Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2013 Páx. 5760

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan de sectorización do ámbito I establecido na modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal do solo rústico apto para urbanizar do contorno do polígono industrial Río do Pozo.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o 31 de xaneiro de 2013, acordou aprobar definitivamente o Plan de sectorización do ámbito I establecido na modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal do solo rústico apto para urbanizar do contorno do polígono industrial Río do Pozo, redactado polo arquitecto Alfredo Garrote Pazos e outros, e promovido polo Concello de Narón.

De conformidade co establecido no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (en diante LOUGA), o acordo de aprobación definitiva foille comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (CMATI) xunto con dúas copias debidamente dilixenciadas do documento aprobado definitivamente, con entrada no Rexistro da CMATI o 4 de febreiro de 2013.

Tal e como determina o artigo 77.3 da LOUGA, co acto de aprobación definitiva levántase a suspensión de outorgamento de licenzas naquelas zonas do territorio obxecto do planeamento coas novas determinacións que supoñan modificación do réxime urbanístico vixente.

A publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia servirá para a notificación a posibles interesados descoñecidos ou de ignorado domicilio, para os efectos previstos no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra este acordo non cabe recurso en vía administrativa. Non obstante, contra el poderase interpor recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa última publicación, no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de cualquera outro recurso ou acción consonte dereito.

Narón, 5 de febreiro de 2013

José M. Blanco Suárez
Alcalde