Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2012 Páx. 42621

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2011, relativos á axuda para a atención de persoas discapacitadas para o persoal da Administración da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido na norma 7.3 dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social para o exercicio económico do ano 2011, relativos á axuda para a atención de persoas discapacitadas, aprobados polo Consello da Xunta de Galicia do 10 de maio de 2012 e publicados pola Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 11 de maio de 2012 (DOG número 94, do 18 de maio), o anuncio de exposición das listaxes definitivas de admitidos e excluídos publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Dado que nas listaxes preceptivas figuran datos de carácter identificativo, de características persoais, económicos ou de saúde, protexidos pola Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, cuxa publicación pode lesionar o dereito constitucional á intimidade dos/das solicitantes ou dos/das causantes das axudas, cómpre realizar a publicación coas limitacións e reservas establecidas no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Dando cumprimento ao prescrito, esta dirección xeral, unha vez transcorrido o prazo de alegacións previsto no punto segundo da Resolución do 31 de agosto de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 174, do 12 de setembro) e unha vez concluídos os traballos de revisión das reclamacións presentadas,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar no Diario Oficial de Galicia, como anexo a esta resolución, a distribución final da concesión das axudas do Fondo de Acción Social do exercicio económico do ano 2011.

Segundo. Facer públicas as listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2011 relativos á axuda para a atención de persoas discapacitadas na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública http://funcionpublica.xunta.es/?q=FAS

Para o coñecemento íntegro do acto, as persoas solicitantes deberán introducir nos espazos habilitados para o efecto o NIF e máis o código de impresión da súa solicitude.

Segundo. As persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada contra esta resolución perante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co previsto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Tipo de axuda

Entradas

Aprobadas

Denegadas

Importe euros

1. Discapacitados

767

688

79

878.496,29