Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2013 Páx. 8587

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia, a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo, comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que vai ter lugar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitado pola entidade Academia A Mariña, de acordo ás seguintes bases:

Primeira. Denominación do curso

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado.

Segunda. Entidade organizadora

Academia A Mariña.

Terceira. Data

Do 1 ao 30 de abril de 2013, a excepción dos sábados e domingos, e o 2 e 3 de maio de 2013.

Cuarta. Lugar de realización

Biblioteca Municipal de Abadín

Avda. de Galicia, nº 28

Abadín (Lugo)

Quinta. Número de prazas

Máximo 30 alumnos.

Sexta. Dirixido a

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas, non clasificados como moi tóxicos.

Sétima. Criterios de selección

Por rigorosa orde de recepción da solicitude de inscrición.

Oitava. Presentación de solicitudes

Solicitude segundo modelo anexo I.

Novena. Programa

Día 1.4.2013

20.00-22.30 horas

Presentación do curso: obxectivos e programa formativo. Praguicidas. Clasificación.

Día 2.4.2013

20.00-22.30 horas

Praguicidas. Clasificación II

Día 3.4.2013

20.00-22.30 horas

Xeneralidades e modo de acción.

Día 4.4.2013

20.00-22.30 horas

Lexislación.

Día 5.4.2013

20.00-22.30 horas

Toxicidade.

Día 8.4.2013

20.00-22.30 horas

Transporte, almacenamento, distribución e venda.

Día 9.4.2013

20.00-22.30 horas

Lexislación aplicada ao transporte, almacenamento, distribución e venda.

Día 10.4.2013

20.00-22.30 horas

Formulacións. Preparación.

Día 11.4.2013

20.00-22.30 horas

Formulacións. Preparación II.

Día 12.4.2013

20.00-22.30 horas

Equipamentos de aplicación.

Día 15.4.2013

20.00-22.30 horas

Pragas de roedores. Estudo dos roedores.

Día 16.4.2013

20.00-22.30 horas

Raticidas para ratas e ratos. Desratización activa e pasiva.

Día 17.4.2013

20.00-22.30 horas

Pragas de insectos e ácaros. O seu estudo.

Día 18.4.2013

20.00-22.30 horas

Insecticidas e acaricidas. Métodos de loita antivectorial en ambientes urbanos.

Día 19.4.2013

20.00-22.30 horas

Desinfección. Produtos usados. Técnicas.

Día 22.4.2013

20.00-22.30 horas

Desinfección. Produtos usados. Técnicas II.

Día 23.4.2013

20.00-22.30 horas

Praguicidas e ambiente. Precaucións.

Día 24.4.2013

20.00-22.30 horas

Praguicidas e ambiente. Precaucións II.

Día 25.4.2013

20.00-22.30 horas

Eliminación de restos de envases. Lexislación.

Día 26.4.2013

20.00-22.30 horas

Precaucións e normas de seguridade. Equipamentos de protección persoal.

Día 29.4.2013

20.00-22.30 horas

Equipamentos de protección persoal II. Saúde Laboral.

Día 30.4.2013

20.00-22.30 horas

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas. Antídotos.

Día 2.5.2013

20.00-22.30 horas

Repaso xeral, exercicios prácticos e posta en común/debate sobre un tema do programa formativo.

Día 3.5.2013

20.00-22.30 horas

Resolución, dúbidas e exame.

Décima. Certificado de superación do curso

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polo alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO I

Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado

Entidade organizadora: Academia A Mariña.

Datas: do 1 ao 30 de abril de 2013, a excepción dos sábados e domingos, e o 2 e 3 de maio de 2013.

Lugar de realización do curso:

Biblioteca Municipal de Abadín

Avenida de Galicia, nº 28

Abadín (Lugo)

Duración: 60 horas teórico/prácticas e 1 hora de exame.

Horario: das 20.00 ás 22.30 horas.

Nº de prazas: máximo 30 alumnos.

Presentación de solicitudes: enviarase a ficha de inscrición a Academia A Mariña, avenida Arcadio Pardiñas, 44, entresollado, 27880 Burela (Lugo) á atención de Ramón Hermida Pumares.

Teléfono: 982 58 50 98, fax: 982 57 51 01, correo electrónico: formacion@amarina.org, acompañada de:

– Fotocopia do DNI, copia da folla de inscrición e xustificante de ingreso de 420 €/alumno na conta Academia A Mariña de Novacaixagalicia co número 2080 0109 17 3040018023.

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude xunto co xustificante de pagamento.

NOME E APELIDOS:............................................................................................................................

DAT DE NACEMENTO:........................................................................................................................

NIF/DNI: ...............................................................................................................................................

ENDEREZO:.........................................................................................................................................

CP:........................................................LOCALIDADE:........................................................................

TELÉFONO:................................................................ CORREO ELECTRÓNICO:............................