CA3.7. Identificáronse as medidas de prevención de riscos laborais e de benestar animal relacionadas cos coidados necesarios a nais e crías durante o periparto e parto.

– CA3.8. Recoñeceuse o momento do parto, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de parto nunha explotación, a partir da observación dos cambios no comportamento da femia e da identificación de signos característicos.

– CA3.9. Preparouse a sala de parto atendendo nomeadamente ás condicións ambientais, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de parto nunha explotación.

– CA3.10. Axudouse no parto seguindo instrucións, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de parto nunha explotación.

– CA3.11. Realizáronse os coidados necesarios á nai e ás súas crías, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de parto nunha explotación.

– CA3.12. Comprobouse a secreción láctea dos ubres da nai, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de parto nunha explotación.

– CA3.13. Comprobouse a inxestión de alimentos da nai e das crías, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de parto nunha explotación.

– CA3.14. Detectáronse deposicións anormais, nun caso ou suposto práctico debida-mente caracterizado de parto nunha explotación.

– CA3.15. Realizáronse as operacións auxiliares de manexo do parto tendo en conta as normas de prevención de riscos laborais e o benestar animal.

• RA4. Describe as actuacións necesarias no manexo de crías durante o período de lactación e aplícaas convenientemente, para lograr a máxima supervivencia e unha óptima lactación.

– CA4.1. Describíronse os coidados específicos que se lles deben proporcionar aos neonatos.

– CA4.2. Citáronse as características dun bo encostramento e o manexo axeitado das adopcións e do traspaso das crías, de ser o caso.

– CA4.3. Explicouse como se realiza axeitadamente a lactación artificial.

– CA4.4. Enumeráronse os pasos para conseguir a supervivencia das crías ante a hipótese da morte da nai tras o parto.

– CA4.5. Enumeráronse os datos máis importantes que se deben recoller nos rexistros e cubríronse fichas e os partes de control de parideiras.

– CA4.6. Identificáronse as medidas de prevención de riscos laborais e de benestar animal relacionadas coas operacións auxiliares nos procesos relacionados coa parideira.

– CA4.7. Desinfectouse axeitadamente o cordón umbilical, nun caso ou suposto práctico suficientemente caracterizado de aplicación de coidados ás crías tras o parto e durante o período de lactación.

– CA4.8. Manexáronse axeitadamente as adopcións e o traspaso das crías, se procede, nun caso ou suposto práctico suficientemente caracterizado de aplicación de coidados ás crías tras o parto e durante o período de lactación.

– CA4.9. Manexouse a cría para unha axeitada toma de costros ou leite, nun caso ou suposto práctico suficientemente caracterizado de aplicación de coidados ás crías tras o parto e durante o período de lactación.

– CA4.10. Identificáronse as crías axeitadamente, nun caso ou suposto práctico suficientemente caracterizado de aplicación de coidados ás crías tras o parto e durante o período de lactación.

– CA4.11. Realizouse, se procede, a escornaxe, a corta do rabo e a extracción dos cairos, nun caso ou suposto práctico suficientemente caracterizado de aplicación de coidados ás crías tras o parto e durante o período de lactación.

– CA4.12. Anotáronse os datos necesarios para cubrir rexistros, fichas e partes de control de parideiras, nun caso ou suposto práctico suficientemente caracterizado de aplicación de coidados ás crías tras o parto e durante o período de lactación.

– CA4.13. Realizáronse as operacións auxiliares de coidados ás crías durante o período de lactación tendo en conta as normas de prevención de riscos laborais e o benestar animal.

– CA4.14. Comprobouse, nun caso ou suposto práctico correctamente caracterizado de lactación artificial, que os equipamentos e os materiais se atopen limpos e preparados.

– CA4.15. Controlouse a temperatura da auga, nun caso ou suposto práctico correctamente caracterizado de lactación artificial.

– CA4.16. Dosificouse e preparouse a mestura seguindo instrucións, nun caso ou suposto práctico correctamente caracterizado de lactación artificial.

– CA4.17. Ensinouse a beber e/ou a succionar, nun caso ou suposto práctico correctamente caracterizado de lactación artificial.

– CA4.18. Realizouse a limpeza dos equipamentos de lactación, nun caso ou suposto práctico correctamente caracterizado de lactación artificial.

• RA5. Indica as actuacións que haxa que levar a cabo cos sementais para garantir a eficacia reprodutiva nunha especie determinada.

– CA5.1. Describiuse o manexo do macho incitador, segundo a especie, na detección de celo.

– CA5.2. Describíronse criterios de adestramento de sementais para a recollida de seme.

– CA5.3. Describiuse o protocolo axeitado de recolección de seme en sala de extracción.

– CA5.4. Identificáronse as medidas de prevención de riscos laborais e de benestar animal relacionadas coas operacións auxiliares de manexo de sementais.

– CA5.5. Manexouse axeitadamente o macho incitador, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de monta natural.

– CA5.6. Suxeitouse axeitadamente o macho e a femia na monta, se procede, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de monta natural.

– CA5.7. Anotáronse os datos necesarios para cubrir os partes e os cadros correspondentes, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de monta natural.

– CA5.8. Realizáronse as operacións auxiliares na monta natural tendo en conta as normas de prevención de riscos laborais e o benestar animal.

– CA5.9. Adestrouse o semental para a recollida de seme, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado.

– CA5.10. Preparouse o animal para a recollida de seme, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado.

– CA5.11. Resolleuse o seme coas condicións de hixiene e temperatura axeitada, segundo a especie, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado.

– CA5.12. Limpouse e almacenouse axeitadamente o material de inseminación, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de recollida de seme.

– CA5.13. Anotáronse os datos necesarios para cubrir os partes e os cadros correspondentes, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de recollida de seme.

1.1.2. Contidos básicos.

Ciclo reprodutivo na femia:

• Nocións básicas do aparello reprodutor.

• Duración e características do ciclo ovárico: celo e ovulación.

• Métodos de detección de celo.

• Cubrición: momento e sistema de cubrición, monta natural e inseminación artificial.

• Preparación da femia para a monta.

• Manexo no período poscubrición.

• Xestación: seguimento e coidados; manexo no preparto.

• Parto: signos, síntomas e etapas do parto; parto distócico.

• Lactación: duración e coidados básicos.

Manexo das crías:

• Manexo da desteta.

• Comportamento e características no nacemento. Coidados nos neonatos. Identificación e rexistro. Encostramento. Normas de porfillamento.

• Operacións especiais de manexo das crías: procedementos de escornaxe, extracción dos cairos, e corta do rabo e de peteiros.

• Manexo da desteta.

• Doenzas comúns das crías.

Ciclo reprodutivo dos sementais:

• Nocións básicas do aparello reprodutor masculino.

• Coidados básicos dos sementais.

Organización do traballo e operacións rutineiras:

• Operacións en animais de reposición, en reprodutores e nas súas crías.

• Inmobilización animal.

• Códigos de boas prácticas de manexo na produción animal.

• Nocións básicas sobre alimentación dos animais.

Normativa básica comunitaria, estatal, autonómica e local:

• Normativa sobre prevención de riscos laborais, sobre benestar animal e sobre instalacións e equipamentos gandeiros.

