Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2012 Páx. 45028

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 21 de novembro de 2012 pola que se dá publicidade aos Premios da Cultura Galega 2012.

A Orde do 5 de xullo de 2012, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convocou para este ano os Premios da Cultura Galega creados pola Orde do 24 de setembro de 2010. O seu obxecto é distinguir persoas ou entidades con traxectoria nos distintos eidos da creación, conservación e revalorización do patrimonio e da actualización e difusión do capital intelectual tanto na comunidade autónoma coma no exterior.

De acordo co disposto no artigo 6 da devandita orde, a decisión do xurado en que se resolva a concesión dos premios farase pública a través do Diario Oficial de Galicia e da páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Polo tanto, de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Dar publicidade á decisión do xurado que na reunión do 19 de novembro de 2012 acordou conceder os Premios da Cultura Galega 2012 ás seguintes candidaturas:

Premio Cultura Galega das Letras: a Salvador García Bodaño.

Premio Cultura Galega das Artes Plásticas: a Manuel Quintana Martelo.

Premio Cultura Galega das Artes Escénicas: ao Grupo de Teatro Airiños (Rianxo).

Premio Cultura Galega ás Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural: á Fundación Eduardo Pondal.

Premio Cultura Galega á Promoción Cultural de Galicia: á Asociación Internacional de Estudos Galegos.

Premio Cultura Galega de Música: a Manuel Rodeiro.

Premio Cultura Galega de Creación Audiovisual: a Miguel Anxo Fernández Fernández.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria