Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 19 de marzo de 2013 Páx. 8294

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 7 de marzo de 2013 pola que se aceptan as renuncias presentadas por dous aspirantes incluídos na relación de persoas que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, e se designan dous novos aspirantes no seu lugar.

En virtude da Resolución do 28 de novembro de 2012 (DOG número 232, do 5 de decembro), publicouse a relación de aprobados que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (DOG número 142, do 26 de xullo).

Unha vez presentadas as renuncias por dous aspirantes incluídos na dita resolución, e de acordo co previsto na base II.2 da orde de convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar as renuncias presentadas polos aspirantes Paula Pais Iglesias, con DNI 33294678Q, e Rodrigo de Luis Francisco, con DNI 34985518B, ao proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (DOG número 142, do 26 de xullo).

Segundo. Declarar que superaron o dito proceso selectivo os aspirantes que a continuación se relacionan de acordo coa relación complementaria elaborada para tal efecto polo tribunal cualificador do proceso ao abeiro do previsto na base II.3 da orde referida.

Apelidos e nome

DNI

1º ex.

2º ex.

3º ex.

4º ex.

Total

Duro Regos, María José

44832757F

12,40

12,50

10,00

Exenta

34,90

Neira Rial, Elías

44831789M

14,80

10,00

10,00

Exento

34,80

Terceiro. Abrir o prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde, para que os ditos aspirantes presenten a documentación exixida nas letras A), B) e C) da base IV.2 da mesma orde.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as/os interesadas/os poderán presentar recurso potestativo de reposición, ante a Consellería de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda