Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2013 Páx. 2758

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2013, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, pola que se somete a trámite de información pública o expediente de reestruturación da concesión de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7008; XG-382, A Guarda-Vigo-A Guarda, con anexos.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de reestruturación da concesión V-7008; XG-382, A Guarda-Vigo-A Guarda, con anexos, de Automóviles de Tuy, S.A.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade de Pontevedra (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avda. Fernández Ladreda, 43-1º andar), efectuar as alegacións que consideren oportunas no prazo de quince días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 21 de xaneiro de 2013

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra