Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2013 Páx. 11095

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 10 de abril de 2013 pola que se determinan os servizos mínimos que se deben manter durante a folga convocada polo comité de empresa da Consellería de Traballo e Benestar da provincia da Coruña, en relación cos centros de traballo da Coruña, para os días 14, 21 e 28 de abril de 2013 desde as 00.00 ás 24.00 horas.

O artigo 28.2º da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20 de xuño), e entre eles encóntrase a asistencia social.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros ou conselleiras competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, determinen o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para determinar o persoal necesario para a súa prestación.

A folga convocada para os días 14, 21 e 28 de abril de 2013 polo comité de empresa da Consellería de Traballo e Benestar na provincia da Coruña afectará a todos/as os/as traballadores/as dos centros da Consellería de Traballo e Benestar da provincia que presten servizos todos os días do ano.

O servizo público da asistencia social non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación a este.

A necesaria conciliación entre o exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servizos esenciais obriga, de acordo coa normativa vixente, a fixar uns servizos indispensables para o funcionamento dos servizos esenciais que se concretan e xustifican nesta orde, logo da audiencia ao comité de folga.

Na súa virtude, no uso das facultades que teño atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo 1

A convocatoria de folga realizada polo comité de empresa da Consellería de Traballo e Benestar da provincia da Coruña desde as 00.00 ás 24.00 horas, os días 14, 21 e 28 de abril de 2013, que afectará a todas as actividades desempeñadas por todos/as os/as traballadores/as dos centros de traballo de asistencia social da Consellería na Coruña, de xestión propia, que presten servizos todos os días do ano, deberá entenderse condicionada ao mantemento dos servizos mínimos, segundo os criterios que se establecen nesta orde.

A folga abrangue as 24 horas nos días de apertura dos centros, polo que se tiveron en conta para a determinación dos servizos esenciais a adecuada cobertura dos servizos de asistencia social, a seguridade en relación coa salubridade e hixiene do centro, o risco para os usuarios e traballadores derivado da actividade que se presta nel, a imposibilidade de demorar a prestación asistencial e o grao de ocupación polos usuarios.

De acordo coa motivación anterior, os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a adecuada cobertura do servizo esencial da asistencia social nos citados centros, para evitar que se produzan graves prexuízos aos usuarios.

Tales mínimos responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible ao exercicio do dereito á folga coa atención aos usuarios que, baixo ningún concepto, poden quedar desasistidos polas características do servizo dispensado.

Na determinación do persoal necesario para o mantemento dos servizos esenciais nos centros de traballo terase en conta a necesidade da presenza efectiva que garanta o funcionamento dos centros, tendo como referencia o número de efectivos presentes nos domingos do primeiro trimestre do ano 2013. Estes servizos mínimos fixados no ámbito dos servizos sociais esenciais son os imprescindibles para garantir unha atención adecuada ás persoas residentes ou usuarias destes centros, máxime cando é necesario dar unha resposta inmediata ás diferentes situacións de emerxencia social.

Artigo 2

A determinación dos/as profesionais necesarios deberá estar motivada e xustificada nos correspondentes expedientes e exteriorizarase para xeral coñecemento dos/as destinatarios/as. Os/as profesionais necesarios para a cobertura dos servizos mínimos deberán ser obxecto de publicación nos taboleiros de anuncios do centro, con antelación suficiente ao comezo da folga.

Artigo 3

A designación nominal, que deberá recaer nos/as profesionais de xeito rotatorio, será determinada pola Consellería de Traballo e Benestar, en canto responsable da xestión dos centros, e notificada aos afectados/as de xeito persoal.

Artigo 4

Os paros e as alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos determinados no artigo 1, así como os expostos no taboleiro de anuncios do centro, serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE nº 58, do 9 de marzo).

Artigo 5

O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 6

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as disposicións legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios dos establecementos de asistencia social, e os altercados ou incidentes que se produzan serán sancionados con base nas normas vixentes.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2013

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO
Servizos mínimos

1) Terán a consideración de servizos mínimos os que se relacionan a seguir nos centros de titularidade pública con xestión propia da provincia da Coruña.

– Complexo Xuventil As Mariñas:

1 oficial 1ª ou 2ª de cociña en quenda de mañá.

1 camareiro/a-limpador/a en quenda de mañá.

1 ordenanza en quenda de mañá.

1 ordenanza en quenda de tarde.

– Centro de Menores San Xosé de Calasanz:

3 educadores/as en quenda de mañá.

3 educadores/as en quenda de tarde.

1 educador/a en quenda de noite.

1 camareiro/a-limpador/a en quenda de mañá.

1 camareiro/a-limpador/a en quenda de tarde.

1 vixilante nocturno en quenda de noite.

– Complexo de Atención de Menores de Ferrol:

4 educadores/as en quenda de mañá.

5 educadores/as en quenda de tarde.

1 educador/a en quenda de noite.

1 oficial 1ª de cociña en quenda de mañá.

1 oficial 1ª cociña en quenda de tarde.

1 axudante/a de cociña en quenda de mañá.

1 camareiro/a-limpador/a en quenda de mañá.

1 camareiro/a-limpador/a en quenda de tarde.

– Centro de Atención a Persoas con Discapacidade:

1 ordenanza en quenda de mañá.

1 ordenanza en quenda de tarde.

1 ordenanza en quenda de noite.

1 ATS/DUE en quenda de mañá.

1 ATS/DUE en quenda de tarde.

1 ATS/DUE en quenda de noite.

5 edudadores/as en quenda de mañá.

5 educadores/a en quenda de tarde.

11 auxiliares coidadores/as en quenda de mañá.

11 auxiliares coidadores/a en quenda de tarde.

4 auxiliares coidadores/as en quenda de noite.

2 auxiliares coidadores fin de semana en quenda de mañá.

2 auxiliares coidadores fin de semana en quenda de tarde.

8 camareiros/as-limpadores/as en quenda de mañá.

5 camareiros/as-limpadores/a en quenda de tarde.

1 oficial de cociña en quenda de mañá.

1 oficial de cociña en quenda de tarde.

1 axudante de cociña en quenda de mañá.

– Residencia de Maiores Torrente Ballester (A Coruña):

1 ATS/DUE en quenda de mañá.

1 ATS/DUE en quenda de tarde.

1 ATS/DUE en quenda de noite.

4 auxiliares de enfermaría en quenda de mañá.

2 auxiliares de enfermaría en quenda de tarde.

1 auxiliar de enfermaría en quenda de noite.

1 oficial 2ª cociña en quenda de mañá.

1 oficial 2ª cociña en quenda de tarde.

1 axudante de cociña en quenda de mañá.

7 camareiros/as-limpadores/a en quenda de mañá.

3 camareiros/as-limpadores/a en quenda de tarde.

1 ordenanza en quenda de mañá.

1 ordenanza en quenda de tarde.

1 ordenanza en quenda de noite.

– Residencia de Maiores (Carballo):

1 auxiliar de enfermaría en quenda de mañá.

1 auxiliar de enfermaría en quenda de tarde.

1 auxiliar de enfermaría en quenda de noite.

1 camareiro/a-limpador/a en quenda de mañá.

1 camareiro/a-limpador/a en quenda de tarde.

1 axudante ou oficial de cociña en quenda partida.

– Residencia de Maiores (Ferrol):

2 ATS/DUE en quenda de mañá.

1 ATS/DUE en quenda de tarde.

1 ATS/DUE en quenda de noite.

6 auxiliares de enfermaría en quenda de mañá.

4 auxiliares de enfermaría en quenda de tarde.

2 auxiliares de enfermaría en quenda de noite.

1 oficial 2ª cociña en quenda de mañá.

1 axudante de cociña en quenda de mañá.

1 axudante de cociña en quenda de tarde.

11 camareiro/as-limpadores/as en quenda de mañá.

4 camareiros/a-limpadores/as en quenda de tarde.

1 ordenanza en quenda de mañá.

1 ordenanza en quenda de tarde.

1 ordenanza en quenda de noite.

– Residencia Asistida de Maiores (Oleiros):

1 médico/a.

1 coordinador de ATS/DUE funcións en quenda partida.

6 ATS/DUE en quenda de mañá.

2 ATS/DUE en quenda de tarde.

2 ATS/DUE en quenda de noite.

34 auxiliares de enfermaría en quenda de mañá.

17 auxiliares de enfermaría en quenda de tarde.

8 auxiliares de enfermaría en quenda de noite.

15 camareiros/as-limpadores/as en quenda de mañá.

4 camareiros/as-limpadores/as en quenda de tarde.

2 oficiais 2ª cociña en quenda de mañá.

1 oficial 2ª cociña en quenda de tarde.

1 axudante de cociña en quenda de mañá.

1 ordenanza en quenda de mañá.

1 ordenanza en quenda de tarde.

1 ordenanza en quenda de noite.

– Residencia de Maiores (A Pobra do Caramiñal):

1 oficial ou axudante de cociña en quenda de mañá.

1 oficial ou axudante en quenda de tarde.

2 camareiros/as-limpadores/as en quenda de mañá.

1 camareiro/a-limpador/a en quenda de tarde.

1 auxiliar de enfermaría en quenda de mañá.

1 auxiliar de enfermaría en quenda de tarde.

1 auxiliar de enfermaría en quenda de noite.

– Residencia de Maiores (Santiago de Compostela):

1 ATS/DUE en quenda de mañá.

1 ATS/DUE en quenda de tarde.

2 auxiliares de enfermaría en quenda de mañá.

1 auxiliar de enfermaría en quenda de tarde.

1 auxiliar de enfermaría en quenda de noite.

5 camareiros/as-limpadores/as en quenda de mañá.

4 camareiros/as-limpadores/as en quenda de tarde.

1 xefe de cociña en quenda de mañá.

1 oficial 1ª ou 2ª cociña en quenda de tarde.

1 ordenanza en quenda de mañá.

1 ordenanza en quenda de tarde.

– Residencia Asistida de Maiores Volta do Castro (Santiago de Compostela):

2 ATS/DUE en quenda de mañá.

2 ATS/DUE en quenda de tarde.

1 ATS/DUE en quenda de noite.

18 auxiliares de enfermaría en quenda de mañá.

11 auxiliares de enfermaría en quenda de tarde.

4 auxiliares den enfermaría en quenda de noite.

8 camareiros/a-limpadores/as en quenda de mañá.

3 camareiros/a-limpadores/a en quenda de tarde.

1 oficial de cociña en quenda de mañá.

1 oficial de cociña en quenda de tarde.

1 axudante/a de cociña en quenda de mañá.

1 ordenanza en quenda de mañá.

1 ordenanza en quenda de tarde.

2) Outros centros.

En relación cos demais centros dependentes da consellería de xestión propia con apertura nos días da folga quedarán garantidos os servizos mediante a designación dun/dunha traballador/a na súa quenda habitual.