Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx. 11009

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sober

ANUNCIO de convocatoria de concurso-oposición de persoal laboral fixo.

Por Resolución da Alcaldía do 11 de febreiro de 2013 foron aprobadas as bases e a convocatoria para cubrir dúas prazas de operario de servizos múltiples, en réxime de persoal laboral fixo, mediante sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 51, do 2 de marzo de 2013 con corrección de erros no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 63, do 16 de marzo de 2013 e na páxina web do Concello de Sober www.concellodesober.com, publicáronse integramente as bases que rexen a convocatoria para prover:

– 2 prazas de operario de servizos múltiples do cadro de persoal laboral fixo, que se cubrirán polo sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo, e no taboleiro de edictos do concello.

Sober, 18 de marzo de 2013

Luis Fernández Guitián
Alcalde