Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2012 Páx. 41839

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2012 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 30 de decembro de 2011, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social.

De conformidade co disposto no artigo 18.1º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; e no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 30 de decembro de 2011, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social.

Finalidade da axuda: as axudas teñen por obxecto o establecemento de subvencións ás entidades de iniciativa social para a realización de programas de incorporación sociolaboral que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social.

Norma reguladora: Orde do 30 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social (Diario Oficial de Galicia nº 15, do 23 de xaneiro de 2012).

Crédito orzamentario:

585.000 euros, na aplicación orzamentaria 12.02.313C.481.6.

14.559,72 euros, na aplicación orzamentaria 12.08.313C.481.4.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2012

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO

Solicitante

Programa concedido

Concedido

Institución Benéfico Social Padre Rubinos

Programa de inserción sociolaboral para persoas sen fogar

10.947,80 €

A.C.D.R. Portas Abertas

Intervención no rural

8.751,96 €

Asociación Promoción e Integración Gitana

Programa de acompañamento ao emprego 2012

18.000,00 €

Centro para o Desenvolvemento Rural Os Ancares

Programa de inclusión Ancares

17.700,00 €

Asociación de Ayuda a la Vida (Ayuvi)

Curso de costura para o autoemprego

2.200,00 €

Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña

Obradoiro de perfeccionamento de viveirismo

5.386,70 €

Asociación de Empresas Inserción de Galicia (Aeiga)

Rede Insire

10.805,01 €

Asociación de Mulleres Progresistas de Vigo

Servizo de kanguros

6.174,00 €

Centro Cultural-Social Xoán XXIII

Axudante de cociña

11.400,00 €

Centro Cultural-Social Xoán XXIII

Xardinaría e poda

6.480,00 €

Fundación Down Compostela

Servizo de inclusión social e laboral

18.000,00 €

Fademga FEAPS-Galicia

Plan integral de formación de persoas con discapacidade intelectual de Galicia

11.646,65 €

Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol

Dentro-fóra «senteito»

9.280,00 €

Fundación Radio Ecca

Competencias clave

16.800,00 €

Asociación Plataforma polo Emprego

Programa Insire

19.737,60 €

FEAFES Galicia

Acompañamento e apoio formativo cara ao emprego

15.900,00 €

Asociación Síndrome de Down Teima

Servizo de inclusión social e laboral

5.945,06 €

Asociación Dignidad Ferrol

Operario básico de cociña

10.947,80 €

Asociación Cultural «Os Tres Reinos»

Programas integrais en zonas rurais que favorezan a inclusión social e laboral

3.602,60 €

Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela

Proxecto Rocha

15.900,00 €

Asociación Down Coruña

Servizo de inclusión social e laboral

16.800,00 €

Asociación Xarela Formación-Animación

Inclúete no emprego III

16.500,00 €

Cruz Vermella Española-Galicia

Inserción sociolaboral Burela

5.678,92 €

Cruz Vermella Española-Galicia

Orientación ao emprego, O Salnés

9.975,45 €

Fundación de Protección de Discapacitados Psíquicos-Vilalba

Programa de formación e inserción permanente en materia silvícola

16.500,00 €

Centro HH Oblatas-O Mencer

Programa de fomento da inclusión social e da integración laboral das mulleres

19.200,00 €

C.C.A.R. Valladares

Camareiro restaurante-bar

9.150,00 €

C.C.A.R. Valladares

Axudante de cociña

8.700,00 €

Fundación Secretariado Gitano

Fomento da inclusión social e integración no mercado de traballo de persoas en exclusión social

9.552,57 €

Asociación Síndrome Down de Lugo (Down Lugo)

Servizo de inclusión social e laboral

6.300,00 €

Asociación Rexurdir

Programa de preparación para o emprego

13.117,82 €

Asociación Pro Enfermos Mentales APEM (Coruña)

Incorporación sociolaboral de persoas con enfermidades mentais

16.200,00 €

Asociación Pontevedresa de Síndrome de Down Xuntos

Servizo de inclusión sociolaboral 2012

12.969,60 €

Asociación Desarrollo Sociocultural Formación e Empleo (Asfem)

Programa Adiante

25.200,00 €

Érguete Baixo Miño

Incorporación social e laboral

8.766,20 €

Asociación Síndrome de Down Vigo

Formación e inserción laboral

21.600,00 €

Fundación Ronsel

Finish Terra

11.608,97 €

Asociación Down Ourense

Servizo de inclusión social e laboral

10.530,00 €

Asociación Comarcal de Educación Especial Santísimo Cristo del Amor (ACEESCA)

Formación e adquisición de habilidades

11.110,40 €

Emaús Fundación Social

Programa Tesela

21.900,00 €

Asociación Pro Salud Mental A Creba

Integración sociolaboral de persoas discapacitadas procedentes do ámbito rural

6.600,60 €

Asociación de Promoción de Minusválidos Psíquicos (Limisi)

Inserción social e laboral para persoas con discapacidade intelectual da comarca da Limia

3.667,80 €

Asociación Familiares e Enferm@S Mentais Lenda

Vamos-Proxecto de integración sociolaboral

3.920,00 €

Asociación Autismo Ourense

Integración sociolaboral de mulleres con persoa con trastorno xeneralizado do desenvolvemento a cargo

10.947,80 €

Arquitectos Sin Fronteras-Demarcación Galicia

Alternativas de autoemprego e IPIS

8.383,26 €

Cimo

Operario de limpeza e atención a persoas dependentes, xestor de almacén

10.947,80 €

Asociación de Prevención da Exclusión Social-APES

Programa punto de partida

10.947,75 €

Fundación Amigos de Galicia

Actividades de formación de tipo laboral específica adaptada ás necesidades do colectivo en situación de risco

15.900,00 €

Centro de Desenvolvemento Rural O Viso

Proxecto integral de intervención na comarca da Limia

16.800,00 €

Fundación Érguete Integración

Programa de formación e incorporación sociolaboral a través do impacto sociocomunitario

14.479,60 €