1.1.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo específico contén a formación asociada á función de realización de ope-racións auxiliares de reprodución en gandaría.

A definición desta función e as liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo han versar sobre:

– Realización de operacións auxiliares de manexo das femias en fase de xestación, para contribuír á obtención dunha descendencia viable e unha boa produción láctea.

– Realización de operacións auxiliares de manexo do celo e cubrición das femias para contribuír á obtención de altos índices de xestación.

– Axuda no parto seguindo instrucións, para conseguir unha descendencia sa e vigo-rosa.

– Realización de operacións auxiliares no manexo das crías durante o período de lactación para contribuír a un axeitado desenvolvemento destas.

– Realización das operacións auxiliares cos machos reprodutores para contribuír ao bo estado e á finalidade destes.

1.2. Módulo específico: manexo da produción en explotacións gandeiras.

• Código: ME0158.

• Duración: 117 horas.

1.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Identifica e realiza os coidados que se levan a cabo sobre os animais de reposición para obter a súa adaptación á explotación e a súa adecuación como reprodutores.

– CA1.1. Citáronse as accións nas instalacións de recepción de novos animais, con anterioridade á súa chegada á explotación.

– CA1.2. Enumeráronse accións de control de saúde na recepción dos individuos.

– CA1.3. Citáronse criterios para a formación de lotes que contribúan a un bo manexo reprodutor.

– CA1.4. Describíronse as operacións auxiliares do programa sanitario neste período para unha especie determinada.

– CA1.5. Identificáronse as medidas de prevención de riscos laborais e de benestar animal relacionadas cos coidados que se lles deben proporcionar aos animais de reposición.

– CA1.6. Acondicionáronse as instalacións onde se instalarán os animais de reposición, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de reposición de animais nunha explotación.

– CA1.7. Aplicáronse as accións sanitarias necesarias para asegurar a sanidade da explotación, se procede, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de reposición de animais nunha explotación, seguindo instrucións.

– CA1.8. Regulouse a báscula e pesáronse animais de xeito correcto, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de reposición de animais nunha explotación.

– CA1.9. Cubríronse rexistros, fichas e partes de control de pesos, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de reposición de animais nunha explotación.

– CA1.10. Realizáronse lotes aplicando criterios de idade e peso, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de reposición de animais nunha explotación.

– CA1.11. Valorouse o aspecto xeral e a condición corporal do gando, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de reposición de animais nunha explotación.

– CA1.12. Realizouse a alimentación axeitada para este período, segundo instrucións, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de reposición de animais nunha explotación.

– CA1.13. Realizáronse as operacións auxiliares de reposición de animais, tendo en conta as normas de prevención de riscos laborais e o benestar animal.

• RA2. Distingue os sistemas de marcaxe e/ou identificación dos animais de renovamento segundo a especie, e aplica os procedementos de manexo necesarios para os efectuar.

– CA2.1. Citáronse os sistemas de identificación, así como o material e os equipamentos que haxa que empregar en cada caso.

– CA2.2. Describíronse os tipos de marcas e/ou sistemas de identificación axeitados para cada especie.

– CA2.3. Citáronse os procedementos de suxeición e/ou inmobilización axeitados para cada especie para efectuar a marcaxe e/ou a identificación.

– CA2.4. Identificáronse as medidas de prevención de riscos laborais e de benestar animal relacionadas coas operacións auxiliares de identificación dos animais.

– CA2.5. Seleccionouse o material necesario para marcar e/ou identificar os animais segundo o protocolo establecido, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de marcaxe e/ou identificación dunha especie determinada nunha explotación.

– CA2.6. Realizouse a suxeición ou a inmobilización máis axeitada para o tipo de animal para a súa marcaxe e/ou identificación, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de marcaxe e/ou identificación dunha especie determinada nunha explotación.

– CA2.7. Executouse o procedemento de marcaxe e/ou identificación establecido de forma axeitada, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de marcaxe e/ou identificación dunha especie determinada nunha explotación.

– CA2.8. Realizáronse as operacións de marcaxe e/ou identificación cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e de benestar animal.

• RA3. Describe os métodos de obtención, transporte, almacenamento e conservación da produción da explotación gandeira (animais para venda, produtos ou subprodutos), e efectúa en cada momento as operacións básicas que proceda.

– CA3.1. Citáronse os criterios de obtención e conservación do leite.

– CA3.2. Relacionáronse criterios de recoller os ovos.

– CA3.3. Enumeráronse os criterios de obtención e colleita doutros produtos gandeiros (mel, la, pelo, plumas etc.).

– CA3.4. Recoñecéronse segundo a especie indicada os coidados básicos na preparación de animais para o seu transporte.

– CA3.5. Describíronse as operacións auxiliares de preparación e acondicionamento de ovos para transporte.

– CA3.6. Identificáronse as partes dun equipamento de muxidura.

– CA3.7. Precisáronse as operacións auxiliares de preparación e acondicionamento do leite para transporte.

– CA3.8. Describíronse as operacións auxiliares de preparación e acondicionamento doutros produtos gandeiros para o seu transporte.

– CA3.9. Indicouse o manexo básico no almacenamento dos produtos recollidos, dos estercos e doutros subprodutos da explotación gandeira.

– CA3.10. Identificáronse as medidas de prevención de riscos laborais, de benestar animal e de seguridade alimentaria relacionadas coas operacións auxiliares de manexo de produtos e subprodutos da explotación gandeira.

– CA3.11. Recolleuse a produción da explotación segundo criterios establecidos, nun caso ou suposto práctico convenientemente caracterizado de manexo para a obtención, o transporte, o almacenamento e a conservación, se procede, da produción da explotación gandeira (animais para venda, produtos ou subprodutos).

– CA3.12. Realizouse a limpeza do sistema de obtención da produción da explotación (equipamento de muxidura, por exemplo), nun caso ou suposto práctico convenientemente caracterizado de manexo para a obtención, o transporte, o almacenamento e a conservación, se procede, da produción da explotación gandeira (animais para venda, produtos ou subprodutos).

– CA3.13. Almacenouse e conservouse a produción da explotación segundo procedemento establecido, nun caso ou suposto práctico convenientemente caracterizado de manexo para a obtención, o transporte, o almacenamento e a conservación, se procede, da produción da explotación gandeira (animais para venda, produtos ou subprodutos).

– CA3.14. Acondicionouse a produción para o transporte, nun caso ou suposto práctico convenientemente caracterizado de manexo para a obtención, o transporte, o almacenamento e a conservación, se procede, da produción da explotación gandeira (animais para venda, produtos ou subprodutos).

– CA3.15. Realizáronse as operacións para a obtención, o transporte, o almacenamento e a conservación da produción cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e de benestar animal.

• RA4. Detalla as operacións auxiliares dos procesos de conservación das materias primas, preparación e distribución das racións de alimentos (volumétricos e concentrados), e realízaas aplicando as técnicas establecidas e os medios de que dispoña a explotación gandeira.

– CA4.1. Enumeráronse as operacións necesarias na explotación para almacenar e conservar as materias primas.

– CA4.2. Precisouse o proceso de preparación das racións de alimentos.

– CA4.3. Identificáronse as partes dos equipamentos para preparación e distribución de alimentos, tanto concentrados como volumétricos.

– CA4.4. Describiuse o funcionamento e a regulación axeitada dos equipamentos para a preparación e a distribución de alimentos concentrados e volumétricos.

– CA4.5. Identificáronse as medidas de prevención de riscos laborais, de benestar animal e de seguridade alimentaria relacionadas coas operacións auxiliares de conservación de materias primas, e a preparación e a distribución de alimentos.

– CA4.6. Preparáronse racións alimentarias axustadas ao protocolo establecido, nun caso ou suposto práctico suficientemente caracterizado de preparación e distribución das racións de alimentos.

– CA4.7. Utilizáronse correctamente os equipamentos para mesturar e distribuír alimentos, nun caso ou suposto práctico suficientemente caracterizado de preparación e distribución das racións de alimentos.

– CA4.8. Distribuíronse os alimentos segundo indicacións de frecuencia e horario indicados, nun caso ou suposto práctico suficientemente caracterizado de preparación e distribución das racións de alimentos.

– CA4.9. Comprobouse o consumo de alimentos e de auga, e comunicáronse as incidencias observadas, nun caso ou suposto práctico suficientemente caracterizado de preparación e distribución das racións de alimentos.

– CA4.10. Limpáronse os materiais e os equipamentos, nun caso ou suposto práctico suficientemente caracterizado de preparación e distribución das racións de alimentos.

– CA4.11. Realizáronse as operacións auxiliares de preparación e distribución de alimentos tendo en conta as normas de prevención de riscos laborais e o benestar animal.

• RA5. Define o estado de benestar xeral e de saúde dos animais, detéctao mediante o control ambiental, a alimentación e a observación de signos característicos, e comunícao segundo protocolos establecidos.

– CA5.1. Describíronse as condicións de temperatura e aireación das instalacións en cada etapa do proceso produtivo para unha especie determinada.

– CA5.2. Describíronse os criterios básicos de benestar animal.

– CA5.3. Controlouse o aumento de peso e consumo de alimentos dun lote de animais.

– CA5.4. Citáronse signos que denoten alteracións da saúde dos animais.

– CA5.5. Identificáronse as medidas de prevención de riscos laborais, ambientais, de benestar animal e de seguridade alimentaria relacionados coas operacións auxiliares nos procesos de control destes factores.

– CA5.6. Comprobáronse as condicións de temperatura e aireación das instalacións, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de control do estado de saúde xeral dos animais dunha explotación.

– CA5.7. Comprobouse o estado dos bebedoiros e a dispoñibilidade de auga, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de control do estado de saúde xeral dos animais dunha explotación.

– CA5.8. Comprobouse que o consumo de alimentos se axuste ao establecido, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de control do estado de saúde xeral dos animais dunha explotación.

– CA5.9. Comunicouse a información obtida nas comprobacións anteriores segundo protocolos establecidos, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de control do estado de saúde xeral dos animais dunha explotación.

– CA5.10. Identificáronse e marcáronse animais enfermos, tendo en conta as normas de prevención de riscos laborais e benestar animal.

• RA6. Detalla as operacións básicas de control de animais enfermos e realiza a súa correcta aplicación.

– CA6.1. Describíronse os criterios e as medidas de identificación e illamento de animais enfermos.

– CA6.2. Recoñecéronse os materiais axeitados para a correcta aplicación dos medicamentos.

– CA6.3. Describíronse as condicións axeitadas para o almacenamento e a conservación dos medicamentos.

– CA6.4. Identificáronse as medidas de prevención de riscos laborais, ambientais, de benestar animal e de seguridade alimentaria relacionados coas operacións auxiliares nos procesos relacionados cos programas sanitarios preventivos da explotación.

– CA6.5. Comprendeuse o contido da receita e do prospecto dun medicamento veterinario, nun caso ou suposto práctico suficientemente caracterizado de aplicación dun tratamento veterinario (aplicación dun medicamento).

– CA6.6. Utilizouse o equipamento axeitado de aplicación, seguindo instrucións recibidas, nun caso ou suposto práctico suficientemente caracterizado de aplicación dun tratamento veterinario (aplicación dun medicamento).

– CA6.7. Preparouse e administrouse a dose indicada, seguindo instrucións recibidas, nun caso ou suposto práctico suficientemente caracterizado de aplicación dun tratamento veterinario (aplicación dun medicamento).

– CA6.8. Realizáronse as operacións auxiliares na aplicación do tratamento indicado tendo en conta as normas de prevención de riscos laborais, ambientais e de benestar animal.

1.2.2. Contidos básicos.

Nocións básicas sobre alimentación animal:

• Tipos de alimentos para ruminantes, porcos, coellos, cabalos e aves.

• Sistemas e pautas de distribución de alimentos para ruminantes, porcos, coellos, cabalos e aves.

• Características e importancia da auga na alimentación dos animais.

• Desinfección da auga.

• Especies e variedades forraxeiras, e alimentos concentrados máis importantes na alimentación do gando.

• Nocións básicas de conservación de forraxes: empacaxe e ensilaxe.

• Equipamentos de preparación, mestura e distribución de forraxes.

Conceptos básicos de morfoloxía e fisioloxía de ruminantes, porcos, coellos, cabalos e aves:

• Morfoloxía externa.

• Nocións do aparello dixestivo: identificación as súas partes principais.

• Actuacións prácticas na prevención e no tratamento de doenzas de animais.

• Tratamentos hixiénico-sanitarios para animais.

• Aplicación de programas vacinais e antiparasitarios en animais de reposición, de cría, e de produción de leite e ovos.

• Aplicación de tratamentos preventivos á chegada de animais á explotación. Observación de animais enfermos.

• Aplicación de tratamentos preventivos e/ou curativos.

• Rexistro de tratamentos.

• Perda de benestar dos animais: situacións de estrés. Medidas de actuación ante animais mortos na explotación.

Manexo e identificación de animais:

• Tarefas de recepción e lotificación.

• Adecuación e control ambiental das instalacións.

• Sistemas de identificación.

• Sistemas de lectura (identificación electrónica, código de barras etc.).

• Listas de control e rexistro de animais.

• Organización do traballo e rutinas en animais de recría e de ceba.

• Inmobilización animal.

• Normativa vixente ao respecto.

Produtos e subprodutos da explotación:

• Periodicidade na recollida.

• Sistemas de recollida: equipamento de muxidura.

• Colocación e transporte dos produtos e subprodutos.

• Limpeza dos sistemas de recollida.

• Almacenamento e conservación dos produtos e subprodutos da explotación.

• Almacenes e cámaras de conservación.

Normativa básica comunitaria, estatal, autonómica e local:

• Normativa sobre protección ambiental, sobre prevención de riscos laborais, sobre be-nestar animal, sobre seguridade alimentaria, sobre seguridade e hixiene nas operacións de produción gandeira e na manipulación de produtos, e sobre instalacións e equipamentos gandeiros.

• Outra normativa.

1.2.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo específico contén a formación asociada á función de realización de ope-racións auxiliares de manexo da produción en explotacións gandeiras.

A definición desta función e as liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo han versar sobre:

– Realización de operacións auxiliares en femias de reposición para contribuír á súa adaptación á explotación e á súa adecuación como reprodutoras.

– Realización de operacións auxiliares na identificación dos animais de recría e ceba para o seu control.

– Realización de operacións auxiliares de manexo da produción na explotación gandeira (animais para venda, ovos, leite, mel e outros produtos e/ou subprodutos).

– Almacenaxe e conservación das materias primas alimentarias, e distribución dos alimentos coas técnicas e os medios axeitados.

– Realización de operacións auxiliares para conseguir o benestar animal, prever alte-racións da saúde, tratar doenzas, e almacenar e conservar medicamentos.

1.3. Módulo específico: pastoreo de gando.

• Código: ME0159.

• Duración: 93 horas.

1.3.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Define as operacións de manexo do gando en sistemas de pastoreo e realízaas para aproveitar os recursos pastables do medio natural.

– CA1.1. Enumeráronse criterios para seleccionar os animais que saen para pastorear.

– CA1.2. Citáronse as principais precaucións na condución do gando en pastoreo.

– CA1.3. Relacionáronse os riscos e os perigos potenciais a que están sometidos os animais durante o aproveitamento de pastos, pradarías, restrolleiras etc.

– CA1.4. Describiuse o uso correcto de pechamentos, cercas e pastores eléctricos.

– CA1.5. Citáronse os coidados básicos do can pastor.

– CA1.6. Identificáronse as medidas de prevención de riscos laborais, ambientais e de benestar animal relacionados coas operacións de pastoreo.

– CA1.7. Conduciuse o gando desde a corte ao lugar do pastoreo e viceversa, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de pastoreo.

– CA1.8. Realizouse un aproveitamento óptimo da pradaría, o pasteiro etc., nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de pastoreo.

– CA1.9. Realizouse o pastoreo adecuado ás femias novas, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado.

– CA1.10. Realizouse o pastoreo adecuado ás femias adultas, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado.

– CA1.11. Instaláronse axeitadamente bebedoiros, pechamentos, cercas e pastores eléctricos, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de pastoreo.

– CA1.12. Realizáronse as operacións de pastoreo tendo en conta as normas de prevención de riscos laborais, ambientais e de benestar animal.

• RA2. Estima as necesidades de suplemento, á vista dos recursos alimentarios pastados, e prepárao e distribúeo con suficiencia, nun caso práctico.

– CA2.1. Enumeráronse as operacións na explotación necesarias para almacenar e conservar as materias primas.

– CA2.2. Recoñecéronse as características básicas dos procesos de empacaxe e ensilaxe.

– CA2.3. Identificáronse as partes dos equipamentos para preparación e distribución de alimentos, tanto concentrados como volumétricos.

– CA2.4. Describiuse o funcionamento e a regulación axeitada dos equipamentos para preparación e distribución de alimentos concentrados e volumétricos.

– CA2.5. Identificáronse as medidas de prevención de riscos laborais, ambientais, de benestar animal e de seguridade alimentaria relacionados coas operacións auxiliares nos procesos de preparación e distribución de alimentos.

– CA2.6. Preparáronse alimentos para cada especie animal e realizouse a distribución axeitada, nun caso ou suposto práctico convenientemente caracterizado de preparación e distribución de suplementos alimentarios para gando de pastoreo.

– CA2.7. Utilizáronse correctamente os equipamentos para preparar e distribuír alimentos, nun caso ou suposto práctico convenientemente caracterizado de preparación e distribución de suplementos alimentarios para gando de pastoreo.

– CA2.8. Distribuíronse os alimentos coa frecuencia e o horario axeitados, nun caso ou suposto práctico convenientemente caracterizado de preparación e distribución de suplementos alimentarios para gando de pastoreo.

– CA2.9. Comprobouse o consumo de alimentos e de auga, e comunicáronse as incidencias observadas, nun caso ou suposto práctico convenientemente caracterizado de preparación e distribución de suplementos alimentarios para gando de pastoreo.

– CA2.10. Limpáronse os materiais e os equipamentos de preparación e distribución de alimentos, nun caso ou suposto práctico convenientemente caracterizado de preparación e distribución de suplementos alimentarios para gando de pastoreo.

– CA2.11. Realizáronse as operacións auxiliares na preparación e a distribución de suplementos alimentarios, tendo en conta as normas de prevención de riscos laborais, ambientais e de benestar animal.

• RA3. Enumera os primeiros auxilios aplicados sobre gando en pastoreo cando sofren pequenos traumatismos e feridas de pouca importancia, e aplícaos en caso necesario.

– CA3.1. Enumeráronse criterios de vixilancia e medidas de illamento de animais enfermos.

– CA3.2. Recoñecéronse os tipos de medicamentos e os materiais para utilizar sobre as feridas, así como o seu xeito de aplicación.

– CA3.3. Marcáronse os animais tratados para a súa anotación nos rexistros correspondentes.

– CA3.4. Recoñecéronse os materiais sanitarios axeitados para primeiros auxilios no tratamento de pequenos traumatismos e feridas pouco importantes.

– CA3.5. Identificáronse as medidas de prevención de riscos laborais, ambientais e de benestar animal relacionados coas operacións de primeiros auxilios, nos procesos relacionados cos tratamentos de traumatismos e feridas.

– CA3.6. Limpouse e desinfectouse unha ferida, nun caso ou suposto práctico sufi-cientemente caracterizado de ferida pouco importante ou pequenos traumatismos.

– CA3.7. Aplicouse un apósito e realizouse unha vendaxe, nun caso ou suposto práctico suficientemente caracterizado de ferida pouco importante ou pequenos traumatismos.

– CA3.8. Aplicáronse inmobilizacións básicas de extremidades contusionadas ou traumatizadas, nun caso ou suposto práctico suficientemente caracterizado de ferida pouco importante ou pequenos traumatismos.

– CA3.9. Realizáronse as operacións auxiliares de primeiros auxilios tendo en conta as normas de prevención de riscos laborais, ambientais e de benestar animal.

1.3.2. Contidos básicos.

Nocións básicas sobre alimentación dos animais en pastoreo:

• Tipos de pastos e alimentos para animais en pastoreo.

• Manexo do pastoreo.

• Sistemas e pautas de distribución de alimentos para animais en pastoreo.

• Características e importancia da auga na alimentación para animais en pastoreo. Desinfección da auga.

• Especies e variedades forraxeiras e alimentos concentrados máis importantes na alimentación do gando en pastoreo.

• Especies e variedades de plantas tóxicas ou perigosas para o gando.

• Nocións básicas de conservación de forraxes: empacaxe e ensilaxe.

• Equipamentos de preparación, mestura e distribución de forraxes.

• Conceptos básicos de fisioloxía e comportamento dos animais en pastoreo: nocións das principais partes do aparello dixestivo.

Organización do traballo e nocións de manexo de animais en pastoreo:

• Tarefas de agrupamento.

• Inmobilización animal.

• Condución do gando. Horario de pastoreo.

