Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2013 Páx. 6877

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2013 pola que se convocan as Xornadas sobre crise e reestruturación financeira.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o ano 2013 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse as Xornadas sobre crise e reestruturación financeira conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

A crise foise despregando en diferentes direccións: financeira, económica e social, e as súas consecuencias, non uniformes nos diferentes países, marcan unha inflexión na recente historia da globalización. Cada vez resulta máis evidente a necesidade dunha arquitectura financeira máis eficiente, nunha perspectiva regulatoria diferente. Por iso considérase oportuno suscitar un debate de ideas sobre o núcleo da crise, co obxecto de mellorar a comprensión non só dos problemas financeiros, senón tamén dos institucionais.

2. Contidos.

Serán tratados, entre outros, os seguintes temas:

– A globalización financeira.

– As crises financeiras: prevención e desafíos futuros.

– Protección de investidores a través das accións colectivas.

– Instrumentos de análises dos riscos sistémicos: a supervisión.

– Os principios de Basilea no medio prazo.

– Mecanismos creados pola UE.

– O contexto adecuado: as políticas monetarias e orzamentarias.

3. Destinatarios.

Persoal ao servizo da Administración pública galega, en especial aquelas persoas relacionadas cos sectores financeiro e económico, empresarios e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

Datas e horario:

14 e 15 de marzo de 2013.

14 de marzo das 16.00 ás 20.00 horas.

15 de marzo das 10.00 ás 14.30 horas.

Duración: 7 horas lectivas.

5. Número de prazas.

Limitado pola capacidade do local.

6. Solicitudes.

As solicitudes irán dirixidas á directora da Escola Galega de Administración Pública (polígono das Fontiñas, rúa Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela), segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e serán presentadas no Rexistro Xeneral da EGAP, ou ben de calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Serán admitidas inscricións por medio de fax enviado ao número 981 54 63 30 ou por correo electrónico dirixido ao enderezo novas.egap@xunta.es

As persoas solicitantes poderán obter a confirmación da súa admisión se chaman por teléfono, das 8.30 ás 14.30 horas, aos seguintes números: 981 54 62 41-881 99 70 14.

7. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o martes 12 de marzo de 2013.

8. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento destas xornadas, así como a facultade de cancelalas se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

9. Certificado de asistencia.

Entregarase un certificado de asistencia, ao final das xornadas, a aquelas persoas inscritas que participasen asiduamente, e sempre que a súa asistencia sexa igual ou superior ao 90 % das horas lectivas programadas. Neste documento aparecerán de forma expresa o contido, a data e o lugar de realización destas xornadas.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2013

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

FOLLA DE INSCRICIÓN

1. SOLICITANTE

Apelidos Nome DNI

2. DATOS PROFESIONAIS

Posto de traballo/profesión Corpo, subgrupo ou escala (1) Nivel (2)

Entidade na que presta servizos: (3)

Enderezo do posto de traballo: Rúa Núm. Localidade Provincia CP Tfno.

Correo electrónico:

3. ACTIVIDADE SOLICITADA

Solicita asistir ás Xornadas sobre crise e reestruturación financeira que se desenvolverán na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) os días 14 (pola tarde) e 15 (pola mañá) de marzo de 2013.

Sinatura

.................................................., ......... de....................................... de 2013

Os datos de carácter persoal contidos no impreso poderán ser incluídos nun ficheiro para o seu tratamento por este órgano administrativo, como titular responsable del, no uso das funcións propias que ten atribuídas e no ámbito das súas competencias. Así mesmo, infórmase da posibilidade de exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, todo isto de conformidade co disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal (BOE do 14.12.1999)

(1, 2 e 3): cubrir só no caso de ser funcionario ou funcionaria.

Directora da EGAP. Polígono das Fontiñas, rúa Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)