Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2012 Páx. 40085

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2012 pola que se convoca o curso para policías locais denominado Control de vehículos con tacógrafos dixitais.

Dentro das actividades programadas para o ano 2012, en virtude do convenio de formación asinado entre a Academia Galega de Seguridade Pública e a Deputación Provincial de Ourense, anúnciase a convocatoria do curso para policías locais denominado Control de vehículos con tacógrafos dixitais.

1. Datos da actividade.

Denominación: control de vehículos con tacógrafos dixitais.

Tipo: curso.

Horas lectivas: 4.

Modalidade: presencial.

Obxectivos:

– Tentar dotar os policías locais dun maior nivel de coñecementos, habilidades e destrezas axeitados ao perfil que a sociedade actual require e demanda dos axentes e corpos de seguridade.

– Achegar aos participantes unha formación específica respecto ás características, funcionamento e correcto emprego dos aparellos tacógrafos e a normativa que os xestiona relacionada cos tempos de condución e descanso.

Contido:

1. O tacógrafo dixital.

1.1. Índice lexislativo.

1.2. Definicións.

1.3. Vehículos obrigados a instalar e empregar o tacógrafo.

1.4. Excepcións.

1.5. Tipos de tacógrafo dixital. Fabricantes e modelos.

1.6. Tarxetas do tacógrafo dixital.

2. Características xerais e funcións do aparello de control.

2.1. Características xerais dos tacógrafos dixitais.

2.2. Funcións dos tacógrafos dixitais.

2.3. Condicións de fabricación e funcionamento dos tacógrafos dixitais.

2.4. Placas descritivas.

2.5. Placas de montaxe.

3. Emprego do tacógrafo.

3.1. Obrigas de empresarios e condutores.

3.2. Actuacións e anotacións ante avarías no tacógrafo.

3.3. Pictogramas.

3.4. Impresión e lectura do documento impreso.

4. Incidentes, fallos e manipulacións.

4.1. Descrición, contrasinal e colocación dos precintos.

4.2. Incidentes e fallos no tacógrafo dixital.

4.3. Manipulacións.

2. Desenvolvemento da convocatoria.

Destinatarios/as:

– Persoal ao servizo das entidades locais de Ourense pertencente aos corpos da policía local e, de xeito complementario, aos membros das forzas e corpos de seguridade do Estado.

– Membros da policía local de calquera escala e categoría profesional que sexan operativos e que realicen tarefas de control de tráfico e seguridade viaria.

Prazas ofertadas: 30 prazas.

Reservarase o 50 % das prazas para solicitantes mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria, segundo o disposto no artigo 37.bis da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes.

3. Solicitudes de participación.

Prazo de inscrición e presentación:

O prazo de inscrición e presentación de solicitudes de participación rematará o día 6 de novembro de 2012.

As solicitudes de participación e documentación complementaria que se exixa deberán remitirse por escrito ao Negociado de Formación da Deputación Provincial:

– Por correo electrónico: formacion@depourense.es

– Por correo: Deputación Ourense-Negociado de Formación.

Rúa Progreso, 30, 2º, 32003 Ourense.

– Ou presentando a documentación no Rexistro Xeral da Deputación Provincial.

Listaxe de solicitudes seleccionadas:

A lista de seleccionados en cada curso exporase oficialmente no taboleiro de anuncios do Negociado de Formación da Deputación de Ourense, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes; e, ao mesmo tempo, os peticionarios poderán obter información sobre a súa admisión chamando o teléfono 988 38 51 42 ou consultando na páxina web www.depourense.es

Criterios de selección:

a) Menor número de cursos realizados polo/a alumno/a solicitante nos últimos cinco anos, segundo conste nas bases de datos da Academia, e non ter feito con anterioridade o curso que se convoca.

b) A igual número de cursos terá preferencia o alumnado que leve máis tempo sen participar nas actividades da Academia.

c) Antigüidade.

Obrigas das persoas seleccionadas:

As persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con, cando menos, 48 horas de antelación ao comezo desta.

Noutro caso serán excluídas automaticamente da selección para as dez seguintes actividades que se convoquen, para as que reúnan os requisitos exixidos de participación (artigos 18 e 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp, en relación co artigo 46 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro).

4. Desenvolvemento da actividade.

Lugar: o curso impartirase no Aula Progreso do Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación Provincial de Ourense (rúa Progreso, 30, 2º, Ourense).

Horario: das 16.30 ás 20.30 horas.

Data: 13 de novembro de 2012.

Certificado de asistencia: ao remate da actividade entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada.

5. Dereitos e deberes do alumnado participante.

Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp, aprobado pola Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 4 de febreiro de 2009 (DOG núm. 30, do 12 de febreiro).

6. Modificacións e incidencias.

Tanto a Academia Galega de Seguridade Pública como a Deputación Provincial de Ourense poderán modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 10 de outubro de 2012

José Carlos García Bouzas
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública