Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2013 Páx. 8246

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da prestación do servizo de consultoría, asistencia e asesoramento técnico-xurídico en materia de xestión de recursos humanos e contratación administrativa.

Por Decreto de Alcaldía do 4 de marzo de 2013 aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 04/13).

2. Obxecto do contrato: servizo de consultoría, asistencia e asesoramento técnico-xurídico en materia de xestión de recursos humanos e contratación administrativa.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 14.520 € (12.000 euros + 2.520 euros en concepto de IVE), cun prazo de execución dun ano (prorrogable anualmente, ata un máximo de 4 anos).

5. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte a última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 4 de marzo de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde