Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2013 Páx. 5117

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2013 pola que, de conformidade co artigo 12 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo (DOG nº 48, do 9 de marzo) se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2012 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Efectuada a actualización de méritos prevista no artigo 12 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública a actualización provisional de méritos, con indicación da puntuación total, unha vez incluídos os méritos relativos ao ano 2012, dos integrantes das listas para a cobertura con carácter transitorio de postos de traballo reservados a funcionarios dos corpos e escalas que se inclúen no anexo I desta resolución e dos integrantes das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal laboral dos grupos e categorías que se inclúen no anexo II.

As devanditas listas atópanse á disposición dos interesados no Servizo do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas Oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) no apartado Función Pública.

Segundo. Os interesados disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente Central (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Xunto coa reclamación achegarase:

– Certificación de servizos prestados na Administración da Xunta de Galicia no mesmo corpo, escala, grupo e categoría. A certificación axustarase ao modelo que figura como anexo III a esta resolución. A certificación deberá ser asinada por:

– Servizos centrais:

Secretaria/o xeral, subdirector/ra xeral ou xefas/es de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal na secretaría xeral da consellería respectiva ou do ente público instrumental onde preste servizos ou onde os prestou por última vez.

– Servizos periféricos:

Xefas/es territoriais ou funcionaria/o responsable da área de persoal dos departamentos territoriais, directores provinciais ou delegados comarcais da consellería ou do ente público instrumental onde preste servizos ou onde os prestou por última vez.

– Certificación de servizos prestados en concellos ou mancomunidades de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables ás categorías adscritas aos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais da Administración da Xunta de Galicia e do Pladiga. A certificación axustarase ao modelo que figura como anexo IV á presente resolución e deberá ser asinada pola/o secretaria/o do concello.

Unha vez realizadas as emendas procedentes, daráselles publicidade ás puntuacións definitivas mediante publicación da oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I
Corpos e escalas (persoal funcionario)

Grupo

Corpo/escala

Denominación

A1

205G

Escala de sistemas e tecnoloxía da información.

A1

206K

Escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos.

A1

206L

Escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas.

A1

206M

Escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos.

A1

210A

Escala de inspección urbanística.

A1

2060

Corpo superior de Administración da Xunta de Galicia.

A1

2061

Escala de arquitectos.

A1

2062

Escala de enxeñeiros/as de caminos, canles e portos.

A1

2063

Escala de enxeñeiros/as agrónomos.

A1

2064

Escala de enxeñeiros/as industriais.

A1

2065

Escala de enxeñeiros/as de minas.

A1

2066

Escala de enxeñeiros/as de montes.

A1

2067

Escala de veterinarios.

A1

2068

Escala de biólogos/as.

A1

2069

Escala de químicos/as.

A1

2072

Escala de arqueólogos/as.

A1

2080

Escala de enxeñeiros/as de telecomunicacións.

A1

2083

Escala superior de estatísticos.

A1

2086

Escala superior de finanzas.

A1

2093-01

Escala de profesores numerarios. Especialidade en dereito.

A1

2093-02

Escala de profesores numerarios. Especialidade en procesos de cultivo acuícola.

A1

2093-03

Escala de profesores numerarios. Especialidade en navegación marítima.

A1

2093-04

Escala de profesores numerarios. Especialidade en pesca marítima.

A1

2093-05

Escala de profesores numerarios. Especialidade en inglés marítimo.

A1

2093-06

Escala de profesores numerarios de Institutos Politécnicos Marítimo-Pesqueiros.

A1

2093-07

Escala de profesores numerarios. Especialidade en Intervencións subacuáticas e hiperbáricas.

A2

205F

Escala técnica de finanzas.

A2

205H

Escala de xestión de sistemas de informática.

A2

206I

Inspección turística.

A2

206N

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos.

A2

206P

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas.

A2

206Q

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos.

A2

206X

Escala técnica de inspección de consumo.

A2

210B

Escala de subinspección urbanística.

A2

2051

Corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia.

A2

2052

Escala de enxeñeiros/as técnicos forestais.

