Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2013 Páx. 2099

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 8 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se emprazan os interesados nos expedientes de subvención para o fomento das frondosas caducifolias 12150036/2008 e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de seren tentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícanse aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio os acordos de inicio dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento das axudas relativas aos expedientes de subvención 12150036/2008, 12270034/2008, 12320083/2008 e 12320089/2008 (Orde do 30 de xaneiro de 2008 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas para o fomento das frondosas caducifolias).

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte á data de finalización deste.

Concédeselle aos interesados un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da notificación do acordo de inicio, para que poidan formular alegacións e presentar a documentación que consideren conveniente aos seus dereitos ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido dos interesados, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que procedan á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2013

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2012 no expediente de subvención núm. 12150036/2008.

Interesado: CMVMC de Asados.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: praza da Atalaia, s/n, Asados, 15982 Rianxo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2012 no expediente de subvención núm. 12270034/2008.

Interesada: Marina Pardo Vega.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: rúa Os Ancares, 3, 27640 Becerreá (Lugo).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2012 no expediente de subvención núm. 12320083/2008.

Interesada: Rosa Iglesias Lamelas.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: O Souto, s/n, 32700 Maceda (Ourense).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2012 no expediente de subvención núm. 12320089/2008.

Interesado: José Manuel Pérez Domínguez.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: Fontes, s/n, Soutomel, A Bola (Ourense).