Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2013 Páx. 5779

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2012 e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2013

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de setembro,
outubro, novembro e decembro do ano 2012

Convenio

Data
de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Federación Galega de Comercio para a realización de diversas actuacións de información e dinamización do comercio no ámbito da Comunidade Autonóma de Galicia

7.9.2012

499.500,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Ribeira para a realización dun novo mercado municipal

17.10.2012

300.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello da Estrada para a remodelación do mercado municipal

14.9.2012

150.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria, a Fundación Novacaixagalicia-Claudio Sanmartín e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de accións de estudo e investigación que sustenten a elaboración do Plan director da industria de Galicia

3.9.2012

159.989,12

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e as empresas Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., E.On Distribución, S.L., a Asociación de Productores y Distribuidores de Energía de Galicia (APYDE), Distribuidora Eléctrica de Catoira, S.A., Eléctrica de Valdriz, S.L., Electro Manzaneda, S.L.U., Eléctrica de Alberguería, S.A. e Electra Alto Miño, S.A. para a mellora da calidade da subministración eléctrica de Galicia-2012, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder 2007-2013

31.10.2012

5.115.102,01

Addenda II ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) para o desenvolvemento dun plan piloto de electromobilidade consistente na construción de 7 estacións multifuncionais de electromobilidade na Comunidade Autónoma de Galicia

18.9.2012

00,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade El Faro de Vigo, S.A., editora do xornal El Faro de Vigo, para a difusión neste medio de contidos de interese para a sociedade galega sobre actuacións relacionadas co ámbito competencial da consellería

3.10.2012

150.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade La Región, S.A., editora do xornal La Región, para a difusión neste medio de contidos de interese para a sociedade galega sobre actuacións relacionadas co ámbito competencial da consellería

28.12.2012

150.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a empresa Gas Galicia SDG, S.A. para o desenvolvemento en 2012 de redes de distribución de gas natural en núcleos de poboación, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder 2007-2013

14.12.2012

100.000,00

Addenda ao covenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e o Concello de Verín para a adecuación de liñas eléctricas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013

21.12.2012

100.151,57

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e o Concello de Cangas para a adecuación de liñas eléctricas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013

21.12.2012

110.633,62

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Clúster do Granito en materia de prevención de riscos laborais

14.12.2012

263.913,60

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Clúster da Pizarra en materia de prevención de riscos laborais

14.12.2012

360.000,00

Protocolo xeral entre o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e o Concello de Cambados (Pontevedra) para a remodelación e modernización da praza de abastos e a lonxa vella

5.11.2012

00,00

Acordo de colaboración entre o Concello de Cambados, a Deputación Provincial de Pontevedra, a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, o ente público Portos de Galicia da Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia e a Asociación de Praceiros do Mercado Municipal de Cambados para a ordenación da interface porto-Cidade do Porto de Cambados e da trama urbana do concello de Cambados, co obxecto de facilitar a interacción porto-cidade e facilitar a realización do proxecto de reordenación da zona portuaria de lonxa e mercados do porto de Cambados-Tragove

1.6.2012

00,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e Alcoa Inespal, S.A. para melloras ambientais e de eficiencia enerxética, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa opertivo Feder Galicia 2007-2013

25.4.2012

265.000,00