Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2012 Páx. 47212

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 26 de outubro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe do Servizo de Cirurxía Cardiovascular.

Convocada pola Resolución do 21 de xuño de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 136, do 17 de xullo), a provisión dun posto de xefe do Servizo de Cirurxía Cardiovascular da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, esta Xerencia, de conformidade coa competencia atribuída na Orde da Consellería de Sanidade do 5 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe do Servizo de Cirurxía Cardiovascular da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, convocado pola Resolución do 21 de xuño de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 136, do 17 de xullo).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. O aspirante nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terá a consideración de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 26 de outubro de 2012

Alfredo García Iglesias
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO

Denominación do posto: xefe do Servizo de Cirurxía Cardiovascular da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

Nome e apelidos: José Joaquín Cuenca Castillo.

DNI: 5150932-J.