A2

2073

Escala de arquitectos/as técnicos.

A2

2074

Escala de enxeñeiros/as técnicos de obras públicas.

A2

2075

Escala de enxeñeiros/as técnicos industriais.

A2

2076

Escala de topógrafos/as.

A2

2077

Escala de enxeñeiros/as técnicos agrícolas.

A2

2079

Escala de enxeñeiros/as técnicos de minas.

A2

2085

Escala técnica de estatística.

A2

2094-01

Escala de mestres de taller. Especialidade en servizos subacuáticos e hiperbáricos.

A2

2094-02

Escala de mestres de taller. Especialidade en máquinas e producción.

A2

2097

Escala de axentes de extensión pesqueira.

C1

205I

Escala técnica auxiliar de informática.

C1

2053

Corpo administrativo da Xunta de Galicia.

C1

2081

Escala de delineantes.

C2

2054

Escala de axentes forestais.

C2

2059

Corpo auxiliar da Xunta de Galicia.

2055

Agrupación profesional.

ANEXO II
Grupos e categorías (persoal laboral)

Grupo

Categoría

Denominación

I

002

Titulado/a superior médico/a, médico/a xeriatra, médico/a CEI, médico/a adxunto/a, médico/a.

I

004

Titulado/a superior.

I

006

Titulado/a superior psicólogo/a.

I

011

Titulado/a superior pedagogo/a.

I

014

Titulado/a superior sociólogo/a.

I

018

Licenciado/a informático/a (antigo/a técnico/a de sistemas e analista titulado/a superior).

I

019

Titulado/a superior especialista. Titulado/a superior famacéutico/a.

I

023

Documentalista.

I

027

Coordinador/a de actividades externas.

I

029

Xefe/a departamento persoal e xestión económico-administrativa do IGAEM.

I

030

Relacións públicas do IGAEM.

I

031

Titulado/a superior de formación ocupacional.

I

032

Técnico/a superior en centros de arte.

II

001

Director/a-administrador/a. Director/a de centro social. Director/a casa da xuventude. Subdirector/a residencia xuvenil. Preceptor/a residencia. Director/a centro. Xefe/a do servizo administrativo do IGAEM. Secretario/a de residencia. Director/a de cociña de irmandade. Director/a de clínica deportiva.

II

002

ATS, enfermeiro/a, practicante, DUE.

II

005

Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas.

II

006

Educador/a, profesor/a especial.

II

007

Titulado/a grao medio.

II

008

Director/a de gardaría infantil.

II

011

Fisioterapeuta.

II

017

Asistente social.

II

020

Terapeuta ocupacional.

II

021

Monitor/a ocupacional.

II

027

Técnico/a superior diplomado/a en informática (antigo analista de aplicacións (titulado/a medio) e antigo analista programador/a (titulado/a medio).

II

031

Restaurador/a.

II

033

Profesor/a de danza clásica.

II

037

Titulado/a medio/a formación ocupacional.

II

038

Perito-xudicial diplomado/a.

II

040

Mestre/a especialista en educación infantil.

III

002

Encargado/a administrativo/a. Xefe/a de negociado. Xefe/a administración. Xefe/a 2ª administración. Administrador/a. Secretario/a-administrador/a residencia xuvenil. Administrador/a de produción de centros. Secretario/a de dirección do IGAEM. Axudante/a de dirección e difusión da música. Axudante/a de dirección e difusión do CDG.

III

003

Controlador/a pecuario/a. Axudante/a técnico/a pecuario/a.

III

004

Gobernante/a, gobernante/a servizos domésticos,encargado/a lavadoiro, roupeiro, ferro de pasar.

III

005

Intendente. Encargado/a de establecemento. Encargado/a de almacén.

III

006

Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios.

III

011

Encargado/a agrario/a.

III

012

Mestre/a de taller.

III

014

Xefe/a de cociña.

III

017

Analista de laboratorio.

III

018

Marcador/a de metais preciosos.

III

023

Celador/a de estradas. Capataz de brigada.

III

030

Programador/a.