• Normativa vixente ao respecto.

• Sistemas de cercado: instalación, manexo e conservación. Mallas gandeiras. Cercados e pastores eléctricos.

• Perda de benestar dos animais: situacións de estrés en pastoreo.

Actuacións prácticas na prevención de doenzas e o tratamento de primeiros auxilios en traumatismos e feridas de animais en pastoreo:

• Observación de animais enfermos.

• Aplicación de tratamentos preventivos e/ou curativos.

• Rexistro de tratamentos.

• Tratamentos hixiénico-sanitarios para animais en pastoreo.

• Aplicación de medicamentos tópicos, inxectables e orais.

Normativa básica comunitaria, estatal, autonómica e local:

• Normativa sobre protección ambiental, sobre prevención de riscos laborais, sobre be-nestar animal, sobre seguridade alimentaria, sobre seguridade e hixiene nas operacións de produción gandeira e na manipulación de produtos, e sobre instalacións e equipamentos gandeiros. Outra normativa.

1.3.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo específico contén a formación asociada á función de realización do pastoreo do gando.

A definición desta función e as liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo han versar sobre:

– Realización do pastoreo cos animais apropiados para aproveitar os recursos vexetais do medio natural de xeito sustentable.

– Suplementación, en caso necesario, da alimentación do gando de pastoreo para cubrir as súas necesidades nutritivas cando estas non se obteñan no campo.

– Detección de traumatismos, feridas, e posibles signos e síntomas da alteración do estado de saúde do gando de pastoreo.

1.4. Módulo específico: mantemento de instalacións, e manexo de maquinaria e equipamentos en explotacións gandeiras.

• Código: ME0160.

• Duración: 93 horas.

1.4.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Indica os equipamentos necesarios para o acondicionamento das instalacións gandeiras e executa as operacións de limpeza e desinfección necesarias para manter e/ou preparar tales instalacións segundo as instrucións recibidas.

– CA1.1. Identificáronse as actuacións de limpeza, desinfección, preparación e acondicionamento que hai que levar a cabo antes da introdución de animais nunha instalación (sistema todo dentro todo fóra).

– CA1.2. Recoñecéronse os equipamentos e os produtos idóneos para cada operación de limpeza, desinfección, preparación e acondicionamento das instalacións gandeiras.

– CA1.3. Citáronse as condicións ambientais axeitadas das instalacións gandeiras.

– CA1.4. Identificáronse as medidas de prevención de riscos laborais e ambientais relacionados coas operacións auxiliares na preparación, limpeza, desinfección e acondicionamento das instalacións gandeiras.

– CA1.5. Retirouse a materia orgánica dos aloxamentos gandeiros tras a saída dos animais (lixo, pensos sobrantes etc.), segundo as instrucións recibidas, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de acondicionamento de instalacións gandeiras.

– CA1.6. Realizouse a limpeza e o lavado das instalacións (teitos, paredes e chans), dos materiais e dos utensilios con auga limpa (quente e a presión preferentemente) e deter-xentes, para favorecer a eliminación da sucidade, aclarando con auga limpa, segundo as instrucións recibidas, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de acondicionamento de instalacións gandeiras.

– CA1.7. Realizouse a desinfección nas superficies, os materiais e os utensilios limpos con produtos autorizados, segundo as instrucións recibidas, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de acondicionamento de instalacións gandeiras.

– CA1.8. Preparáronse e manexáronse os equipamentos de limpeza e desinfección de acordo coas operacións que se vaian realizar e as instrucións recibidas, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de acondicionamento de instalacións gandeiras.

– CA1.9. Aplicáronse os produtos de limpeza e desinfección autorizados, coas técnicas axeitadas, consonte a normativa e as instrucións recibidas, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de acondicionamento de instalacións gandeiras.

– CA1.10. Realizáronse as operacións anteriores tendo en conta as instrucións recibidas e a normativa básica ambiental e de prevención de riscos laborais.

• RA2. Describe as operacións de mantemento básico en instalacións, maquinaria, equipamentos, utensilios e ferramentas, e realízaas de xeito limpo e seguro, de acordo co seu nivel.

– CA2.1. Describíronse as operacións auxiliares básicas de mantemento e a súa frecuencia, en maquinaria e en equipos da explotación.

– CA2.2. Describíronse as ferramentas e os utensilios necesarios para realizar as operacións auxiliares de mantemento de primeiro nivel.

– CA2.3. Recoñecéronse as proteccións contra insectos, paxaros e roedores.

– CA2.4. Identificáronse as medidas de prevención de riscos laborais e ambientais relacionadas coas operacións auxiliares de mantemento básicas nas instalacións, a maquinaria e os equipamentos da explotación.

– CA2.5. Realizáronse as operacións básicas en cada momento para o seu mantemento de primeiro nivel, nun caso ou suposto práctico suficientemente caracterizado dunha instalación, unha máquina, un equipamento ou un utensilio debidamente caracterizado, tanto nas súas especificacións técnicas como nas de utilización.

– CA2.6. Manexáronse correctamente as ferramentas seleccionadas para o mantemento básico, nun caso ou suposto práctico suficientemente caracterizado dunha instalación, unha máquina, un equipamento ou un utensilio debidamente caracterizado, tanto nas súas especificacións técnicas como nas de utilización.

– CA2.7. Aplicáronse as operacións auxiliares do programa de mantemento, nun caso ou suposto práctico suficientemente caracterizado dunha instalación, unha máquina, un equipamento ou un utensilio debidamente caracterizado, tanto nas súas especificacións técnicas como nas de utilización.

– CA2.8. Revisáronse e comprobáronse as proteccións contra insectos, paxaros e roedores, nun caso ou suposto práctico suficientemente caracterizado dunha instalación, unha máquina, un equipamento ou un utensilio debidamente caracterizado, tanto nas súas especificacións técnicas como nas de utilización.

– CA2.9. Elimináronse os residuos do mantemento segundo as instrucións recibidas, nun caso ou suposto práctico suficientemente caracterizado dunha instalación, unha máquina, un equipamento ou un utensilio debidamente caracterizado, tanto nas súas especificacións técnicas como nas de utilización.

– CA2.10. Aplicáronse as medidas de prevención de riscos laborais na execución da operación de mantemento básico caracterizada.

• RA3. Indica que equipamentos, utensilios e/ou ferramentas se necesitan para efectuar os traballos de mantemento das instalacións, e manexa a maquinaria dentro da explotación de acordo co seu nivel.

– CA3.1. Identificáronse os factores e as situacións de risco máis comúns nas instalacións e na utilización de maquinaria e equipamentos.

– CA3.2. Describíronse os mecanismos de accionamento e o manexo da maquinaria, os equipamentos, os utensilios e as ferramentas da explotación.

– CA3.3. Describíronse as medidas de prevención de riscos laborais e protección ambiental no manexo dos tractores e dos equipos de tracción utilizados na explotación.

– CA3.4. Identificáronse as medidas de prevención de riscos laborais e ambientais relacionados coas operacións auxiliares no manexo das instalacións, a maquinaria e os equipamentos da explotación.

– CA3.5. Identificáronse os elementos de accionamento e a súa función, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de manexo de equipamentos ou utensilios, e de maquinaria dentro da explotación.

– CA3.6. Acopláronse elementos arrastrados, de ser o caso, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de manexo de equipamentos ou utensilios, e de maquinaria dentro da explotación.

– CA3.7. Manexouse ao seu nivel a maquinaria e os equipos de tracción, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de manexo de equipamentos ou utensilios, e de maquinaria dentro da explotación.

– CA3.8. Utilizáronse os equipamentos, as pezas de roupa e os elementos de protección persoal axeitados para as operacións que se vaian realizar, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de manexo de equipamentos ou utensilios, e de maquinaria dentro da explotación.

– CA3.9. Realizáronse as operacións anteriores aplicando as medidas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.

1.4.2. Contidos básicos.

Acondicionamento de instalacións da explotación gandeira:

• Instalacións de almacenaxe, preparación e distribución para alimentación sólida e/ou líquida.

• Instalacións de almacenaxe e conservación doutros insumos.

• Outras instalacións e utensilios.

• Equipamentos, materiais e produtos de limpeza e desinfección: características, compoñentes, regulación e mantemento.

Eliminación de subprodutos gandeiros:

• Sistemas de eliminación: problemas ambientais que presentan.

• Equipamentos para a limpeza, a desinfección, a almacenaxe, a xestión de subprodutos e a eliminación de residuos.

Riscos e prevención de accidentes e danos no uso de instalacións da explotación:

• Procedementos seguros na utilización de instalacións.

• Elementos de protección das instalacións e persoais.

• Manipulación e almacenaxe de produtos tóxicos e perigosos.

Maquinaria e equipamentos da explotación gandeira:

• Tipos, compoñentes e regulación básica.

• Mantemento básico de maquinaria e equipamentos sinxelos da explotación gandeira.

• Materiais e utensilios básicos para o mantemento de primeiro nivel de maquinaria e equipamentos da explotación gandeira.

Procedementos seguros en utilización de maquinaria e equipamentos da explotación gandeira:

• Riscos e prevención de accidentes e danos no uso de maquinaria e equipamentos.

• Elementos de protección en maquinaria e equipamentos.

• Preservación do ambiente no uso de maquinaria e equipamentos.

• Hixiene e protección persoal no uso de maquinaria e equipamentos.

Normativa comunitaria, estatal, autonómica e local:

• Normativa sobre protección ambiental, sobre prevención de riscos laborais, sobre be-nestar animal, sobre seguridade alimentaria, sobre seguridade e hixiene nas operacións de produción gandeira e na manipulación de produtos, e sobre instalacións e equipamentos gandeiros.

• Outra normativa.

1.4.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo específico contén a formación asociada á función de realización de operacións auxiliares de mantemento de instalacións, e manexo de maquinaria e equipamentos en explotacións gandeiras.

A definición desta función e as liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo han versar sobre:

– Execución dos labores de limpeza e desinfección das instalacións da explotación.

– Realización de operacións auxiliares de mantemento básico das instalacións, a maquinaria, os equipamentos, os utensilios e as ferramentas da explotación para a súa conservación en estado de uso.

– Manexo da maquinaria, os equipamentos, os utensilios e as ferramentas dentro da explotación, de acordo co seu nivel e aplicando as medidas de prevención de riscos laborais.

1.5. Módulo específico: formación en centros de traballo.

• Código: ME0161.

• Duración: 160 horas.

1.5.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Recoñece a estrutura xerárquica da empresa e identifica as funcións asignadas a cada nivel en relación co desenvolvemento da actividade.

– CA1.1. Identificouse a estrutura organizativa da empresa e as funcións de cada área.

– CA1.2. Identificáronse os procedementos de traballo no desenvolvemento do proceso produtivo.

– CA1.3. Relacionáronse as competencias dos recursos humanos co desenvolvemento da actividade produtiva.

– CA1.4. Identificouse a importancia de cada elemento da rede no desenvolvemento da actividade da empresa.

– CA1.5. Relacionáronse as vantaxes e os inconvenientes da estrutura da empresa fronte a outro tipo de organizacións empresariais.

– CA1.6. Analizouse o tecido empresarial do sector en función da prestación que ofrece.

– CA1.7. Recoñecéronse as empresas tipo, e indicouse a súa estrutura organizativa e as funcións de cada departamento.

• RA2. Amosa hábitos éticos e laborais no desenvolvemento da súa actividade profesional, de acordo coas características da tarefa asignada e segundo os procedementos establecidos da empresa.

– CA2.1. Recoñeceuse e xustificouse:

– Disposición persoal e temporal que necesita o posto de traballo.

– Actitudes persoais (puntualidade, empatía etc.) e profesionais (orde, limpeza e seguridade necesarias para o posto de traballo, responsabilidade etc.).

– Requisitos actitudinais ante a prevención de riscos na actividade profesional e as medidas de protección persoal.

– Requisitos actitudinais referidos á calidade na actividade profesional.

– Actitudes relacionadas co propio equipo de traballo e coa estrutura xerárquica establecida na empresa.

– CA2.2. Identificáronse as normas de prevención de riscos laborais que haxa que aplicar na actividade profesional e os aspectos fundamentais da Lei de prevención de riscos laborais.

– CA2.3. Aplicáronse os equipamentos de protección individual segundo os riscos da actividade profesional e as normas da empresa.

– CA2.4. Mantívose unha actitude clara de respecto polo ambiente nas actividades desenvolvidas e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas.

– CA2.5. Mantivéronse organizados, limpos e libres de obstáculos o posto de traballo e a área correspondente ao desenvolvemento da actividade.

– CA2.6. Interpretáronse e cumpríronse as instrucións recibidas, e responsabilizouse do traballo asignado.

– CA2.7. Estableceuse unha comunicación e unha relación eficaces coa persoa res-ponsable en cada situación, e cos membros do seu equipo, e mantívose un trato fluído e correcto.

– CA2.8. Valorouse a importancia da actividade propia e a adaptación aos cambios de tarefas asignados no desenvolvemento dos procesos produtivos da empresa, integrándose nas novas funcións.

– CA2.10. Comprometeuse responsablemente na aplicación das normas e dos procedementos no desenvolvemento de calquera actividade ou tarefa.

• RA3. Realiza operacións auxiliares de reprodución en gandaría, en condicións de seguridade, cumprindo o Plan de prevención de riscos laborais e as instrucións recibidas.

– CA3.1. Realizáronse operacións auxiliares de manexo do celo e a cubrición das femias seguindo instrucións, para contribuír á obtención de altos índices de xestación.

– CA3.2. Preparáronse as instalacións onde se realice a cubrición por monta natural, para a posibilitar.

– CA3.3. Realizáronse operacións auxiliares de manexo das femias en fase de xestación, seguindo instrucións, para contribuír á obtención dunha descendencia viable e unha boa produción láctea.

– CA3.4. Axudouse no parto seguindo instrucións, para conseguir unha descendencia sa e vigorosa.

– CA3.5. Realizáronse operacións auxiliares no manexo das crías durante o período de lactación, atendendo ás particularidades de cada especie, para contribuír a un axeitado desenvolvemento destas.

– CA3.6. Levouse a cabo a identificación e a marcaxe das crías, a escornaxe, a corta do rabo e a extracción dos cairos, se procede, segundo as instrucións recibidas.

– CA3.7. Realizáronse as operacións auxiliares básicas do programa sanitario específico en femias en fase de xestación, no parto e sobre femias lactantes, e en crías en lactación, seguindo instrucións.

– CA3.8. Anotáronse os datos necesarios para o control e o seguimento das operacións de manexo do celo e a cubrición das reprodutoras mamíferas, da fase de xestación, do parto e das operacións en crías en lactación, segundo as instrucións preestablecidas, para seren incorporados aos oportunos rexistros.

• RA4. Realiza operacións auxiliares de manexo da produción en explotacións gandeiras en condicións de seguridade, cumprindo os procedementos e os requisitos relativos á seguridade alimentaria, o plan de prevención de riscos laborais e as instrucións recibidas.

– CA4.1. Realizáronse as operacións auxiliares en femias de reposición seguindo instrucións, para contribuír á súa adaptación á explotación e á súa adecuación como reprodutoras.

– CA4.2. Realizáronse as operacións auxiliares na identificación dos animais de recría e ceba para o control destes, segundo as instrucións recibidas.

– CA4.3. Realizáronse as operacións auxiliares de manexo da produción (animais para venda, ovos, leite, mel e outros produtos e/ou subprodutos) na explotación gandeira, seguindo as instrucións recibidas.

– CA4.4. Realizáronse as operacións auxiliares básicas do programa sanitario específico en femias de reposición, e en animais de recría e ceba, seguindo instrucións.

– CA4.5. Levouse a cabo a identificación dos animais co tipo de sistema indicado nas instrucións recibidas.

– CA4.6. Observáronse as alteracións na conduta dos animais e notificáronse de acordo cos parámetros establecidos.

– CA4.7. Apañáronse os ovos procedentes de explotacións avícolas, seguindo instrucións, para seren transportados e/ou almacenados, segundo proceda.

– CA4.8. Conservouse o leite obtido de femias leiteiras en condicións idóneas de salubridade dentro da explotación, ata a súa recollida.

– CA4.9. Retirouse o mel da máquina de recolección e almacenouse onde proceda, para o seu transporte e/ou conservación, seguindo instrucións.

– CA4.10. Preparáronse para o seu transporte e/ou almacenamento outros produtos e subprodutos procedentes de explotacións animais, seguindo instrucións.

– CA4.11. Almacenáronse e conserváronse as materias primas alimentarias, e distribuíronse os alimentos cos medios e as técnicas axeitadas.

– CA4.12. Realizouse a distribución de alimentos aos animais de acordo cos horarios prefixados, seguindo instrucións.

– CA4.13. Realizouse a almacenaxe e a conservación das materias primas, e a preparación e distribución de alimentos.

– CA4.14. Realizáronse as operacións auxiliares para conseguir o benestar animal, prever alteracións da saúde, tratar doenzas, e almacenar e conservar medicamentos, seguindo instrucións.

– CA4.15. Sometéronse os animais enfermos a un manexo axeitado, segundo indicacións recibidas.

– CA4.16. Retiráronse da explotación os cadáveres de animais, seguindo instrucións de superiores, coas debidas normas de seguridade e cumprindo o establecido na lexislación.

– CA4.17. Anotáronse e comunicáronse os tratamentos aplicados nos animais enfermos, segundo os protocolos establecidos.

– CA4.18. Almacenáronse e conserváronse os medicamentos en condicións idóneas, segundo as instrucións recibidas.

• RA5. Realiza o pastoreo do gando, en condicións de seguridade, cumprindo o Plan de prevención de riscos laborais e as instrucións recibidas.

– CA5.1. Realizouse o pastoreo cos animais apropiados para aproveitar os recursos vexetais do medio natural de xeito sustentable.

– CA5.2. Adestrouse e atendeuse o can pastor que colabora na condución, o manexo, a recollida e a vixilancia do rabaño, para que realice axeitadamente o seu traballo.

– CA5.3. Aplicáronse rapidamente as técnicas sanitarias básicas e os primeiros auxilios, en caso de accidente laboral.

– CA5.4. Suplementouse, en caso necesario, a alimentación do gando de pastoreo para cubrir as súas necesidades nutritivas, cando estas non se obteñan no campo.

– CA5.5. Almacenáronse e conserváronse as materias primas alimentarias de maneira axeitada.

– CA5.6. Preparáronse os alimentos suplementarios segundo a forma indicada.

– CA5.7. Vixiouse o consumo de auga e de alimentos suplementarios subministrados aos animais, para evitar posibles alteracións produtivas e de saúde.

– CA5.8. Anotáronse e comunicáronse, segundo os protocolos establecidos, os traumatismos, as feridas, os signos e os síntomas de alteración do estado de saúde normal, e os tratamentos básicos aplicados nos animais.

– CA5.9. Detectáronse traumatismos, feridas e posibles signos e síntomas da alteración do estado de saúde do gando de pastoreo, e realizáronse os tratamentos auxiliares básicos en caso necesario, en condicións de seguridade, cumprindo o Plan de prevención de riscos laborais e as instrucións recibidas.

• RA6. Realiza operacións auxiliares de mantemento de instalacións e manexo da maquinaria e os equipamentos en explotacións gandeiras, tendo en conta a normativa básica ambiental e de prevención de riscos laborais, así como as instrucións recibidas.

– CA6.1. Executáronse os labores de limpeza e desinfección das instalacións da explotación, segundo as instrucións recibidas.

– CA6.2. Revisouse e comprobouse o estado das proteccións contra insectos, paxaros e roedores, e comunicáronse as incidencias observadas.

– CA6.3. Elimináronse os residuos xerados polo mantemento básico das instalacións, a maquinaria, os equipamentos e os utensilios, segundo as instrucións recibidas.

– CA6.4. Realizáronse operacións auxiliares de mantemento básico das instalacións, a maquinaria, os equipamentos, os utensilios e as ferramentas da explotación para a súa conservación en estado de uso.

– CA6.5. Ordenouse e colocouse a maquinaria, os equipamentos, os utensilios e as ferramentas, tras o seu uso, nos lugares axeitados.

– CA6.6. Manexáronse, dentro da explotación e de acordo co seu nivel, a maquinaria, os equipamentos, os utensilios e as ferramentas aplicando as medidas de prevención de riscos laborais.

– CA6.7. Utilizáronse correctamente os equipamentos, as prendas de roupa e os ele-mentos de protección persoal requiridos para o traballo que se vaia realizar.

– CA6.8. Realizouse a instalación e o manexo de estacas, postes, illantes de cercas e/ou pastores eléctricos, considerando as normas de prevención de riscos laborais e de benestar animal.

2. Anexo II.

A) Espazos mínimos.

Espazo formativo

Superficie m2

(12 alumnos/as)

Aula polivalente.

30

Almacén.

120

Taller agrario.

90

Aloxamentos gandeiros.

250 (m2 por especie)

Leira (*)

20.000

(*) Espazo singular non necesariamente situado no centro de formación.

B) Equipamentos mínimos.

Espazo formativo

Equipamento

  • Aula polivalente.
  • Ordenadores instalados en rede, canón de proxección e acceso á internet.
  • Medios audiovisuais.
  • Almacén.
  • Pas e angazos; carretas e caldeiros.
  • Medicamentos; material de conservación e aplicación de medicamentos.
  • Taller agrario.
  • Máquinas autopropulsadas para a aplicación dos produtos sanitarios, para a carga, a descarga e o transporte de materias primas e animais, para a limpeza, e para a alimentación, extracción e conservación de produtos gandeiros.
  • Ferramentas para o mantemento de máquinas e equipamentos.
  • Máquinas de auga a presión para lavado.
  • Produtos de limpeza e desinfección.
  • Roupa e calzado de traballo axeitados.
  • Roupa impermeable. Equipamentos de protección.
  • Protectores ópticos e acústicos.
  • Máquinas, utensilios, equipamentos e instalacións gandeiras.
  • Aloxamentos gandeiros.
  • Poldros e material de recollida de seme.
  • Neveiras portátiles.
  • Extractor para partos difíciles.
  • Equipamentos de suxeición e condución de sementais.
  • Equipamentos e materiais para facilitar a monta.
  • Equipamentos e materiais de identificación e marcaxe.
  • Escornadores, cauterizadores, aros de goma, instrumentos de corte e máquinas de aplicación.
  • Comedeiros de forraxes.
  • Sistema de ventilación.
  • Equipamentos de mestura de alimentos (unifeed).
  • Materiais de confort de chans.
  • Equipamento de muxidura.
  • Contedor de cadáveres.
  • Equipamentos e materiais de identificación e marcaxe.
  • Comedeiros de concentrados e de volume.
  • Bebedoiros.
  • Material de manexo de gando.
  • Repartidores automáticos de pensos e forraxes.
  • Animais de diferentes idades.
  • Cercas permanentes e móbiles, mangas, equipamentos de pesaxe, cepos de inmobilización e resortes de carga.
  • Equipamentos de protección.
  • Leira.
  • Silos de pensos e forraxes.

3. Anexo III.

A) Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos específicos do perfil profesional.

Módulo específicos

Especialidade do profesorado

Corpo

  • ME0157. Reprodución gandeira.

Operacións e equipamentos de produción agraria.

Profesorado técnico de formación profesional.

Procesos de produción agraria.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

  • ME0158. Manexo da produción en explotacións gandeiras.

Operacións e equipamentos de produción agraria.

Profesorado técnico de formación profesional.

Procesos de produción agraria.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

  • ME0159. Pastoreo de gando.

Operacións e equipamentos de produción agraria.

Profesorado técnico de formación profesional.

Procesos de produción agraria.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

  • ME0160. Mantemento de instalacións, e manexo de maquinaria e equipamentos en explotacións gandeiras.

Operacións e equipamentos de produción agraria.

Profesorado técnico de formación profesional.

Procesos de produción agraria.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

B) Titulacións requiridas para a impartición dos módulos específicos que conforman o perfil profesional nos programas de cualificación profesional inicial para os centros de titularidade privada ou doutras administracións distintas da educativa.

Módulos específicos

Titulacións

  • ME0157. Reprodución gandeira.
  • ME0158. Manexo da produción en explotacións gandeiras.
  • ME0159. Pastoreo de gando.
  • ME0160. Mantemento de instalacións, e manexo de maquinaria e equipamentos en explotacións gandeiras.
  • Licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a, mestre/a, arquitecto/a técnico/a, enxeñeiro/a técnico/a, diplomado/a, título de grao, técnico/a superior, ou outros títulos equivalentes cuxos perfís académicos se correspondan coa formación asociada aos módulos específicos no programa de cualificación profesional inicial.

4. Anexo IV.

Perfil das persoas formadoras que impartan os módulos específicos do perfil profesional en contornos produtivos.

Módulo específico

Perfil profesional da persoa formadora

  • ME0157. Reprodución gandeira.
  • Dominio dos coñecementos e as técnicas que se relacionan coas operacións auxiliares de reprodución gandeira, que se acreditará mediante un dos xeitos seguintes:

– Formación académica de técnico superior e outras de superior nivel relacionadas con este campo profesional.

– Experiencia profesional dun mínimo de tres anos no campo das competencias relacionadas con este módulo formativo.

  • ME0158. Manexo da produción en explotacións gandeiras.
  • Dominio dos coñecementos e as técnicas que se relacionan con operacións auxiliares relacionadas co manexo da produción gandeira, que se acreditará mediante un dos xeitos seguintes:

– Formación académica de técnico superior e outras de superior nivel relacionadas con este campo profesional.

– Experiencia profesional dun mínimo de tres anos no campo das competencias relacionadas con este módulo formativo.

  • ME0159. Pastoreo de gando.
  • Dominio dos coñecementos e as técnicas que se relacionan co pastoreo do gando, que se acreditará mediante un dos xeitos seguintes:

– Formación académica de técnico superior e outras de superior nivel relacionadas con este campo profesional.

– Experiencia profesional dun mínimo de tres anos no campo das competencias relacionadas con este módulo formativo.

  • ME0160. Mantemento de instalacións, e manexo de maquinaria e equipamentos en explotacións gandeiras.
  • Dominio dos coñecementos e as técnicas que se relacionan co manexo e o mantemento das instalacións e dos equipamentos de explotacións gandeiras, que se acreditará mediante un dos xeitos seguintes:

– Formación académica de técnico superior e outras de superior nivel relacionadas con este campo profesional.

– Experiencia profesional dun mínimo de tres anos no campo das competencias relacionadas con este módulo formativo.

5. Anexo V.

Relación dos módulos específicos coas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais que inclúe o programa.

Módulo específico

Unidades de competencia

  • ME0157. Reprodución gandeira.
  • UC0712_1: realizar operacións auxiliares de reprodución en gandaría.
  • ME0158. Manexo da produción en explotacións gandeiras.
  • UC0713_1: realizar operacións auxiliares de manexo da produción en explotacións gandeiras.
  • ME0159. Pastoreo de gando.
  • UC0714_1: realizar o pastoreo do gando.
  • ME0160. Mantemento de instalacións, e manexo de maquinaria e equipamentos en explotacións gandeiras.
  • UC0715_1: realizar operacións auxiliares de mantemento de instalacións e manexo da maquinaria e dos equipamentos en explotacións gandeiras.

6. Anexo VI.

Distribución horaria dos módulos específicos.

Módulo específico

Horas totais

Sesións semanais (*)

  • ME0157. Reprodución gandeira.

117

5

  • ME0158. Manexo da produción en explotacións gandeiras.

117

5

  • ME0159. Pastoreo de gando.

  93

4

  • ME0160. Mantemento de instalacións, e manexo de maquinaria e equipamentos en explotacións gandeiras.

  93

4

  • ME0161. Formación en centros de traballo.

160

-

* Distribución semanal para os centros que impartan as ensinanzas do programa de cualificación profesional inicial en sesións de 50 minutos.