Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2012 Páx. 42841

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o perfil do programa de cualificación profesional inicial de aproveitamento forestal e conservación e mellora de montes en Galicia.

O Real decreto 1179/2008, do 11 de xullo, estableceu, entre outras, as cualificacións profesionais de nivel 1 de actividades auxiliares en aproveitamentos forestais e de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, pertencentes á familia profesional agraria, así como os módulos formativos asociados ás unidades de competencia de que se compón.

O Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, recolle na súa disposición adicional terceira que os módulos específicos asociados a unidades de competencia de cualificacións profesionais de nivel 1 incluídos nos programas de cualificación profesional inicial desenvolven a competencia do perfil profesional, e formarán parte da formación profesional do sistema educativo, e determina que a consellería con competencias en materia de educación establecerá o currículo dos módulos específicos dos respectivos perfís profesionais de acordo co tecido produtivo de Galicia.

A Orde do 13 de xullo de 2011 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia establece no seu artigo 7 que os currículos dos módulos específicos dos perfís profesionais que se establezan se desenvolverán por medio de resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, e que deberán tomar como referencia os módulos formativos asociados ás unidades de competencia que inclúa o perfil.

Na súa virtude, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Obxecto

Esta resolución ten por obxecto o establecemento do perfil profesional do programa de cualificación profesional inicial de aproveitamento forestal e conservación e mellora de montes en Galicia.

Segundo. Identificación

O programa de cualificación profesional inicial de aproveitamento forestal e conservación e mellora de montes queda identificado polos seguintes elementos:

– Denominación: aproveitamento forestal e conservación e mellora de montes.

– Nivel: programa de cualificación profesional inicial.

– Duración: 580 horas.

– Familia profesional: agraria.

Terceiro. Competencia xeral

Realizar as actividades auxiliares necesarias para o aproveitamento dos produtos forestais e para a conservación e a mellora do monte, seguindo instrucións ou plan de traballo, aplicando criterios de calidade e de eficiencia e respectando a normativa de prevención de riscos laborais e ambientais.

Cuarto. Competencias profesionais, persoais e sociais

As competencias profesionais, persoais e sociais deste programa de cualificación profesional inicial son as que se relacionan:

a) Realizar labores auxiliares na execución de medicións e sinalamentos.

b) Colaborar nos labores de aproveitamento de madeiras e leñas para facilitar e axilizar a saca.

c) Realizar labores auxiliares no tratamento de subprodutos.

d) Apañar os froitos e as sementes forestais máis frecuentes.

e) Apañar os froitos do piñeiro manso.

f) Sangrar piñeiros resineiros para obter mera.

g) Apañar plantas para os labores artesanais, ornamentais, aromáticos, condimentarios e medicinais máis frecuentes.

h) Apañar os fungos silvestres comercializables.

i) Realizar as operacións auxiliares de repoboación para implantar no monte material forestal.

j) Realizar as operacións auxiliares de corrección hidrolóxico-forestal.

k) Realizar as operacións auxiliares de construción e mantemento de camiños forestais, devasas e puntos de auga.

l) Tratar a vexetación preexistente para a súa eliminación nos traballos forestais.

m) Realizar as operacións auxiliares nos tratamentos de abatemento e poda.

n) Executar as operacións auxiliares de prevención de danos nas plantas.

ñ) Regular a maquinaria de aplicación de produtos fitosanitarios de manexo sinxelo e realizar o seu mantemento.

o) Manipular e aplicar produtos fitosanitarios.

p) Realizar as operacións auxiliares na loita biolóxica contra as pragas e as enfermidades.

q) Adaptarse á organización da empresa integrándose no sistema de relacións técnico-laborais.

r) Interpretar e executar as instrucións que recibe e responsabilizarse do labor que desenvolve, comunicándose de xeito eficaz coa persoa adecuada en cada momento.

s) Habituarse ao ritmo de traballo da empresa cumprindo os obxectivos de rendemento diario definidos na súa propia organización.

t) Mostrar unha actitude de respecto cara aos compañeiros e as compañeiras, os procedementos e as normas internas da empresa.

u) Comunicarse eficazmente coas persoas adecuadas en cada momento, respectando as canles establecidas na organización.

v) Respectar os horarios e ritmo de traballo, cumprindo cos obxectivos de rendemento diario marcados pola empresa.

w) Interesarse polas previsións de crecemento da empresa e sentir curiosidade polo seu plan de calidade.

x) Cumprir as normas de seguridade, saúde e protección ambiental, detectando e previndo os riscos asociados ao posto de traballo.

y) Manter hábitos de orde, responsabilidade e pulcritude ao longo da actividade.

z) Actuar con confianza na propia capacidade profesional e prestar atención ás innovacións que se produzan dentro do sector e que poidan fomentar o propio desenvolvemento profesional.

Quinto. Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo nacional das cualificacións profesionais incluídas no perfil profesional

1. Cualificacións profesionais completas incluídas no perfil:

Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, AGA399_1 (Real decreto 1179/2008, do 11 de xullo), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

– UC1293_1: realizar actividades auxiliares de repoboación, de corrección hidrolóxica, e de construción e mantemento de infraestruturas forestais.

– UC1294_1: realizar actividades auxiliares en tratamentos silvícolas.

– UC1295_1: realizar actividades auxiliares no control de axentes causantes de pragas e enfermidades ás plantas forestais.

2. Cualificacións profesionais incompletas incluídas no perfil:

Actividades auxiliares en aproveitamentos forestais, AGA398_1 (Real decreto 1179/2008, do 11 de xullo), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

– UC1290_1: realizar actividades auxiliares en aproveitamentos madeireiros.

– UC1292_1: apañar froitos, sementes, fungos, plantas e outros produtos forestais comercializables.

Sexto. Contorno profesional

1. Ámbito profesional: desenvolve a súa actividade profesional por conta allea en grandes, medianas e pequenas empresas públicas ou privadas dedicadas aos aproveitamentos forestais e a traballos de repoboación forestal, tratamentos silvícolas e traballos de mellora e mantemento da infraestrutura forestal.

2. Sectores produtivos: sitúase no sector agrario, dentro dos subsector de silvicultura e explotación forestal, nas seguintes actividades produtivas: explotacións forestais, empresas de implantacións forestais, empresas de tratamentos silvícolas, empresas de tratamentos fitosanitarios, empresas de construción e/ou mantemento de infraestruturas forestais e empresas de aproveitamentos forestais.

3. Ocupacións e postos de traballo máis salientables:

– Peón en explotacións forestais.

– Peón en empresas de aproveitamentos forestais.

– Peón en empresas de implantacións forestais.

– Peón en empresas de tratamentos silvícolas.

– Aplicador/ora de nivel básico de pesticidas de uso fitosanitario.

Sétimo. Módulos específicos

1. Os módulos específicos deste perfil profesional, que toman como referentes os módulos formativos asociados ás unidades de competencia de que se compón, quedan desenvolvidos no anexo I.

2. Son os que se relacionan:

– ME0162. Aproveitamentos madeireiros.

– ME0163. Colleita de produtos forestais comercializables.

– ME0164. Repoboamento, corrección hidrolóxica e construción e mantemento de infraestruturas forestais.

– ME0165. Tratamentos silvícolas.

– ME0166. Control de axentes causantes de pestes e enfermidades nas plantas forestais.

– ME0167. Formación en centros de traballo.

Oitavo. Espazos e equipamentos

1. Os espazos e os equipamentos mínimos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas deste perfil profesional son os establecidos no anexo II.

2. Os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por diferentes grupos de alumnado.

3. Non cómpre que os espazos formativos identificados se diferencien mediante pechamentos.

Noveno. Profesorado e persoas formadoras

1. A atribución docente dos módulos específicos que constitúen as ensinanzas deste perfil profesional nos programas de cualificación profesional inicial impartidos en centros de ensino públicos dependentes da consellería con competencias en materia de educación establécese no anexo III A).

2. As titulacións requiridas para a impartición dos módulos específicos que conforman o perfil profesional nos programas de cualificación profesional inicial para os centros de titularidade privada ou doutras administracións distintas da educativa establécense no anexo III B).

3. O perfil das persoas formadoras que impartan os módulos específicos en contornos produtivos establécese no anexo IV.

Décimo. Relación de módulos específicos coas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais que inclúe o programa

A relación dos módulos específicos coas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais que inclúe o programa é a que figura na táboa que se inclúe como anexo V.

Décimo primeiro. Distribución horaria dos módulos específicos

A distribución horaria dos módulos específicos cursados en contornos non produtivos se especifica no anexo VI.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2012

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

1. Anexo I: módulos específicos.

1.1. Módulo específico: aproveitamentos madeireiros.

• Código: ME0162.

• Duración: 47 horas.

1.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Realiza traballos auxiliares de preparación, medición e sinalamento de árbores aplicando as técnicas apropiadas e explica os métodos seguidos.

– CA1.1. Nomeáronse os métodos de limpeza de maleza para o acceso á árbore e preparación puntual do fuste para facilitar as medicións e os sinalamentos, utilizando ferramentas manuais ou pequenas máquinas.

– CA1.2. Explicáronse os procedementos básicos para a medición de diámetros de fustes.

– CA1.3. Describíronse os métodos de sinalamento de árbores en pé para efectuar o seu aproveitamento posterior.

– CA1.4. Identificáronse as ferramentas, os materiais, as máquinas, os equipamentos e medios utilizados para realizar estes traballos, describíronse as súas partes e explicouse o seu mantemento básico.

– CA1.5. Expuxéronse as situacións de risco laboral máis comúns durante a execución destes traballos e as medidas preventivas que cumpra adoptar para as evitar.

– CA1.6. Limpouse a maleza do terreo para facilitar o acceso á árbore, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de preparación, medición e sinalamento de árbores.

– CA1.7. Podáronse as ramas inferiores e limpouse a zona do fuste que cumpra medir e/ou sinalar, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de preparación, medición e sinalamento de árbores.

– CA1.8. Determinouse a altura nominal, medíronse os diámetros e anotáronse os datos obtidos, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de preparación, medición e sinalamento de árbores.

– CA1.9. Sinalizáronse as árbores obxecto de aproveitamento dun xeito claro e visible, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de preparación, medición e sinalamento de árbores.

– CA1.10. Executáronse os labores anteriores aplicando as medidas de prevención de riscos laborais e con criterios de redución do impacto ambiental, conforme a normativa.

• RA2. Realiza traballos auxiliares nos aproveitamentos madeireiros aplicando as técnicas establecidas e describe eses labores, así como as características dos produtos obtidos.

– CA2.1. Explicáronse os tipos de produtos que se obteñen nos aproveitamentos madeireiros.

– CA2.2. Describíronse as características que deben cumprir as toradas segundo o destino a que se dirixan.

– CA2.3. Identificáronse as ferramentas, os materiais, as máquinas, os equipamentos e os medios utilizados para realizar estes traballos, describíronse as súas partes e explicouse o seu mantemento básico.

– CA2.4. Expuxéronse as situacións de risco laboral máis comúns durante a execución destes traballos e as medidas preventivas que cumpra adoptar para as evitar.

– CA2.5. Clasificáronse as toradas, nun caso práctico debidamente caracterizado de aproveitamento madeireiro, segundo os criterios dados en función do destino posterior da madeira.

– CA2.6. Agrupáronse, nun caso práctico debidamente caracterizado de aproveitamento madeireiro, para facilitar a carga e a saca.

– CA2.7. Desenroscouse o cabrestante pola ruta máis axeitada, nun caso práctico debidamente caracterizado de aproveitamento madeireiro, e efectuouse o enganche dos fustes.

– CA2.8. Executáronse os labores anteriores, nun caso práctico debidamente caracterizado de aproveitamento madeireiro, aplicando as medidas de prevención de riscos laborais e con criterios de redución do impacto ambiental, conforme a normativa.

• RA3. Realiza traballos auxiliares durante os tratamentos de subprodutos madeireiros aplicando as técnicas oportunas e describe eses labores.

– CA3.1. Explicáronse os tratamentos que se poden realizar aos subprodutos resultantes dos aproveitamentos madeireiros.

– CA3.2. Recoñecéronse os subprodutos obxecto de aproveitamento e relacionáronse coa maquinaria necesaria para o seu tratamento.

– CA3.3. Explicáronse as técnicas de desprazamento e o xeito de agrupación destes materiais.

– CA3.4. Identificáronse as ferramentas, os materiais, as máquinas, os equipamentos e os medios utilizados para realizar estes traballos, describíronse as súas partes e explicouse o seu mantemento básico.

– CA3.5. Expuxéronse as situacións de risco laboral máis comúns durante a execución destes traballos e as medidas preventivas que cumpra adoptar para as evitar.

– CA3.6. Desprazouse o material non accesible para as máquinas, nun caso práctico debidamente caracterizado de realización dun tratamento de subproduto madeireiro.

– CA3.7. Separáronse os materiais que poidan causar avarías nas máquinas, nun caso práctico debidamente caracterizado de realización dun tratamento de subproduto madeireiro.

– CA3.8. Agrupáronse os subprodutos, nun caso práctico debidamente caracterizado de realización dun tratamento de subproduto madeireiro, cando o xustifique o aumento do rendemento das máquinas.

– CA3.9. Alimentáronse manualmente as máquinas en caso necesario, nun caso práctico debidamente caracterizado de realización dun tratamento de subproduto madeireiro.

– CA3.10. Executáronse os labores anteriores, nun caso práctico debidamente caracterizado de realización dun tratamento de subproduto madeireiro, aplicando as medidas de prevención de riscos laborais e con criterios de redución do impacto ambiental, respectando a normativa.

1.1.2. Contidos básicos.

Realización de traballos auxiliares en medicións e sinalamentos forestais:

• Técnicas de eliminación de obstáculos para efectuar as medicións e os sinalamentos.

• Técnicas básicas de medicións.

• Métodos e técnicas básicas de sinalamentos.

• Ferramentas, materiais, equipamentos, maquinaria de manexo sinxelo e medios utilizados nestes traballos.

• Normativa laboral e ambiental relacionada.

• Riscos laborais.

Realización de actividades auxiliares en aproveitamentos madeireiros:

• Tipos de produtos: fustes e toradas.

• Destinos: madeiras e leñas. Características. Criterios de calidade. Técnicas de desprazamento e agrupamento de fustes e toradas. Técnicas de saca. Manexo do cabrestante.

• Formas e volumes madeireiros comercializables. Principios sobre cubicación.

• Ferramentas, materiais, equipamentos, maquinaria de manexo sinxelo e medios utilizados nestes traballos.

• Normativa laboral e ambiental relacionada. Riscos laborais.

Realización de actividades auxiliares de aproveitamento de subprodutos madeireiros:

• Tipos de subprodutos: follas, ramas, cascas, tocos e raíces.

• Tratamentos: trituración, estelaxe, empaca etc.

• Técnicas de desprazamento e formas de empillar estes materiais.

• Ferramentas, materiais, equipamentos, maquinaria de manexo sinxelo e medios utilizados nestes traballos.

• Normativa laboral e ambiental relacionada. Riscos laborais.

1.1.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo específico contén a formación asociada á función de realización de actividades auxiliares en aproveitamentos madeireiros.

A definición desta función e as liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Realización de labores auxiliares na execución de medicións e sinalamentos.

– Colaboración nos labores de aproveitamento de madeiras e leñas para facilitar e axilizar a saca.

– Realización de labores auxiliares no tratamento de subprodutos para facilitar e axilizar o traballo da persoa operaria da máquina.

1.2. Módulo específico: colleita de produtos forestais comercializables.

• Código: ME0163.

• Duración: 140 horas.

1.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Recolle desde o chan froitos e sementes das especies forestais aproveitables, extrae dos froitos as sementes conforme os procedementos establecidos e explica os métodos aplicados na colleita.

– CA1.1. Distinguíronse as especies forestais máis comúns na comarca.

– CA1.2. Describiuse o aspecto que adquiren os froitos ao maduraren das especies forestais máis comúns e indicouse a época de maduración.

– CA1.3. Citáronse os métodos de colleita de froitos e sementes máis comunmente empregados.

– CA1.4. Citáronse os métodos de limpeza e extracción de sementes máis convenientes para cada tipo de froitos.

– CA1.5. Explicáronse os métodos habituais de almacenamentos de froitos e sementes.

– CA1.6. Identificáronse as ferramentas, os materiais, as máquinas e os equipamentos de manexo sinxelo utilizados para realizar traballos de colleita de froitos forestais e de extracción de sementes, describíronse as súas partes e explicouse o seu mantemento básico.

– CA1.7. Expuxéronse as situacións de risco laboral máis comúns durante a execución destes traballos e as medidas preventivas que cumpra adoptar para as evitar.

– CA1.8. Recoñeceuse a especie forestal obxecto do aproveitamento, nun caso debidamente caracterizado de colleita de froitos e/ou sementes forestais.

– CA1.9. Apañáronse as sementes e/ou os froitos indicados, nun caso debidamente caracterizado de colleita de froitos e/ou sementes forestais.

– CA1.10. Transportáronse os produtos aos puntos establecidos, nun caso debidamente caracterizado de colleita de froitos e/ou sementes forestais.

– CA1.11. Extraéronse as sementes dos froitos e limpáronse, nun caso debidamente caracterizado de colleita de froitos e/ou sementes forestais.

– CA1.12. Executáronse os labores anteriores, nun caso debidamente caracterizado de colleita de froitos e/ou sementes forestais, adoptando medidas de prevención de riscos laborais e de benestar animal, reducindo o impacto ambiental e respectando a normativa.

• RA2. Recolle piñas maduras desde o chan, sobre unha escada ou desde unha plataforma elevadora, e extrae os piñóns, e describe o proceso de colleita de piñas de piñeiro manso.

– CA2.1. Recoñeceuse o piñeiro manso e as características ambientais principais dos montes onde se desenvolve.

– CA2.2. Distinguiuse o grao de madureza das piñas.

– CA2.3. Explicouse o procedemento de colleita de piñas maduras, con indicación da técnica de protección das non maduras.

– CA2.4. Explicáronse os procesos e as técnicas de extracción e limpeza de piñóns.

– CA2.5. Identificáronse as ferramentas, os materiais, as máquinas e os equipamentos utilizados para realizar traballos auxiliares de colleita e estimación da cantidade de piñas de piñeiro manso, describíronse as súas partes e explicouse o seu mantemento básico.

– CA2.6. Describíronse os procedementos de extracción do piñón.

– CA2.7. Expuxéronse as situacións de risco laboral máis comúns durante a execución destes traballos e as medidas preventivas que cumpra adoptar para as evitar.

– CA2.8. Cortouse a base das piñas coa ferramenta axeitada, nun caso práctico debidamente caracterizado de colleita de piñas e extracción de piñón de piñeiro manso.

– CA2.9. Apañáronse e xuntáronse piñas nos puntos indicados, nun caso práctico debidamente caracterizado de colleita de piñas e extracción de piñón de piñeiro manso.

– CA2.10. Extraeuse o piñón das piñas, nun caso práctico debidamente caracterizado de colleita de piñas e extracción de piñón de piñeiro manso.

– CA2.11. Limpouse e almacenouse o piñón, nun caso práctico debidamente caracterizado de colleita de piñas e extracción de piñón de piñeiro manso.

– CA2.12. Executáronse os labores anteriores, nun caso práctico debidamente caracterizado de colleita de piñas e extracción de piñón de piñeiro manso, aplicando as medidas de prevención de riscos laborais e con criterios de redución do impacto ambiental, respectando a normativa.

• RA3. Extrae mera e envásaa para o seu transporte á fábrica, e explica as técnicas de desangra dos piñeiros resineiros.

– CE3 1. Definíronse os conceptos de resina, mera, costra de mera, pica, entalladura e cara.

– CA3.2. Describiuse a técnica de descasca.

– CA3.3. Explicáronse os métodos de desangra.

– CA3.4. Enumeráronse os condicionantes técnicos, nomeadamente canto á época de recolla, o mantemento básico da calidade da mera e o coidado do piñeiral que afectan o traballo de desangra.

– CA3.5. Identificáronse as ferramentas, os materiais, as máquinas e os equipamentos utilizados para realizar traballos auxiliares de transporte de cortiza, describíronse as súas partes e explicouse o seu mantemento básico.

– CA3.6. Expuxéronse as situacións de risco laboral máis comúns durante a execución destes traballos e as medidas preventivas que cumpra adoptar para as evitar.

– CA3.7. Identificáronse os piñeiros resineiros que serán obxecto do aproveitamento, nun caso práctico debidamente caracterizado de desangra.

– CA3.8. Extraeuse a casca dos piñeiros, nun caso práctico debidamente caracterizado de desangra.

– CA3.9. Colocáronse grampas, puntas e potes, nun caso práctico debidamente caracterizado de desangra.

– CA3.10. Fíxose a desangra mediante algún dos métodos máis comúns, nun caso práctico debidamente caracterizado de desangra.

– CA3.11. Baleiráronse os potes nas latas, nun caso práctico debidamente caracterizado de desangra, e achegáronse estas aos puntos de carga.

– CA3.12. Retirouse a costra de mera, nun caso práctico debidamente caracterizado de desangra.

– CA3.13. Executáronse os labores anteriores, nun caso práctico debidamente caracterizado de desangra, aplicando as medidas de prevención de riscos laborais e con criterios de redución do impacto ambiental, respectando a normativa.

• RA4. Recolle especies aromáticas, condimentarias e medicinais, así como as destinadas a labores artesanais, despois da súa identificación, e explica os métodos aplicados na súa colleita.

– CA4.1. Identificáronse as especies máis frecuentes e/ou utilizadas na comarca para labores artesanais, as especies de uces, aromáticas, condimentarias e medicinais, así como os materiais ornamentais empregados en floraría máis comúns nos montes da zona.

– CA4.2. Enumeráronse as técnicas de recolla deses recursos forestais, indicando os aspectos críticos que poidan diminuír as colleitas futuras ou ter un impacto negativo sobre o ambiente.

– CA4.3. Citáronse os condicionantes técnicos das operacións de recolla, nomeadamente canto á época de realización e o almacenamento posterior dos produtos.

– CA4.4. Identificáronse as ferramentas, os materiais, as máquinas e os equipamentos utilizados para realizar traballos auxiliares de colleita de plantas e outros produtos forestais comercializables, describíronse as súas partes e explicouse o seu mantemento básico.

– CA4.5. Expuxéronse as situacións de risco laboral máis comúns durante a execución destes traballos e as medidas preventivas que cumpra adoptar para as evitar.

– CA4.6. Recoñeceuse a especie ou as especies obxecto do aproveitamento, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de colleita de plantas ou outros produtos forestais comercializables.

– CA4.7. Apañouse o produto indicado, utilizando a técnica establecida, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de colleita de plantas ou outros produtos forestais comercializables.

– CA4.8. Fernecéronse os produtos de modo que se manteñan as súas calidades, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de colleita de plantas ou outros produtos forestais comercializables.

– CA4.9. Extraéronse, nun caso ou suposto práctico debidamente caracterizado de colleita de plantas ou outros produtos forestais comercializables, ata os puntos de carga para o seu transporte.

– CA4.10. Executáronse os labores anteriores adoptando medidas de prevención de riscos laborais e de benestar animal, reducindo o impacto ambiental e respectando a normativa.

• RA5. Recolle fungos silvestres das especies comercializables máis comúns na zona, despois da súa identificación e descrición.

– CA5.1. Describíronse as características anatómicas que permiten distinguir as especies de fungos.

– CA5.2. Explicáronse algúns aspectos da función dos fungos no ecosistema forestal.

– CA5.3. Expuxéronse os procedementos de recolla que danan innecesariamente as poboacións de fungos.

– CA5.4. Distinguíronse as especies de fungos silvestres da zona comercializables.

– CA5.5. Indicáronse os perigos de intoxicación por manipulación de fungos e as situacións de risco laboral máis comúns durante a execución destes traballos, así como as medidas preventivas que cumpra adoptar para o evitar.

– CA5.6. Identificáronse as especies silvestres comercializables da zona, nun caso práctico debidamente caracterizado de colleita de fungos silvestres.

– CA5.7. Apañáronse fungos sen causar dano no ecosistema forestal, nun caso práctico debidamente caracterizado.

– CA5.8. Abastecéronse e transportáronse os fungos silvestres, nun caso práctico debidamente caracterizado, de xeito que manteñan as súas calidades.

– CA5.9. Executáronse os labores anteriores adoptando medidas de prevención de riscos laborais e de benestar animal, con criterios de redución do impacto ambiental e respectando a normativa.

1.2.2. Contidos básicos.

Colleita de froitos e sementes forestais:

• Características botánicas e bioloxía das principais especies forestais.

• Zonas e época de recolla.

• Sistemas de recolla.

• Extracción, limpeza e almacenamento de sementes.

• Usos e destinos industriais ou artesanais dos froitos forestais.

• Ferramentas, materiais, equipamentos, maquinaria de manexo sinxelo e medios utilizados nos traballos de aproveitamento de froitos e sementes forestais.

• Normativa relacionada co aproveitamento de froitos e sementes forestais.

• Riscos laborais e medidas preventivas.

Aproveitamento da piña do piñeiro manso:

• Bioloxía e ecoloxía básicas do piñeiro manso e os seus montes.

• Técnicas de colleita de piñas.

• Manipulación das piñas recollidas. Sequeiros.

• Usos e destinos industriais das piñas e os piñóns.

• Ferramentas, materiais, equipamentos, maquinaria de manexo sinxelo e medios utilizados nos traballos de aproveitamento da piña.

• Normativa laboral e ambiental relacionada co aproveitamento da piña. Riscos laborais.

Realización de actividades auxiliares no aproveitamento da resina:

• Bioloxía e ecoloxía básicas do piñeiro resineiro e os seus montes.

• Operacións preparatorias.

• Sistemas de desangra.

• Operacións finais.

• Recolla e transporte.

• Ferramentas, materiais, equipamentos, maquinaria de manexo sinxelo e medios utilizados nos traballos de aproveitamento dos recursos forestais.

• Normativa laboral e ambiental relacionada co aproveitamento da resina. Riscos laborais.

Aproveitamento de plantas e outros produtos forestais comercializables:

• Bioloxía e ecoloxía básicas das plantas forestais comercializables.

• Técnicas de colleita e manipulación de esparto, vimieiro, uces, plantas aromáticas e materiais ornamentais de floraría. Usos e destinos industriais ou artesanais.

• Ferramentas, materiais, equipamentos, maquinaria de manexo sinxelo e medios utilizados nos traballos de aproveitamento dos recursos forestais.

• Normativa relacionada con estes aproveitamentos.

• Riscos laborais e medidas preventivas.

Colleita de fungos silvestres:

• Micoloxía básica: anatomía e ecoloxía dos fungos.

• Toxicidade dos cogomelos.

• Técnicas de recolla de fungos.

• Ferramentas, materiais, equipamentos, maquinaria de manexo sinxelo e medios utilizados nos traballos de colleita de fungos silvestres.

• Normativa relacionada co aproveitamento dos fungos silvestres.

• Riscos laborais e medidas preventivas.

1.2.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo específico contén a formación asociada á función de colleita de froitos, sementes, fungos, plantas e outros produtos forestais comercializables.

A definición desta función e as liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Colleita dos froitos e as sementes forestais máis frecuentes para obter material forestal de reprodución e outros produtos comercializables.

– Colleita dos froitos do piñeiro manso para a obtención e o aproveitamento dos piñóns, mantendo a produtividade dos piñeirais.

– Desangra de piñeiros resineiros para obter mera.

– Colleita de plantas para labores artesanais, materiais ornamentais, e plantas aromáticas, condimentarias e medicinais máis frecuentes.

– Colleita dos fungos silvestres comercializables.

1.3. Módulo específico: repoboamento, corrección hidrolóxica, e construción e mantemento de infraestruturas forestais.

• Código: ME0164.

• Duración: 70 horas.

1.3.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Realiza traballos auxiliares de repoboación forestal aplicando as técnicas oportunas, e explica eses labores.

– CA1.1. Enumeráronse os obxectivos principais dos traballos de repoboación forestal e recoñecéronse as especies máis frecuentemente utilizadas na zona.

– CA1.2. Explicáronse os procedementos de preparación puntual do terreo en relación coas ferramentas manuais ou pequenas máquinas utilizadas.

– CA1.3. Expuxéronse os coidados necesarios para manter a calidade dos pés durante o seu almacenamento e distribución nas faenas de repoboación.

– CA1.4. Explicáronse as técnicas de sementeira de especies forestais que proporcionan unha maior probabilidade de emerxencia e arraigo, e as técnicas de plantación con planta en terrón e a raíz núa.

– CA1.5. Describíronse as técnicas de titoraxe de plantas e colocación de protectores.

– CA1.6. Describíronse as técnicas de fertilización e rega de implantación ás novas plantacións.

– CA1.7. Identificáronse as ferramentas, os materiais, os equipamentos e a maquinaria de manexo sinxelo utilizados nos traballos auxiliares de repoboación forestal, en relación co traballo, describíronse as súas partes e explicouse o seu mantemento básico.

– CA1.8. Identificáronse as medidas de prevención de riscos laborais e ambientais relacionadas coas tarefas auxiliares nos traballos de repoboación forestal.

– CA1.9. Preparouse manualmente o terreo en puntos sinalados previamente, nun caso práctico de repoboación forestal.

– CA1.10. Sementáronse sementes de especies forestais, nun caso práctico de repoboación forestal.

– CA1.11. Plantáronse plantas con terrón ou a raíz núa, nun caso práctico de repoboación forestal.

– CA1.12. Regáronse manualmente ou accionando mecanismos sinxelos, e fertilizáronse fornecendo a cada planta o tipo de fertilizante e as doses indicadas, nun caso práctico de repoboación forestal.

– CA1.13. Amonteáronse e colocáronse titores e protectores de plantas individuais, nun caso práctico de repoboación forestal.

– CA1.14. Limpáronse, recolléronse e almacenáronse medios, máquinas ou ferramentas utilizadas para este labor, e realizouse o mantemento básico, nun caso práctico de repoboación forestal.

– CA1.15. Executáronse os labores anteriores aplicando as medidas de prevención de riscos laborais e con criterios de redución do impacto ambiental, respectando a normativa.

• RA2. Realiza traballos auxiliares de corrección hidrolóxico-forestal aplicando as técnicas establecidas, e describe eses labores.

– CA2.1. Describíronse as técnicas de colleita de material vexetal de especies forestais ripícolas (estacas, estaquiñas etc.) para recuperación de ribeiras, así como as técnicas de almacenaxe e plantación.

– CA2.2. Recoñecéronse os tipos de obras utilizadas na corrección hidrolóxico-forestal e os materiais vexetais ou inertes usados na súa construción.

– CA2.3. Describiuse o proceso de construción dos gabións utilizados na corrección hidrolóxico-forestal.

– CA2.4. Describíronse aspectos básicos da construción de obras de cachotaría nos traballos de corrección hidrolóxico-forestal.

– CA2.5. Explicáronse os procedementos empregados para a preparación de formigóns de diferentes resistencias e calidades de xeito manual ou con máquinas formigoneiras portátiles.

– CA2.6. Identificáronse as ferramentas, os materiais, os equipamentos e a maquinaria de manexo sinxelo utilizados nos traballos auxiliares de corrección hidrolóxico-forestal, en relación co traballo, describíronse as súas partes e explicouse o seu mantemento básico.

– CA2.7. Identificáronse as medidas de prevención de riscos laborais e ambientais relacionadas coas tarefas auxiliares nos traballos de corrección hidrolóxico-forestal.

– CA2.8. Realizáronse, nun caso práctico de traballo de corrección hidrolóxico-forestal, os labores auxiliares propios da construción de muras de pedra, estacadas e encanizadas barradas.

– CA2.9. Realizáronse, nun caso práctico de traballo de corrección hidrolóxico-forestal, os labores auxiliares propios da construción dun espigón de cachotaría na beira dun leito de auga.

– CA2.10. Realizáronse, nun caso práctico de traballo de corrección hidrolóxico-forestal, os labores auxiliares propios da construción dun dique de cachotaría no leito dun torrente.

– CA2.11. Limpáronse, recolléronse e almacenáronse, nun caso práctico de traballo de corrección hidrolóxico-forestal, as máquinas, as ferramentas e os medios utilizados para ese labor, e realizouse o mantemento básico.

– CA2.12. Executáronse os labores anteriores aplicando as medidas de prevención de riscos laborais e con criterios de redución do impacto ambiental, respectando a normativa.

• RA3. Realiza traballos auxiliares de apertura e/ou mantemento de camiños forestais, devasas e construción de puntos de auga, aplicando as técnicas apropiadas, e describe eses labores.

– CA3.1. Explicáronse as técnicas de roza de vexetación en traballos de apertura e mantemento básico de camiños e devasas, e preparación para a construción e a conservación de puntos de auga.

– CA3.2. Enumeráronse as fases de construción dos camiños forestais.

– CA3.3. Explicáronse as operacións e as técnicas empregadas no seu mantemento básico.

– CA3.4. Explicáronse as operacións básicas de construción e mantemento de devasas e puntos de auga.

– CA3.5. Explicáronse as ferramentas, os materiais, os equipamentos e a maquinaria de manexo sinxelo utilizados nos traballos auxiliares de apertura e/ou mantemento básico de camiños forestais, devasas e construción de puntos de auga, en relación co traballo, describíronse as súas partes e explicouse o seu mantemento básico.

– CA3.6. Identificáronse as medidas de prevención de riscos laborais e ambientais durante a execución de obras de construción e mantemento básico de camiños forestais, devasas e construción de puntos de auga, e explicouse como evitalas.

– CA3.7. Realizouse a roza previa da vexetación, nun caso práctico de construción e/ou mantemento básico dun camiño forestal, con ferramentas manuais ou motorrozadoras.

– CA3.8. Realizáronse os labores auxiliares, nun caso práctico de construción e/ou mantemento básico dun camiño forestal, con ferramentas manuais propias da escavación de desmontes e construción de terrapléns.

– CA3.9. Realizáronse os labores auxiliares, nun caso práctico de construción e/ou mantemento básico dun camiño forestal, con ferramentas manuais propias da nivelación e a compactación de camiños forestais.

– CA3.10. Realizáronse os labores auxiliares, nun caso práctico de construción e/ou mantemento básico dun camiño forestal, con ferramentas manuais ou pequenas máquinas, propias do paso dos camiños forestais.

– CA3.11. Limpáronse cunetas e pasos de auga, nun caso práctico de construción e/ou mantemento básico dun camiño forestal.

– CA3.12. Limpáronse, recolléronse e almacenáronse, nun caso práctico de construción e/ou mantemento básico dun camiño forestal, as máquinas, as ferramentas e os medios utilizados para este labor, e realizouse o mantemento básico.

– CA3.13. Executáronse os labores anteriores aplicando as medidas de prevención de riscos laborais e con criterios de redución do impacto ambiental, respectando a normativa.

1.3.2. Contidos básicos.

Realización de actividades auxiliares de repoboación forestal:

• Especies forestais empregadas en traballos de repoboación. Preparación do solo por medios manuais.

• Manipulación e coidados do material forestal de reprodución. Sementeira: técnica e densidades.

• Plantación.

• Regas.

• Fertilizacións.

• Amonteamentos.

• Titoraxes.

• Protectores individuais.

Realización de actividades auxiliares de corrección hidrolóxico-forestal:

• Erosión: concepto e consecuencias.

• Obras de corrección hidrolóxico-forestal: hidrotécnicas lonxitudinais e transversais, muras de pedra, estacadas e encanizadas barradas. Materiais de construción utilizados.

• Materiais vexetais utilizados: colleita, preparación, almacenamento e plantación.

Realización de actividades auxiliares de apertura e mantemento de camiños forestais, devasas e construción de puntos de auga:

• Características.

• Fases construtivas.

• Mantemento básico.

• Ferramentas e materiais utilizados.

1.3.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo específico contén a formación asociada á función de realización de actividades auxiliares de repoboación, de corrección hidrolóxica, e de construción e mantemento de infraestruturas forestais.

A definición desta función e as liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Realización das operacións auxiliares de repoboación para implantar no monte material forestal.

– Realización das operacións auxiliares de corrección hidrolóxico-forestal para evitar a erosión do solo.

– Realización das operacións auxiliares de construción e mantemento de camiños forestais, devasas e puntos de auga para mellorar as infraestruturas do monte.

1.4. Módulo específico: tratamentos silvícolas.

• Código: ME0165.

• Duración: 93 horas.

1.4.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Realiza traballos auxiliares de roza da vexetación preexistente aplicando as técnicas establecidas.

– CA1.1. Recoñecéronse as principais especies arbóreas e arbustivas da zona, e indicáronse as protexidas pola lei.

– CA1.2. Explicáronse as técnicas de roza de matogueiras en traballos de roza a feito e selectiva.

– CA1.3. Describíronse as técnicas de traballo coa motorrozadora na limpeza do monte.

– CA1.4. Describiuse o procedemento de eliminación de restrollos mediante queima e enumeráronse as precaucións que cumpra tomar para evitar os incendios forestais.

– CA1.5. Describiuse o procedemento de tratamento de restrollos mediante esteladura.

– CA1.6. Identificáronse as ferramentas, os materiais, os equipamentos e a maquinaria de manexo sinxelo dos utilizados nos traballos auxiliares de eliminación da vexetación preexistente, en relación co traballo, describíronse as súas partes e explicouse o seu mantemento básico.

– CA1.7. Identificáronse as medidas de prevención de riscos laborais e ambientais relacionadas cos traballos auxiliares de eliminación de vexetación preexistente.

– CA1.8. Rozouse e empillouse material vexetal, nun caso práctico de traballos auxiliares de eliminación da vexetación.

– CA1.9. Elimináronse restrollos mediante queima, nun caso práctico de traballos auxiliares de eliminación da vexetación.

– CA1.10. Trituráronse restrollos mediante esteladura, nun caso práctico de traballos auxiliares de eliminación da vexetación.

– CA1.11. Limpáronse, recolléronse e almacenáronse as máquinas, as ferramentas e os medios utilizados para este labor, e realizouse o mantemento básico, nun caso práctico de traballos auxiliares de eliminación da vexetación.

– CA1.12. Executáronse os labores anteriores aplicando as medidas de prevención de riscos laborais e con criterios de redución do impacto ambiental, respectando a normativa.

• RA2. Realiza traballos auxiliares nos tratamentos de abatemento e poda, aplicando as técnicas apropiadas.

– CA2.1. Describiuse a técnica para sinalar as árbores que deban abaterse durante a realización de traballos de rareo.

– CA2.2. Explicáronse as técnicas de pincha de árbores con rozadora para dirixir a súa caída.

– CA2.3. Explicáronse as técnicas utilizadas para enganchar ao cabrestante os troncos abatidos durante a realización dos tratamentos de rareo.

– CA2.4. Definiuse o estéreo de leña e explicouse a técnica empregada para formar moreas homoxéneas e compactas de leña.

– CA2.5. Explicouse a realización de podas de realce con machado ou tesoiras podadoras manuais, e indicáronse os erros máis comúns cometidos durante a súa realización.

– CA2.6. Identificáronse as ferramentas, os materiais, os equipamentos e a maquinaria de manexo sinxelo utilizados nos traballos auxiliares dos tratamentos silvícolas, en relación co traballo, describíronse as súas partes e explicouse o seu mantemento básico.

– CA2.7. Identificáronse as medidas de prevención de riscos laborais e ambientais relacionadas cos traballos auxiliares dos tratamentos de rareo e poda.

– CA2.8. Sinaláronse árbores, nun caso práctico de traballos auxiliares de rareo e poda, realizando cortes superficiais na casca ou marcando con pintura.

– CA2.9. Pincháronse árbores con rozadora ou machado, nun caso práctico de traballos auxiliares de rareo e poda.

– CA2.10. Empilláronse leñas e madeiros en rolla, nun caso práctico de traballos auxiliares de rareo e poda.

– CA2.11. Engancháronse troncos cun cabrestante, nun caso práctico de traballos auxiliares de rareo e poda.

– CA2.12. Realizáronse podas de realce, nun caso práctico de traballos auxiliares de rareo e poda.

– CA2.13. Realizáronse, recolléronse e almacenáronse, nun caso práctico de traballos auxiliares de rareo e poda, as máquinas, as ferramentas e os medios utilizados para este labor, e realizouse o mantemento básico.

– CA2.14. Executáronse os labores anteriores aplicando as medidas de prevención de riscos laborais e con criterios de redución do impacto ambiental, respectando a normativa.

• RA3. Realiza traballos auxiliares na prevención de danos forestais aplicando as técnicas establecidas.

– CA3.1. Describíronse os traballos necesarios para o amonteamento de plantas descalzadas e para a colocación de titores.

– CA3.2. Enumeráronse os tipos de protectores e as súas técnicas de colocación sen danar a planta.

– CA3.3. Describíronse as técnicas utilizadas nos traballos auxiliares de fertilización e emenda do terreo.

– CA3.4. Describiuse o traballo de construción de valados e cercas.

– CA3.5. Identificáronse as ferramentas, os materiais, os equipamentos e a maquinaria de manexo sinxelo utilizados nos traballos auxiliares de prevención e control de danos forestais, en relación co traballo, describíronse as súas partes e explicouse o seu mantemento básico.

– CA3.6. Identificáronse as medidas de prevención de riscos laborais e ambientais relacionadas coas tarefas auxiliares de prevención de danos forestais.

– CA3.7. Amonteáronse as plantas descalzadas con ferramentas manuais, nun caso práctico de tarefas auxiliares de prevención de danos.

– CA3.8. Colocáronse os titores cando se requiriu, nun caso práctico de tarefas auxiliares de prevención de danos, sen danar as plantas.

– CA3.9. Aplicáronse diversos tipos de fertilizantes ou emendas, nun caso práctico de tarefas auxiliares de prevención de danos, seguindo as instrucións recibidas.

– CA3.10. Limpáronse, recolléronse e almacenáronse, nun caso práctico de tarefas auxiliares de prevención de danos, as máquinas, as ferramentas e os medios utilizados para este labor, e realizouse o mantemento básico.

– CA3.11. Executáronse os labores anteriores aplicando as medidas de prevención de riscos laborais e con criterios de redución do impacto ambiental, respectando a normativa.

1.4.2. Contidos básicos.

Eliminación da vexetación preexistente:

• Obxectivos do tratamento da vexetación preexistente: repoboacións, tratamentos silvícolas parciais, tratamentos silvícolas preventivos de incendios e mellora de pasteiros.

• Métodos empregados.

• Técnicas de roza e resultados obtidos.

• Técnicas de eliminación de residuos e resultados obtidos.

• Eliminación mediante queima e esteladura. Ferramentas e equipamentos para a roza e a eliminación de restos: identificación, descrición, mantemento básico e manexo.

• Normativa sobre saúde laboral e prevención de riscos.

• Normativa ambiental aplicable.

Rareos e podas:

• Obxectivos dos rareos e podas.

• Métodos de sinalamento.

• Operacións de saca.

• Podas de realce con ferramentas manuais: procedemento e resultados.

• Normativa sobre saúde laboral e prevención de riscos aplicable.

• Normativa ambiental específica.

Prevención e control de danos forestais:

• Amonteamento e titoraxe.

• Fertilizacións e emendas.

• Procedemento de construción de chousumes perimetrais e de instalación de protectores individuais.

• Ferramentas e equipamentos: identificación, descrición, mantemento básico e manexo.

• Normativa sobre saúde laboral e prevención de riscos. Normativa ambiental.

1.4.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo específico contén a formación asociada á función de realización de actividades auxiliares en tratamentos silvícolas.

A definición desta función e as liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Tratamento da vexetación preexistente para a súa eliminación nos traballos forestais que así o requiran.

– Realización das operacións auxiliares nos tratamentos de abatemento e poda para mellorar a calidade e a funcionalidade dos montes.

– Execución das operacións auxiliares de prevención de danos nas plantas para previr danos nas plantas e favorecer o seu desenvolvemento.

1.5. Módulo específico: control de axentes causantes de pragas e enfermidades ás plantas forestais.

• Código: ME0166.

• Duración: 70 horas.

1.5.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Identifica as pragas, as enfermidades e os danos máis comúns en plantas forestais e describe os tipos de tratamentos que se poden realizar.

– CA1.1. Recoñecéronse os principais animais e plantas parasitos que provocan danos nas especies vexetais forestais da zona con aproveitamento económico.

– CA1.2. Enumeráronse os atraentes de especies praga máis comunmente utilizados e explicáronse as súas vantaxes e os seus inconvenientes fronte a outros medios de control.

– CA1.3. Explicáronse os procedementos de destrución dos atraentes de especies praga máis comunmente utilizados.

– CA1.4. Describíronse os síntomas das principais enfermidades causantes de danos nos vexetais con aproveitamento económico da zona.

– CA1.5. Identificáronse os axentes non parasitarios máis comúns que poden causar danos ás plantas e os seus efectos sobre elas.

– CA1.6. Referíronse os tipos de produtos fitosanitarios comercializados atendendo ao seu destino, ao modo de presentación, á toxicidade e a outras características.

– CA1.7. Explicáronse os procedementos usados na protección de cultivos e masas forestais con aproveitamento económico.

• RA2. Regula e realiza o mantemento básico das maquinarias de manexo sinxelo para a aplicación de produtos fitosanitarios.

– CA2.1. Enumeráronse os equipamentos de aplicación de produtos fitosanitarios, e especificáronse as súas características en relación co produto aplicado.

– CA2.2. Enumeráronse os elementos que forman parte dos equipamentos de aplicación de produtos fitosanitarios.

– CA2.3. Describíronse os tipos de bocais e os criterios de elección.

– CA2.4. Explicáronse os procedementos de regulación que permiten lograr unha aplicación uniforme e unha dosificación correcta do produto fitosanitario.

– CA2.5. Describíronse as partes do equipamento e o seu funcionamento, nun caso práctico de regulación e mantemento básico de equipamentos de aplicación de fitosanitarios.

– CA2.6. Elixíronse os bocais adecuados ao produto que cumpra aplicar, nun caso práctico de regulación e mantemento básico de equipamentos de aplicación de fitosanitarios.

– CA2.7. Regulouse a presión de traballo e comprobouse que a rega dos bocais sexa uniforme, nun caso práctico de regulación e mantemento básico de equipamentos de aplicación de fitosanitarios.

– CA2.8. Limpáronse os equipamentos facéndoos funcionar con auga e aditivos, nun caso práctico de regulación e mantemento básico de equipamentos de aplicación de fitosanitarios, conforme o tipo de produto usado no último tratamento.

– CA2.9. Engraxáronse partes móbiles do equipamento que o necesiten, nun caso práctico de regulación e mantemento básico de equipamentos de aplicación de fitosanitarios.

– CA2.10. Reparáronse ou substituíronse as pezas danadas, de ser necesario, nun caso práctico de regulación e mantemento básico de equipamentos de aplicación de fitosanitarios.

– CA2.11. Executáronse os labores anteriores aplicando as medidas de prevención de riscos laborais e con criterios de redución do impacto ambiental, respectando a normativa.

• RA3. Efectúa un tratamento fitosanitario aplicando as técnicas establecidas, con descrición dos procedementos de manipulación e aplicación dos produtos, e realiza un simulacro de accidente por intoxicación.

– CA3.1. Explicouse o significado da inscrición e da simboloxía das etiquetas dos envases de produtos fitosanitarios autorizados.

– CA3.2. Enumeráronse os riscos para a produción forestal, o ambiente e a saúde das persoas derivados da utilización de produtos fitosanitarios.

– CA3.3. Enumeráronse as medidas que cumpra adoptar durante o transporte e almacenamento con seguridade dos produtos fitosanitarios.

– CA3.4. Explicáronse as accións que haxa que tomar en caso de derramamento de produtos fitosanitarios.

– CA3.5. Describíronse as partes que compoñen o equipamento de protección individual e explicouse a súa revisión e o seu mantemento.

– CA3.6. Explicáronse os procedementos de aplicación de produtos fitosanitarios, utilizando equipamentos de aplicación convenientemente regulados e considerando as condicións meteorolóxicas e o xeito de reducir os riscos ambientais e para a saúde.

– CA3.7. Describiuse a sinalización das zonas tratadas para evitar intoxicacións a persoas, gando ou fauna silvestre.

– CA3.8. Explicouse o procedemento que haxa que seguir para refugar os envases baleiros de produtos fitosanitarios.

– CA3.9. Identificáronse medidas de prevención de riscos laborais e ambientais relacionadas coa manipulación e a aplicación de produtos fitosanitarios.

– CA3.10. Describiuse o protocolo que deben seguir os traballadores e as traballadoras para se despoxaren dos compoñentes do equipamento de protección individual na orde establecida, refugalos ou limpalos segundo corresponda, e almacenalos convenientemente.

– CA3.11. Revisouse o estado do equipamento de protección individual, nun caso práctico de manipulación e aplicación de produtos fitosanitarios.

– CA3.12. Comprobouse, nun caso práctico de manipulación e aplicación de produtos fitosanitarios, o estado de uso dos filtros e, en caso necesario, cambiáronse.

– CA3.13. Colocouse correctamente todo o equipamento de protección individual, nun caso práctico de manipulación e aplicación de produtos fitosanitarios.

– CA3.14. Realizouse un tratamento fitosanitario e a sinalización da zona tratada, nun caso práctico de manipulación e aplicación de produtos fitosanitarios.

– CA3.15. Realizouse un simulacro de accidente e de aplicación dos primeiros auxilios, nun caso práctico de manipulación e aplicación de produtos fitosanitarios.

– CA3.16. Despoxouse do equipamento de protección individual segundo os protocolos establecidos, limpáronse os seus compoñentes e gardáronse convenientemente ou, de ser o caso, refugáronse, nun caso práctico de manipulación e aplicación de produtos fitosanitarios.

– CA3.17. Executáronse os labores anteriores aplicando as medidas de prevención de riscos laborais e con criterios de redución do impacto ambiental, respectando a normativa.

• RA4. Realiza traballos auxiliares no control biolóxico de pestes e enfermidades das masas forestais, aplicando as técnicas oportunas, e describe eses labores.

– CA4.1. Recoñecéronse os principais axentes biolóxicos utilizados no control de pragas e enfermidades forestais que se presenten de xeito habitual na zona.

– CA4.2. Describíronse as técnicas de distribución dos axentes de control no monte.

– CA4.3. Enumeráronse as técnicas de destrución manual de parasitos.

– CA4.4. Identificáronse plantas cebo ou moi afectadas para as destruír no momento oportuno.

– CA4.5. Describíronse os procedementos para a queima ou trituración de plantas infectadas.

– CA4.6. Identificouse o axente biolóxico que se vaia utilizar, nun caso ou suposto práctico de control biolóxico de pragas ou enfermidades.

– CA4.7. Distribuíuse o axente biolóxico polo monte, seguindo instrucións e nun caso ou suposto práctico de control biolóxico de pragas ou enfermidades.

– CA4.8. Identificáronse plantas cebo ou moi afectadas, nun caso ou suposto práctico de control biolóxico de pragas ou enfermidades.

– CA4.9. Destruíronse os exemplares vexetais que o precisen, nun caso ou suposto práctico de control biolóxico de pragas ou enfermidades, mediante queima ou trituración, atendendo ás instrucións recibidas.

– CA4.10. Limpáronse, recolléronse e almacenáronse as máquinas, as ferramentas e os medios utilizados para este labor, e realizouse o mantemento básico, nun caso ou suposto práctico de control biolóxico de pragas ou enfermidades.

– CA4.11. Executáronse os labores anteriores aplicando as medidas de prevención de riscos laborais e con criterios de redución do impacto ambiental, respectando a normativa.

1.5.2. Contidos básicos.

Axentes causantes de pragas e enfermidades nas plantas:

• Pragas: principais axentes causantes e danos que provocan.

• Enfermidades: principais axentes causantes e danos que provocan.

• Plantas parasitas e malas herbas: identificación e medios de loita.

• Axentes non parasitarios (atmosféricos, edáficos, contaminantes e técnicas culturais mal aplicadas): identificación e medidas preventivas.

Realización de traballos auxiliares na prevención e no control de pragas e enfermidades:

• Loita química.

• Produtos fitosanitarios: descrición e xeneralidades. Interpretación dos datos da etiqueta.

• Perigo dos produtos fitosanitarios e dos seus residuos.

• Riscos derivados da utilización dos produtos fitosanitarios.

• Loita biolóxica e integrada: métodos indirectos para o control de pragas, control da poboación de depredadores e parasitos.

• Colocación e control de trampas.

• Axentes biolóxicos de control.

• Herbicidas: tipos e características.

Equipamentos de aplicación e manipulación de produtos fitosanitarios:

• Equipamentos de aplicación e manipulación: tipos e características. Compoñentes, limpeza, mantemento, regulación, revisión e calibración.

• Transporte e almacenamento.

• Preparación de caldos.

• Equipamento de protección persoal.

• Condicións para efectuar o tratamento.

• Intoxicacións e outros efectos sobre a saúde. Primeiros auxilios.

• Tratamento de restos e envases baleiros.

Normativa relacionada coas actividades auxiliares no control de axentes causantes de pragas e enfermidades ás plantas forestais:

• Nivel de exposición do persoal operario: medidas preventivas e de protección no uso de produtos fitosanitarios.

• Relación entre traballo e saúde: normativa sobre prevención de riscos laborais.

• Boas prácticas ambientais. Sensibilización ambiental.

• Protección ambiental e eliminación de envases baleiros: normativa específica.

• Principios da rastrexabilidade. Requisitos en materia de hixiene dos alimentos recollidos no monte e dos pastos.

• Boa práctica fitosanitaria: interpretación da etiquetaxe e fichas de datos de seguridade. Normativa que afecta a utilización de produtos fitosanitarios. Infraccións e sancións.

1.5.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo específico contén a formación asociada á función de realización de actividades auxiliares no control de axentes causantes de pragas e enfermidades ás plantas forestais.

A definición desta función e as liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Regulación da maquinaria de aplicación de produtos fitosanitarios de manexo sinxelo e realización do seu mantemento básico para a súa conservación en condicións de uso.

– Manipulación e aplicación de produtos fitosanitarios para controlar os axentes causantes de pragas e enfermidades, reducindo os riscos sobre a saúde e o ambiente.

– Realización das operacións auxiliares na loita biolóxica contra as pragas e enfermidades para controlar os danos que producen sobre as masas forestais e respectar o ambiente.

1.6. Módulo específico: formación en centros de traballo.

• Código: ME0167.

• Duración: 160 horas.

1.6.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Recoñece a estrutura xerárquica da empresa e identifica as funcións asignadas a cada nivel en relación co desenvolvemento da actividade.

– CA1.1. Identificouse a estrutura organizativa da empresa e as funcións de cada área.

– CA1.2. Identificáronse os procedementos de traballo no desenvolvemento do proceso produtivo.

– CA1.3. Relacionáronse as competencias dos recursos humanos co desenvolvemento da actividade produtiva.

– CA1.4. Identificouse a importancia de cada elemento da rede no desenvolvemento da actividade da empresa.

– CA1.5. Relacionáronse as vantaxes e os inconvenientes da estrutura da empresa fronte a outros tipos de organizacións empresariais.

– CA1.6. Analizouse o tecido empresarial do sector en función da prestación que ofrece.

– CA1.7. Recoñecéronse as empresas tipo e indicouse a súa estrutura organizativa e as funcións de cada departamento.

• RA2. Amosa hábitos éticos e laborais no desenvolvemento da súa actividade profesional, de acordo coas características da tarefa asignada e segundo os procedementos establecidos da empresa.

– CA2.1. Recoñeceuse e xustificouse:

– Disposición persoal e temporal que necesita o posto de traballo.

– Actitudes persoais (puntualidade, empatía etc.) e profesionais (orde, limpeza e seguridade necesarias para o posto de traballo, responsabilidade etc.).

– Requisitos actitudinais ante a prevención de riscos na actividade profesional e as medidas de protección persoal.

– Requisitos actitudinais referidos á calidade na actividade profesional.

– Actitudes relacionadas co propio equipo de traballo e coa estrutura xerárquica establecida na empresa.

– CA2.2. Identificáronse as normas de prevención de riscos laborais que cumpra aplicar na actividade profesional e os aspectos fundamentais da lei de prevención de riscos laborais.

– CA2.3. Aplicáronse os equipamentos de protección individual segundo os riscos da actividade profesional e as normas da empresa.

– CA2.4. Mantívose unha actitude clara de respecto polo ambiente nas actividades desenvolvidas e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas.

– CA2.5. Mantivéronse organizados, limpos e libres de obstáculos o posto de traballo e a área correspondente ao desenvolvemento da actividade.

– CA2.6. Interpretáronse e cumpríronse as instrucións recibidas, e responsabilizouse do traballo asignado.

– CA2.7. Estableceuse unha comunicación e unha relación eficaces coa persoa responsable en cada situación e cos membros do seu equipo, e mantívose un trato fluído e correcto.

– CA2.8. Valorouse a importancia da actividade propia e a adaptación aos cambios de tarefas asignadas no desenvolvemento dos procesos produtivos da empresa, integrándose nas novas funcións.

– CA2.9. Comprometeuse responsablemente na aplicación das normas e dos procedementos no desenvolvemento de calquera actividade ou tarefa.

• RA3. Realiza actividades auxiliares en aproveitamentos madeireiros e tratamento de subprodutos, cumprindo o plan de prevención de riscos laborais e o plan de seguridade, e respectando o ambiente e a normativa específica.

– CA3.1. Realizáronse labores auxiliares na execución de medicións e sinalamentos, seguindo instrucións.

– CA3.2. Colaborouse nos labores de aproveitamento de madeiras e leñas seguindo instrucións para facilitar e axilizar a saca.

– CA3.3. Clasificáronse e empilláronse as toradas para as colocar no punto de carga, seguindo as indicacións recibidas.

– CA3.4. Desenrolouse e enganchouse o cabrestante nos fustes.

– CA3.5. Ordenáronse e limpáronse os equipamentos, as ferramentas e a maquinaria de manexo sinxelo, e comprobouse que estean en bo estado de uso.

– CA3.6. Realizouse o mantemento de primeiro nivel dos equipamentos, as ferramentas e a maquinaria de manexo sinxelo.

– CA3.7. Realizáronse labores auxiliares no tratamento de subprodutos seguindo instrucións para facilitar e axilizar o traballo da persoa operaria da máquina.

• RA4. Apaña froitos, sementes, fungos, plantas e outros produtos forestais comercializables, cumprindo o plan de prevención de riscos laborais e o plan de seguridade, e respectando o ambiente e a normativa específica.

– CA4.1. Utilizouse maquinaria de manexo sinxelo e ferramentas de xeito que se manteña a calidade dos froitos apañados ou das sementes extraídas.

– CA4.2. Ordenáronse e limpáronse os equipamentos, as ferramentas e a maquinaria de manexo sinxelo, e comprobouse que estean en bo estado de uso.

– CA4.3. Realizouse o mantemento de primeiro nivel dos equipamentos, as ferramentas e a maquinaria de manexo sinxelo.

– CA4.4. Apañáronse as sementes ou os froitos forestais desde o chan, seguindo instrucións, sen danar as plantas nai.

– CA4.5. Extraéronse, limpáronse e almacenáronse, seguindo instrucións, as sementes contidas en froitos.

– CA4.6. Apañáronse os froitos e as sementes forestais máis frecuentes para obter material forestal de reprodución e outros produtos comercializables, segundo as instrucións recibidas.

– CA4.7. Apañáronse os froitos do piñeiro manso para a obtención e o aproveitamento dos piñóns, mantendo a produtividade dos piñeirais.

– CA4.8. Apañáronse, empilláronse e sacáronse aos puntos de carga as piñas desprendidas.

– CA4.9. Desangráronse piñeiros resineiros para obter mera conforme as instrucións recibidas.

– CA4.10. Apañáronse as plantas para labores artesanais, os materiais ornamentais e as plantas aromáticas, condimentarias e medicinais máis frecuentes, seguindo as instrucións recibidas para aproveitar estes recursos forestais.

– CA4.11. Apañáronse os fungos silvestres comercializables para utilizar este recurso forestal sustentadamente no tempo.

• RA5. Realiza actividades auxiliares de repoboación, de corrección hidrolóxica e de construción e mantemento de infraestruturas forestais cumprindo o plan de prevención de riscos laborais e o plan de seguridade da obra, e respectando o ambiente e a normativa específica.

– CA5.1. Utilizouse maquinaria de manexo sinxelo e ferramentas nos traballos auxiliares de repoboación, de corrección hidrolóxica, e de construción e mantemento de infraestruturas forestais.

– CA5.2. Ordenáronse e limpáronse os equipamentos, as ferramentas e a maquinaria de manexo sinxelo, e comprobouse que estean en bo estado de uso.

– CA5.3. Realizouse o mantemento básico de equipamentos, ferramentas e maquinaria de manexo sinxelo.

– CA5.4. Realizáronse as operacións auxiliares de repoboación para implantar no monte material forestal, seguindo instrucións.

– CA5.5. Preparouse o terreo manualmente ou con pequenas máquinas nos puntos indicados por superiores, para mellorar as condicións do solo antes de implantar o material forestal.

– CA5.6. Realizouse a plantación nos puntos indicados, seguindo as instrucións, para conseguir un bo arraigo.

– CA5.7. Realizáronse as operacións auxiliares de corrección hidrolóxico-forestal para evitar a erosión do solo, seguindo instrucións.

– CA5.8. Realizáronse, seguindo instrucións, os traballos auxiliares de implantación de material vexetal de ribeira para aumentar a estabilidade dos leitos, respectando a diversidade biolóxica.

– CA5.9. Preparouse o formigón mesturando os seus compoñentes nas proporcións indicadas para a construción de obras de cachotaría hidráulica.

– CA5.10. Realizáronse as operacións auxiliares de construción e mantemento de camiños forestais, devasas e puntos de auga, seguindo as instrucións, para mellorar as infraestruturas do monte.

– CA5.11. Realizáronse os traballos auxiliares de movemento de terras, nivelación, compactación e afirmación do piso seguindo instrucións para axudar á apertura de camiños forestais, utilizando ferramentas manuais ou maquinaria de manexo sinxelo.

• RA6. Realiza actividades auxiliares en tratamentos silvícolas cumprindo o plan de prevención de riscos laborais e o plan de seguridade da obra, e respectando o ambiente e a normativa específica.

– CA6.1. Comprobouse que as ferramentas e os equipamentos utilizados nestes traballos estean en bo estado de uso e que se realice o seu mantemento básico.

– CA6.2. Empillouse manualmente o material vexetal rozado, os subprodutos dos tratamentos silvícolas ou outros materiais similares nos puntos designados por persoal superior, para o seu tratamento posterior.

– CA6.3. Realizáronse, seguindo instrucións, as operacións auxiliares nos tratamentos de abatemento e poda para mellorar a calidade e funcionalidade dos montes.

– CA6.4. Executáronse, seguindo instrucións, as operacións auxiliares de prevención de danos nas plantas para previr danos nas plantas e para favorecer o seu desenvolvemento.

– CA6.5. Realizouse o control da vexetación non desexada, mediante o uso de ferramentas manuais e maquinaria de manexo sinxelo.

– CA6.6. Realizáronse os traballos auxiliares relacionados coa construción e o mantemento de valados ou cercas para previr os danos producidos polo gando ou a fauna salvaxe.

• RA7. Realiza actividades auxiliares no control de axentes causantes de pragas e enfermidades ás plantas forestais cumprindo o plan de prevención de riscos laborais e o plan de seguridade, e respectando o ambiente e a normativa específica.

