Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2013 Páx. 8456

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 1 de marzo de 2013 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servizos periféricos desta consellería.

Convocada pola Orde do 13 de decembro de 2012 (DOG nº 248, do 31 de decembro), a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Sanidade que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver definitivamente a convocatoria pública efectuada por Orde desta consellería do 13 de decembro de 2012 e designar a funcionaria, cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ao persoal que se relaciona no anexo a esta orde.

Terceiro. O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2013

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Apelidos e nome: Botana Rey, Natalia.

NRP: CSA991000536001001.

Grupo: A1.

Nivel CD: 28.

Posto de traballo: xefatura do Servizo de Control de Riscos Ambientais.

Dependencia: xefatura territorial.

Localidade: Pontevedra.