Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2013 Páx. 2147

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 22 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a actuacións de mellora dos campamentos de turismo en Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG núm. 102, do 30 de maio de 2012), modificada pola Resolución do 23 de outubro de 2012 (DOG núm. 207, do 30 de outubro).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/1997, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 04.80.761A.770.0, código do proxecto 2007 00372, ao abeiro da Resolución do 22 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a actuacións de mellora dos campamentos de turismo en Galicia, e se procedá á súa convocatoria para o ano 2012. Estas subvencións están cofinanciadas ao 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, a través do programa operativo do Feder de Galicia 2007-2013, número CCI 2007 ES 161 PO 005, aprobado pola Decisión da Comisión Europea do 30 de novembro de 2007.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2013

Por suplencia (Orde 14.9.2012; DOG nº 177, do 17 de setembro)
Secretario xeral de Presidencia
Por delegación de sinatura (Resolución 17.9. 2012)
Mª Elena Barca Ramos
Subdirectora xeral de Xestión, Fomento e Cooperación

ANEXO

Subvencións para actuacións de mellora dos campamentos de turismo en Galicia:

Beneficiario

Descrición da actuación

Importe da subvención

Leidiz, S.L.

Mellora do campamento

14.288,72 €