– CA7.1. Regulouse, seguindo instrucións, a maquinaria de aplicación de produtos fitosanitarios de manexo sinxelo, e realizouse o seu mantemento básico para a súa conservación en condicións de uso.

– CA7.2. Manipuláronse e aplicáronse produtos fitosanitarios, seguindo instrucións, para controlar os axentes causantes de pragas e enfermidades, con criterios de redución dos riscos sobre a saúde e o ambiente.

– CA7.3. Realizáronse as operacións auxiliares na loita biolóxica contra as pragas e enfermidades para controlar os danos que producen sobre as masas forestais.

– CA7.4. Revisáronse os compoñentes dos equipamentos de aplicación antes de iniciar a aplicación.

– CA7.5. Limpáronse os equipamentos e realizouse o mantemento básico recomendado polo fabricante antes de os almacenar.

– CA7.6. Aplicáronse os produtos fitosanitarios axeitados para o tipo de dano, utilizando equipamentos convenientemente regulados e a técnica de aplicación correcta, para conseguir un tratamento efectivo e sen risco para as persoas e para o ambiente.

– CA7.7. Transmitiuse a información obtida da revisión dos cebos trampa a persoal de categoría superior, ou actuouse conforme os protocolos establecidos.

– CA7.8. Sinalizouse a zona tratada para evitar intoxicacións polo aproveitamento dos seus froitos ou pastos.

– CA7.9. Aplicáronse as técnicas de primeiros auxilios en caso de intoxicación, para paliar as consecuencias destes accidentes.

– CA7.10. Revisáronse os elementos do equipamento de protección individual para comprobar que non superase o seu tempo de duración e que non existan rachaduras ni partes desgastadas.

– CA7.11. Realizouse o transporte, o almacenamento, a manipulación e a aplicación de produtos fitosanitarios utilizando o equipamento de protección individual.

– CA7.12. Realizáronse, segundo as instrucións recibidas, os traballos de eliminación de material vexetal infectado, tales como a queima ou a trituración.

2. Anexo II.

A) Espazos mínimos.

Espazo formativo

Superficie m2

(12 alumnos/as)

Aula polivalente.

30

Taller agrícola.

90

(*) Almacén.

120

(*) Leira.

(*) Espazo singular non necesariamente situado no centro de formación.

B) Equipamentos mínimos.

Espazo formativo

Equipamento

• Aula polivalente.

– Computadores instalados en rede, canón de proxección e acceso á internet.

Medios audiovisuais.

• Taller agrícola.

– Equipamentos de medida.

– Medios e materiais de sinalización e marcación.

– Medios para a saca.

– Maquinaria para o aproveitamento de subprodutos.

– Ferramentas diversas.

– Esmagadora, maceradora, debulladora e criba.

– Material de rega.

– Formigoneira portátil.

– Ferramentas de albanelaría.

– Rozadoras manuais.

– Materiais e equipamentos de construción de cercas e valados.

– Equipamentos de fertilización.

– Equipamentos individuais de aplicación de fertilizantes (pulverizadores, esparexedores de pos etc.).

– Equipamentos de protección individual.

– Caixa de primeiros auxilios.

• Almacén.

– Produtos fitosanitarios.

– Fertilizantes.

– Materiais de titoraxe.

3. Anexo III.

A) Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos específicos do perfil profesional.

Módulo específico

Especialidade do profesorado

Corpo

• ME0162. Aproveitamentos madeireiros.

Operacións e equipamentos de produción agraria.

Profesorado técnico de formación profesional.

Procesos de produción agraria.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• ME0163. Colleita de produtos forestais comercializables.

Operacións e equipamentos de produción agraria.

Profesorado técnico de formación profesional.

Procesos de produción agraria.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• ME0164. Repoboamento, corrección hidrolóxica, e construción e mantemento de infraestruturas forestais.

Operacións e equipamentos de produción agraria.

Profesorado técnico de formación profesional.

Procesos de produción agraria.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• ME0165. Tratamentos silvícolas.

Operacións e equipamentos de produción agraria.

Profesorado técnico de formación profesional.

Procesos de produción agraria.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• ME0166. Control de axentes causantes de pragas e enfermidades ás plantas forestais.

Operacións e equipamentos de produción agraria.

Profesorado técnico de formación profesional.

Procesos de produción agraria.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

B) Titulacións requiridas para a impartición dos módulos específicos que conforman o perfil profesional nos programas de cualificación profesional inicial para os centros de titularidade privada ou doutras administracións distintas da educativa.

Módulos específicos

Titulacións

• ME0162. Aproveitamentos madeireiros.

• ME0163. Colleita de produtos forestais comercializables.

• ME0164. Repoboamento, corrección hidrolóxica e construción e mantemento de infraestruturas forestais.

• ME0165. Tratamentos silvícolas.

• ME0166. Control de axentes causantes de pragas e enfermidades ás plantas forestais.

• Licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a, mestre/a, arquitecto/a técnico/a, enxeñeiro/a técnico/a, diplomado/a, título de grao, técnico/a superior ou outros títulos equivalentes cuxos perfís académicos se correspondan coa formación asociada aos módulos específicos no programa de cualificación profesional inicial.

4. Anexo IV.

Perfil das persoas formadoras que impartan os módulos específicos do perfil profesional en contornos produtivos.

Módulo específico

Perfil profesional da persoa formadora

• ME0162. Aproveitamentos madeireiros.

• Dominio dos coñecementos e as técnicas que se relacionan coa realización de actividades auxiliares en aproveitamentos madeireiros, que se acreditará por un dos xeitos seguintes:

– Formación académica de técnico superior ou outras de superior nivel relacionadas con este campo profesional.

– Experiencia profesional dun mínimo de tres anos no campo das competencias relacionadas con este módulo formativo.

• ME0163. Colleita de produtos forestais comercializables.

• Dominio dos coñecementos e as técnicas que se relacionan coa colleita de froitos, sementes, fungos, plantas e outros produtos forestais comercializables, que se acreditará por un dos xeitos seguintes:

– Formación académica de técnico superior ou outras de superior nivel relacionadas con este campo profesional.

– Experiencia profesional dun mínimo de tres anos no campo das competencias relacionadas con este módulo formativo.

• ME0164. Repoboamento, corrección hidrolóxica, e construción e mantemento de infraestruturas forestais.

• Dominio dos coñecementos e as técnicas que se relacionan coa realización de actividades auxiliares de repoboación, de corrección hidrolóxica e de construción e mantemento de infraestruturas forestais, que se acreditará por un dos xeitos seguintes:

– Formación académica de técnico superior ou outras de superior nivel relacionadas con este campo profesional.

– Experiencia profesional dun mínimo de tres anos no campo das competencias relacionadas con este módulo formativo.

• ME0165. Tratamentos silvícolas.

• Dominio dos coñecementos e as técnicas que se relacionan coas realización de actividades auxiliares en tratamentos silvícolas, que se acreditará por un dos xeitos seguintes:

– Formación académica de técnico superior ou outras de superior nivel relacionadas con este campo profesional.

– Experiencia profesional dun mínimo de tres anos no campo das competencias relacionadas con este módulo formativo.

• ME0166. Control de axentes causantes de pragas e enfermidades ás plantas forestais.

• Dominio dos coñecementos e as técnicas que se relacionan coa realización de actividades auxiliares no control de axentes causantes de pragas e enfermidades ás plantas forestais, que se acreditará por un dos xeitos seguintes:

– Formación académica de técnico superior ou doutras de superior nivel relacionadas con este campo profesional.

– Experiencia profesional dun mínimo de tres anos no campo das competencias relacionadas con este módulo formativo.

5. Anexo V.

Relación dos módulos específicos coas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais que inclúe o programa.

Módulo específico

Unidades de competencia

• ME0162. Aproveitamentos madeireiros.

• UC1290_1: Realizar actividades auxiliares en aproveitamentos madeireiros.

• ME0163. Colleita de produtos forestais comercializables.

• UC1292_1: Apañar froitos, sementes, fungos, plantas e outros produtos forestais comercializables.

• ME0164. Repoboamento, corrección hidrolóxica, e construción e mantemento de infraestruturas forestais.

• UC1293_1: Realizar actividades auxiliares de repoboación, de corrección hidrolóxica, e de construción e mantemento de infraestruturas forestais.

• ME0165. Tratamentos silvícolas.

• UC1294_1: Realizar actividades auxiliares en tratamentos silvícolas.

• ME0166. Control de axentes causantes de pragas e enfermidades ás plantas forestais.

• UC1295_1: Realizar actividades auxiliares no control de axentes causantes de pragas e enfermidades ás plantas forestais.

6. Anexo VI.

Distribución horaria dos módulos específicos.

Módulo específico

Horas totais

Sesións semanais

(*)

• ME0162. Aproveitamentos madeireiros.

47

2

• ME0163. Colleita de produtos forestais comercializables.

140

6

• ME0164. Repoboamento, e corrección hidrolóxica e de construción e mantemento de infraestruturas forestais.

70

3

• ME0165. Tratamentos silvícolas.

93

4

• ME0166. Control de axentes causantes de pragas e enfermidades ás plantas forestais.

70

3

• ME0167. Formación en centros de traballo.

160

-

• Distribución semanal para os centros que impartan as ensinanzas do programa de cualificación profesional inicial en sesións de 50 minutos.