Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2013 Páx. 11671

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2013, da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, pola que se corrixen erros no prego de cláusulas administrativas particulares do expediente CGSIB/001/13/SE, da licitación anunciada pola Resolución do 3 de abril de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 9 de abril).

Advertido un erro no prego de cláusulas administrativas particulares do expediente CGSIB/001/13/SE a que fai referencia o texto da resolución citada, na páxina 10609 do DOG núm. 68, do 9 de abril de 2013, na súa alínea «f) Data límite de obtención de documentos e información», os licitadores poden consultar a documentación corrixida no enderezo da internet do perfil do contratante do Consorcio, no enlace
http://www.igualdadebenestar.org/contratacions/?lg=gal, e na plataforma de contratación pública de Galicia.

Esta corrección de erros amplía o prazo de presentación de ofertas que rematará o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e, de coincidir este en día inhabil, pasará ao día habil seguinte.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2013

P.D. (Comité directivo 9.12.2008)
Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar