Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2012 Páx. 42706

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO polo que se fai público o nomeamento de dous funcionarios de carreira deste concello.

O concelleiro de goberno responsable da Área de Réxime Interior e Persoal, mediante Resolución do 15 de outubro de 2012, nomeou funcionarios de carreira deste concello a:

Juan José Abilleira Argibay, con DNI 44086999-R, e Jorge Antonio Álvarez Santiago, con DNI 77417059-W, para ocupar en dúas prazas de policía do corpo da Policía local, tras acreditaren a superación do curso básico de capacitación para a categoría de policía dos corpos da Policía local que realizou a Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).

Os devanditos nomeamentos efectúanse segundo proposta do tribunal cualificador, ao que se dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Pontevedra, 18 de outubro de 2012

Miguel A. Fernández Lores
Alcalde