Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2012 Páx. 47652

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 12 de novembro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se lles dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2013, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 224, do 23 de novembro de 2012, cómpre facer as seguintes correccións:

No anexo I, provincia da Coruña, na páxina 44188 onde di: «67. Pino, O: 12 de febreiro, Martes de Entroido; 22 de xuño, festa local», debe dicir: «67. Pino, O: 12 de febreiro, Martes de Entroido; 22 de xullo, festa local».

No anexo II, provincia de Lugo, na páxina 44192 onde di: «39. Palas de Rei: 12 de febreiro, Martes de Entroido; 13 de setembro, festas patronais», debe dicir: «39. Palas de Rei: 28 de xaneiro, festa local; 12 de febreiro, Martes de Entroido».

No anexo II, provincia de Lugo, na páxina 44192 onde di: «45. Póboa do Brollón, A: 3 de maio, luns seguinte ao Corpus; 27 de agosto, San Vitorio», debe dicir: «45. Pobra do Brollón, A: 3 de xuño, luns seguinte ao Corpus; 27 de agosto, San Vitorio».

No anexo III, provincia de Ourense, na páxina 44195 onde di: «37. Leiro: 3 de maio, Santa Cruz; 13 de decembro, Santa Lucía», debe dicir: «37. Leiro: 3 de maio, Santa Cruz; 11 de novembro, San Martiño».