De acordo co disposto no artigo 6.2 da Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia, dáse publicidade aos cambios producidos na Orde do 11 de outubro de 2012 como consecuencia das resolucións do 7 de decembro de 2012 polas que se modifican os domingos e días festivos hábiles comercialmente para os concellos de Narón e Ferrol, logo da correspondente solicitude dos concellos.
Os domingos e festivos nos cales os establecementos comerciais poderán permanecer abertos ao público no concello de Narón durante o ano 2013 son:
7 de xaneiro.
13 de xaneiro.
28 de marzo.
23 de xuño.
7 de xullo.
12 de outubro.
8 de decembro.
15 de decembro.
22 de decembro.
29 de decembro.
Os domingos e festivos nos cales os establecementos comerciais poderán permanecer abertos ao público no concello de Ferrol durante o ano 2013 son:
7 de xaneiro.
13 de xaneiro.
28 de marzo.
7 de xullo.
12 de outubro.
1 de decembro.
8 de decembro.
15 de decembro.
22 de decembro.
29 de decembro.
Para os restantes concellos comprendidos no ámbito de aplicación da devandita Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia, rexerá o disposto na Orde do 11 de outubro de 2012 (DOG do 22 de outubro).
Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2012
Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía e Industria