Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2013 Páx. 988

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Economía e Industria

DECRETO 3/2013, do 10 de xaneiro, polo que se nomea director da Axencia Galega de Innovación a Manuel Antonio Varela Rey.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no artigo 17.2 dos estatutos da Axencia Galega de Innovación, aprobados polo Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, por proposta do conselleiro de Economía e Industria, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dez de xaneiro de dous mil trece,

Nomeo director da Axencia Galega de Innovación a Manuel Antonio Varela Rey.

Santiago de Compostela, dez de xaneiro de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía e Industria