Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2013 Páx. 9098

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2012.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral de Medios e tramitados pola Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais no terceiro cuadrimestre do ano 2012, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2013

María del Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios

ANEXO

Convenio

Importe

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios e a Editorial Compostela, S.A. para a difusión informativa das potencialidades de Santiago de Compostela no xornal El Correo Gallego

95.000 €

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios e La Voz de Galicia, S.A. para a difusión informativa das potencialidades de Santiago de Compostela

110.000 €