Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2013 Páx. 2129

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO sobre asunción da competencia delegada nesta deputación polo Concello de Entrimo (recadación de multas coercitivas).

De conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004 e 106.3º da Lei 7/1985, e cumprindo o que acordou a corporación provincial na sesión do día 30 de novembro de 2012, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo Concello de Entrimo (recadación de multas coercitivas) coas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta corporación no DOG do día 19.9.1994.

A data de inicio desta delegación e o prazo da súa vixencia axustaranse ás normas que ten establecidas esta deputación.

Ourense, 20 de decembro de 2012

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense