Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2013 Páx. 5327

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 21 de febreiro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se dá publicidade á situación patrimonial dos membros do Consello da Xunta de Galicia en cumprimento do Acordo do 14 de febreiro de 2013.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa sesión do 14 de febreiro de 2013, acordou facer pública, de maneira voluntaria, a situación patrimonial actual dos membros da Xunta de Galicia mediante a publicación do contido da declaración de bens patrimoniais, reflectida no modelo que se xuntou como anexo ao acordo.

Na súa virtude, completaron e presentaron cadanseu anexo, que foron recibidos no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

Procede, en consecuencia, dar publicidade ao contido dos anexos presentados para tal efecto polos membros do Consello da Xunta de Galicia, comprensivos da situación patrimonial que declaran, e que se publican como anexo a este anuncio.

Tal e como consta no referido modelo anexo aprobado polo acordo do Consello:

1. Non se inclúen os seguros de vida.

2. No suposto de bens indivisos, indícase o valor que corresponde segundo a porcentaxe de participación do declarante no ben ou dereito patrimonial.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

TITULAR DO CARGO: Alberto Núñez Feijóo

CARGO PÚBLICO ORIXE DA DECLARACIÓN: presidente da Xunta de Galicia

I.- ACTIVO

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 151.223,39 €

2. Valor total doutros bens: 426.157,85 €

3. Total: 577.381,24 €

II.- PASIVO (créditos, préstamos, débedas etc.): 76.727 €

TITULAR DO CARGO: Alfonso Rueda Valenzuela

CARGO PÚBLICO ORIXE DA DECLARACIÓN: vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

I.- ACTIVO

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 46.883,58 €

2. Valor total doutros bens: 82.874 €

3. Total: 129.757,58 €

II.- PASIVO (créditos, préstamos, débedas etc.): 70.000 €

TITULAR DO CARGO: Elena Muñoz Fonteriz

CARGO PÚBLICO ORIXE DA DECLARACIÓN: conselleira de Facenda

I.- ACTIVO

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 35.658,06 €

2. Valor total doutros bens: 35.337 €

3. Total: 70.995,06 €

II.- PASIVO (créditos, préstamos, débedas etc.): 84.055 €

TITULAR DO CARGO: Agustín Hernández Fernández de Rojas

CARGO PÚBLICO ORIXE DA DECLARACIÓN: conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

I.- ACTIVO

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 159.184 €

2. Valor total doutros bens: 40.203,67 €

3. Total: 199.387,67 €

II.- PASIVO (créditos, préstamos, débedas etc.): 141.881,23 €

TITULAR DO CARGO: Francisco José Conde López

CARGO PÚBLICO ORIXE DA DECLARACIÓN: conselleiro de Economía e Industria

I.- ACTIVO

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 72.746,41 €

2. Valor total doutros bens: 28.066,16 €

3. Total: 100.812,57 €

II.- PASIVO (créditos, préstamos, débedas etc.): 3.250 €

TITULAR DO CARGO: Jesús Vázquez Abad

CARGO PÚBLICO ORIXE DA DECLARACIÓN: conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

I.- ACTIVO

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 226.890,64 €

2. Valor total doutros bens: 33.390,93 €

3. Total: 260.281,57 €

II.- PASIVO (créditos, préstamos, débedas etc.): 250.645 €

TITULAR DO CARGO: Rocío Mosquera Álvarez

CARGO PÚBLICO ORIXE DA DECLARACIÓN: conselleira de Sanidade

I.- ACTIVO

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 107.474,55 €

2. Valor total doutros bens:

3. Total: 107.474,55 €

II.- PASIVO (créditos, préstamos, débedas etc.): 30.349,16 €

TITULAR DO CARGO: Beatriz Mato Otero

CARGO PÚBLICO ORIXE DA DECLARACIÓN: conselleira de Traballo e Benestar

I.- ACTIVO

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 106.500 €

2. Valor total doutros bens: 25.000 €

3. Total: 131.500 €

II.- PASIVO (créditos, préstamos, débedas etc.): 250.000 €

TITULAR DO CARGO: Rosa María Quintana Carballo

CARGO PÚBLICO ORIXE DA DECLARACIÓN: conselleira do Medio Rural e do Mar

I.- ACTIVO

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 37.484,54 €

2. Valor total doutros bens: 32.233 €

3. Total: 69.717,54 €

II.- PASIVO (créditos, préstamos, débedas etc.): 70.966,55 €