Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2013 Páx. 5301

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 19 de febreiro de 2013 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, da praza de xefe/a territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na Coruña, de conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do referido decreto lexislativo,

Esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na consellería.

Segundo. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e seleccionar a persoa que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual da persoa que obtivo a praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente a persoa preste servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, lle fosen concedidos á citada persoa. Nos supostos de baixa por incapacidade temporal ou transitoria, iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. O xefe do centro en que cause baixa o persoal seleccionado, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2013

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Apelidos e nome: Álvarez Vidal, José Antonio.

NRP: 3274651802 A2060.

Grupo: A1.

Denominación do posto de traballo: Xefe/a Territorial.

Código de posto de traballo: MA.C99.10.000.15001.001.

Centro directivo: Xefatura Territorial da Coruña.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Nivel: 28.

Complemento específico: 18.812,64 euros.