Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2012 Páx. 43736

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da Comisión Paritaria do Convenio colectivo do sector de axuda a domicilio da Comunidade Autónoma de Galicia, relativo ao cumprimento da resolución da sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no procedemento de conflito colectivo derivado da reclamación do incremento salarial para o ano 2012.

Visto o acordo subscrito, con data do 29 de outubro de 2012, pola Comisión Paritaria do Convenio colectivo do sector de axuda a domicilio da Comunidade Autónoma de Galicia, polo que se lle dá cumprimento á resolución da sentenza ditada polo TSXG, con data do 19 de setembro de 2012, no procedemento de conflito colectivo derivado da reclamación do incremento salarial para o ano 2012 para os traballadores incluídos no ámbito persoal do II Convenio colectivo para a actividade de axuda a domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro. Ordenar a inscrición do dito acordo no Rexistro Xeral de Convenios desta dirección xeral.

Segundo. Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

Terceiro. Dispor a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2012

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais

Acta da xuntanza da Comisión Paritaria do Convenio colectivo do sector
de axuda a domicilio da Comunidade Autónoma de Galicia

En Santiago de Compostela, ás 11.00 horas do 29 de outubro de 2012, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, reúnense as persoas que a seguir se sinalan:

– Representación empresarial:

José Félix Valderrey de la Huerga (AESSADG).

Mónica Valiño Suárez (AESSADG).

Miguel Á. Vilas Martínez (AESSADG).

Paula Álvarez Conde (AESSADG).

Lucía del Campo Redondo (AESSADG).

– Representación sindical:

Javier Martínez Fente (UGT).

Eliseo Rivas Pernas (UGT).

María del Mar Castro Cristobo (CC.OO.).

José Manuel Crespo García (asesor CC.OO.).

Pedro Pérez Caride (CIG).

O motivo da presente xuntanza é darlle cumprimento á resolución da sentenza ditada polo TSXG con data do 19 de setembro de 2012, no procedemento de conflito colectivo derivado da reclamación do incremento salarial para o ano 2012 para os traballadores incluídos no ámbito persoal do II Convenio colectivo para a actividade de axuda a domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia, por tanto, acórdase o seguinte:

Primeiro. Táboas salariais para o ano 2012.

Grupo

Cat. profesional

S. base

Antig.

Fest./dom.

H. noct.

Dispoñib.

H. extra

Fest. esp.

A

Resp. coordinación

1.976,13

18,03

18,00

3,94

20,00

27,25

65,86

A

Xefe administrativo

1.474,02

18,03

18,00

2,93

20,00

20,33

49,14

B

Coordinador

1.396,16

18,03

18,00

2,78

20,00

19,27

46,57

C

Oficial administrativo

1.274,07

18,03

18,00

2,53

20,00

17,58

42,47

C

Axud. coordinación

1.117,53

18,03

18,00

2,22

20,00

15,42

37,25

C

Aux. administrativo

964,15

18,03

18,00

1,92

20,00

13,30

32,13

C

Aux. axuda no fogar

964,15

18,03

18,00

1,92

20,00

13,30

32,13

Segundo. Facúltase o persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais para levar a cabo os trámites de rexistro, depósito e publicación das presentes táboas perante a autoridade laboral.

A parte empresarial solicita que conste expresamente na acta que a sinatura destas táboas non supón deixar sen efecto a denuncia do convenio colectivo efectuada no seu día.

E non tendo máis asuntos que tratar, remata a xuntanza ás 12.00 horas, no lugar e na data sinalados, e asinan a presente acta por duplicado exemplar en proba de conformidade.