Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2013 Páx. 7186

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2013 pola que se publican as subvencións concedidas en virtude da Orde do 25 de xuño de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas ao cofinanciamento da prestación de programas de desenvolvemento xitano polas corporacións locais, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo 2007/2013.

De conformidade co disposto no artigo 18.1º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financiero e orzamentario de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 25 de xuño de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de subvencións destinadas ao cofinanciamento da prestación de programas de desenvolvemento xitano polas corporacións locais, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo 2007/2013.

Finalidade da axuda: a presente orde regula a convocatoria de subvencións ás corporacións locais para o cofinanciamento de programas desenvolvidos polos servizos sociais de titularidade municipal dirixidos á inclusión sociolaboral do pobo xitano residente en Galicia.

Norma reguladora: Orde do 25 de xuño de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de subvencións destinadas ao cofinanciamento da prestación de programas de desenvolvemento xitano polas corporacións locais, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo 2007/2013 (Diario Oficial de Galicia, nº 126, do 3 de xullo).

Crédito orzamentario: 518.218,93 euros, na aplicación orzamentaria 12.08.313C.460.1

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2013

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

Anexo

Solicitante/Corporacións locais

Importe concedido

Bergondo

8.442,16

Quiroga

25.179,43

Arteixo

21.922,87

Ribeira

24.757,96

Verín

17.284,63

Lugo

48.660,00

Culleredo

23.023,74

O Porriño

28.795,53

Xinzo de Limia

46.250,00

Narón

22.992,01

Teo

0,00

Ourense

49.988,50

Maside

23.939,20

Esgos

8.126,71

Monforte de Lemos

3.150,00

Santiago de Compostela

26.521,25

Marín

988,17

Ribadavia

2.740,85

A Coruña-Varios ast.

50.000,00

A Coruña-Ponte P.

30.000,00

Pontevedra

9.750,00

Maceda

11.488,80

Viveiro

29.591,12

O Carballiño

3.877,50

Redondela

748,5