III

033

Encargado/a supervisor/a de telefónica.

III

034

Especialista de oficios (debuxante).

III

036

Experto/a audiovisuais.

III

037

Técnico/a de son.

III

039

Rexedor/a de escena.

III

040

Axudante/a de produción.

III

045

Técnico/a de luces.

III

049

Axente auxiliar inspección transportes.

III

050

Técnico/a especialista xardín de infancia.

III

052

Tradutor/a. Intérprete da Adinistración de xustiza.

III

053

Técnico/a en restauración cinematográfica.

III

060

Auxiliar técnico/a de obra. Auxiliar técnico/a obra TIE.

III

063

Oficial 1ª condutor/a, condutor/a 1ª, condutores/as altos cargos, condutor/a mecánico/a.

III

064

Oficial/a 1ª tractorista. Tractorista. Operador/a maquinaria pesada.

III

065

Oficial 1ª cociña, oficial 1ª cociñeiro, xefe/a cociña, cociñeiro/a 1ª.

III

066

Axudante taller, adxunto/a taller.

III

067

Capataz de obras. Capataz cuadrilla. Xefe/a equipo. Oficial 1ª obra COTOP. Capataz.

III

068

Oficial 1ª agrario, capataz agrario.

III

069

Oficial servizos técnicos, oficial 1ª mantemento, oficial 1ª oficios varios, oficial de primeira.

III

078

Subgobernante/a.

III

080

Capataz de establecemento.

III

088

Capataz de explotacións marisqueiras.

III

090

Animador/a sociocultural.

III

091

Técnico/a especialista en informática (antigo/a operador/a de ordenadores).

III

097

Auxiliar de son.

III

098

Auxiliar de luces.

III

101

Proxeccionsita.

III

102

Encadernador/a.

III

103

Entrevistador/a-enquisador/a.

III

104

Intérprete de linguaxe de signos.

IV

001

Auxiliar gravación. Oficial/a 2ª linotipista. Auxiliar administrativo/a. Oficial 2ª administrativo/a. Técnico/a auxiliar en informática. Operador/a máquina elemental. Auxiliar.

IV

002

Auxiliar mecánico/a. Oficial/a 2ª mecánico/a. Mecánico/a reparación obras.

IV

003

Auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico/a, auxiliar de enfermaría, coidador/a xeriátrico, coidador/a.

IV

004

Auxiliar fogar, coidador/a auxiliar, auxiliar coidador/a, auxiliar de internado.

IV

005

Oficial 2ª cociña, cociñeiro/a oficial 2ª.

IV

006

Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento.

IV

007

Garda xuramentado/a fluvial. Garda explotación.

IV

009

Oficial 2ª agrario/a.

IV

011

Auxiliar de laboratorio.

IV

016

Condutor/a.

IV

017

Almaceneiro/a, despenseiro/a.

IV

020

Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza).

IV

021

Oficial/a 2ª carpinteiro/a. Auxiliar carpintaría.

IV

022

Oficial/a 2ª en reprografía.

IV

023

Mestre/a gaiteiro/a.

IV

024

Xastre/a.

IV

025

Cargador/a. Tremoieiro/a.

IV

028

Auxiliar produción-dirección.

IV

030

Auxiliar formación ocupacional.

IV

031

Legoeiro/a.

IV

034

Axudante/a restauración e proxección cinematográfica.

IV

035

Auxiliar de arquivos e bibliotecas.

IV

036

Auxiliar de museos.

IV

039

Auxiliar de autopsia.

V

001

Camareiro/a-limpiador/a, axudante cociña, pasador/a de ferro-lavandeiro/a, costureiro/a, cortador/a, pasador/a de ferro, lavandeiro/a.

V

002

Axudante de traballos ou oficios, axudante albanel, peón/oa especializado/a, fontaneiro/a, axudante, hortelá/n, axudante traballos, encargado/a xardín.

V

003

Ordenanza, celador/a, vixilante de oficinas, vixilante nocturno/a, vixilante, subalterno/a, porteiro/a, recepcionista, telefonista, sereno, garda, garda xuramentado.

V

008

Peón/oa agrario/a.

V

009

Celador/a de segunda. Vixilante de recursos naturais.

V

10D

Socorrista.

V

10E

Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos.

V

10F

Peón/oa forestal.

V

011

Limpador/a, fregador/a, empregado/a comedor, empregado/a cociña-pinche, servizo doméstico. Mozo/a de limpeza, pinche de cociña, persoal de servizos xerais.

V

012

Peón/oa, laborante, varredor/a, mozo/a servizos, mozo/a laboratorio, mozo/a, pastor/a, xardineiro/a, mozo/a transportes, peón/oa xardineiro/a, EFU, mozo/a mantemento, mozo/a subalterno.

Grupos e categorías do persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga

Grupo

Categoría

Denominación

I

038

Técnico superior de defensa contra incendios forestais.

II

039

Técnico forestal de defensa contra incendios forestais.

III

100

Xefe de cuadrilla de defensa contra incendios forestais.

IV

032

Operador/a codificador/a de defensa contra incendios forestais.

IV

033

Condutor motobomba de defensa contra incendios forestais.

IV

037

Oficial 2ª mecánico de defensa contra incendios forestais.

V

10A

Vixiante móbil de defensa contra incendios forestais.

V

10B

Vixiante fixo de defensa contra incendios forestais.

V

10C

Emisorista de defensa contra incendios forestais.

V

014

Peón de defensa contra incendios forestais.

V

14A

Peón condutor de defensa contra incendios forestais.

ANEXO III
Certificación de servizos prestados

(Resolución do... DOG nº..., do... de... de 201...)

Dª/D.…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….……

(Nome da/do funcionaria/o que certifica)

Cargo.…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….…… CERTIFICA

Que, segundo os antecedentes que constan neste centro directivo e á vista da documentación achegada pola/o interesada/o, da que se conserva unha copia cotexada nesta unidade, dona/don............................................. con DNI nº............................. prestou servizos no corpo, escala, grupo e categoría e nos períodos e consellerías e/ou organismos autónomos da Xunta de Galicia que de seguido se indican:

Grupo/ categoría

(código)

Corpo/

escala

(código)

Denominación do posto

Consellería ou organismo autónomo da Xunta
de Galicia

Código do posto de traballo

(de ser o caso)

Descontinuo

(Si/Non)*

Fin de semana

(Si/Non)*

Data inicio

Data
fin

Total

(en días)*

E para que así conste, asino a presente certificación en............................. o........ de................. de 201.....

(Sinatura)

* Nota:

– Os servizos prestados abranguerán exclusivamente ata o 31 de decembro de 2012.

– É moi importante que, no caso de postos descontinuos ou de fin de semana, se reflictan exclusivamente os días efectivamente traballados.

ANEXO IV
Certificación de servizos prestados en concellos ou mancomunidades de municipios
da Comunidade Autónoma de Galicia

(Resolución do... DOG nº..., do... de... de 201...)

Dª/D.…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….…….……

(Nome da/do funcionaria/o que certifica)

secretario/a do concello de..............….…….…….…….…….…….…….…….…… CERTIFICA

Que, segundo os antecedentes que constan neste concello ou mancomunidade de municipios, dona/don....................................................................... con DNI nº............................. prestou servizos neste concello ou mancomunidade da Comunidade Autónoma de Galicia, no grupo e categoría e nos períodos que de seguido se indican:

Grupo/ categoría

(código)

Denominación do posto

Concello ou mancomunidade
de municipios

Código de posto de traballo

(de ser o caso)

Descontinuo

(Si/Non)*

Fin de semana

(Si/Non)*

Data inicio

Data
fin

Total

(en días)*

E para que así conste, asino a presente certificación en............................. o........ de................. de 201.....

(Sinatura)

Visto e prace: O/A secretario/a

O/A alcalde/sa

* Nota:

– Os servizos prestados abranguerán exclusivamente ata o 31 de decembro de 2012.

– É moi importante que, no caso de postos descontinuos ou de fin de semana, se reflictan exclusivamente os días efectivamente traballados.