Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2012 Páx. 39663

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se anuncia a contratación da xestión, en réxime de concesión, do centro de día para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas de Pontevedra, por procedemento negociado con publicidade e tramitación urxente.

A Consellería de Traballo e Benestar, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anunciar a contratación que seguidamente se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: PN 79/2012.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación da xestión, en réxime de concesión, do centro de día para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas de Pontevedra, por procedemento negociado con publicidade e tramitación urxente.

b) Lugar de execución: Pontevedra.

c) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato (prevista para o 1 de decembro de 2012) ata o 31 de decembro de 2013.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: negociado con publicidade.

4. Orzamento base de licitación: ascende a trescentos dezaseis mil seiscentos doce euros con sesenta e seis céntimos (316.612,66 €) aos cales se lle engaden dezaseis mil oitocentos corenta e un euros con setenta e tres céntimos (16.841,73 €) que corresponden ao IVE, polo que o importe total do expediente de gasto é de trescentos trinta e tres mil catrocentos cincuenta e catro euros con trinta e nove céntimos (333.454,39 €).

5. Garantía provisoria: non.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Subdirección Xeral de Recursos Económicos.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfonos: 981 54 56 50-981 54 46 50.

e) Fax: 981 54 56 63.

f) Data límite da obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica, financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusula 8.1.7) e 8), presentación de solicitudes de participación, prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: oito días naturais contados desde o seguinte ao da data de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Oficina do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia do Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

2. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral de Política Social.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) A data e a hora de apertura: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de anuncios: 10,82 € por liña publicada no DOG.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18102

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2012

P.D. (Orde 19.8.2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar