Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47512

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 14 de decembro de 2012 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 31 de agosto de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral e ás súas entidades promotoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

A Orde do 31 de agosto de 2012, da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral e ás súas entidades promotoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 171, do 7 de setembro), establece na súa disposición adicional terceira, na que se recollen os créditos que financian a orde, que poderá ampliarse a contía máxima destes créditos e que o incremento do crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, como consecuencia dos remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo a créditos incluídos no mesmo programa e servizo, correspondentes ao Programa operativo do Fondo Social Europeo de Galicia 2007-2013, número CCI 2007 ES 051 PO 004, aprobado pola Decisión da Comisión Europea do 18 de decembro de 2007, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da orde que se cita nesta disposición, coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de persoas beneficiarias posible.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1

Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 31 de agosto de 2012, da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral e ás súas entidades promotoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 171, do 7 de setembro), nas seguintes contías e aplicacións orzamentarias, que figuran dotadas nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012:

12.04.322C 472.6, código de proxecto 2010 00 796 polo importe de 56.405,35 euros.

12.04.322C 472.6, código de proxecto 2011 00 628 polo importe de 15.594,65 euros.

Artigo 2

Esta ampliación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2012

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar