Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2012 Páx. 41108

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xullo) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2012, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2012

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2012

Convenio

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a empresa Repsol Butano, S.A. para o desenvolvemento no bienio 2012-2013 de redes de distribución de GLP en núcleos de poboación, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder 2007-2013

25.6.2012

87.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e o Concello de Cangas para a adecuación de liñas eléctricas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013

7.8.2012

683.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello das Somozas para a execución do proxecto de mellora do parque empresarial das Somozas cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2012

9.8.2012

2.502.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, a Fundación Galicia Empresa e a Compañía de Radio-Televisión de Galicia e Televisión de Galicia, S.A., para a realización e emisión de trece espazos divulgativos de empresas da Fundación Galicia Empresa

27.6.2012

29.096,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga), para o desenvolvemento dun plan piloto de electromobilidade consistente na construción de 7 estacións multifuncionais de electromobilidade na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013

28.5.2012

2.400.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o desenvolvemento de actuacións de interese xeral para o sector mineiro de Galicia

4.6.2012

24.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e o Concello de Verín para a adecuación de liñas eléctricas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013

7.8.2012

1.239.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para a elaboración dun plan integral de loita contra o po nas explotacións mineiras galegas

20.8.2012

65.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e as cámaras oficiais de Comercio, Industria e Navegación Galegas para o fomento das exportacións galegas-Foexga 2012, financiado polo Feder no marco do programa operativo 2007-2013

21.6.2012

1.463.316,25 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e o Consello Galego de Cámaras para financiamento de gastos correntes

7.6.2012

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento da XXI Edición do programa de formación en internacionalización de empresas e comercio exterior

1.6.2012

103.500,00 €

Covenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade Editorial Compostela, S.A. editora do xornal El Correo Gallego, para a difusión neste medio de contidos de interese para a sociedade galega sobre actuacións relacionadas co ámbito competencial da consellería

15.6.2012

150.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade La Voz de Galicia, S.A. editora do xornal La Voz de Galicia, para a difusión neste medio de contidos de interese para a sociedade galega sobre actuacións relacionadas co ámbito competencial da consellería

15.6.2012

150.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade El Progeso de Lugo, S.L. editora do xornal El Progreso, para a difusión neste medio de contidos de interese para a sociedade galega sobre actuacións relacionadas co ámbito competencial da consellería

15.6.2012

150.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Deputación Provincial de Ourense polo que se autoriza a Deputación Provincial de Ourense o uso de instalacións de carácter deportivo existentes no parque tecnolóxico de Galicia

22.6.2012

00,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Deputación Provincial de Pontevedra para o financiamento de actuacións encadradas nun proxecto de información e dinamización comercial na provincia de Pontevedra, financiado polo Feder no marco do programa opertivo 2007-2013

12.7.2012

239.304,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Mondariz para actuacións de modernización en equipamentos comerciais municipais

3.7.2012

65.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Sanxenxo para a realización das obras de reforma interior do inmoble Casa Mariñeira Don Fernando con destino á promoción da artesanía galega

3.7.2012

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización do curso de postgrado máster en Administración Local MB10

27.8.2012

3.000,00 €